Deportes

Ilusionante victoria do C.D Arenteiro por 2-0 ante A Peroxa

Data: 
30/8/2010
Ambiente en Espiñedo
O incerto novo proxecto do C.D Arenteiro comezaba a tempada con tres puntos e o segundo posto momentáneo na clasificación, pouco máis se lle pode pedir á primeira xornada do campionato. En canto ó encontro, pouco que resaltar dun partido cativeiro xogado baixo un sol de xustiza. A victoria carballiñesa consolidábase na segunda parte cando Iago conquería o primeiro gol no minuto 67. O definitivo 2-0 sería obra do capitán Marcos Castro no minuto 81, un sobervio gol que finiquitaba un partido no que os de Mindo mandaron de principio a fin e non tiveron excesivos atrancos para doblegar a un debutante A Peroxa certamente limitado. Non moito máis sobrado está tampouco o C.D Arenteiro que terá que mellorar moito para evitar complicacións de cara a salvar a categoría, en todo caso seguimos agardando que poida chegar algunha fichaxe máis nos vindeiros días para seguir sumando.

Paco González y Pepe Domingo Castaño fichan por la COPE

Data: 
14/7/2010

La Cadena COPE incorpora a su programación para la próxima temporada a estos dos importantes periodistas deportivos. Paco González, una vez terminado el Mundial de Fútbol y finalizado su compromiso con Telecinco, ha decidido aceptar la oferta realizada por la Cadena COPE para formar parte de la parrilla de su programación.

Dúas novas para o C.D Arenteiro

Data: 
9/7/2010

(Redacción. Lolo Carril) Primeiro o Comité de Competición, logo Apelación e agora o Comité Galego de Xustiza Deportiva da propia Xunta de Galicia veñen de darlle a razón ó C.D Arenteiro e a súa vez quitarlla ó Arousa ante as sucesivas reclamacións destes por suposta alineación indebida no partido xogado e gañado 3-2 polos carballiñeses o día 7 de abril.

O novo C.D Arenteiro de Mindo colle forma

Data: 
9/7/2010

(Redacción. Lolo Carril) Tanto o adestrador (Mindo) como os directivos encargados da ardua labor de confeccionar un plantel competitivo en tempos de crise seguen a traballar sen desmaio na elaboración do plantel do vindeiro curso. Unha tempada (2010-2011) que adiviñamos complicada para iste novo Arenteiro, que deixa as grandes ensoñacións a un lado para apostar por un proxecto austero, sostible e realista, cos tempos de invernía economómica que vivimos.

A asamblea de socios ratifica a continuidade da directiva do C.D. Arenteiro

Data: 
4/6/2010
As dúbidas quedaron finalmente disipadas e a asamblea de socios do club confirmou a continuidade da actúal Xunta Directiva que preside Antonio Valiñas, xa que por ampla maioria rexeitou a posibilidade promovida por un grupo de socios liderado pola Ex-Presidenta Katy Alvarez, que viñan demandando  nas últimas semanas a convocatoria de eleccións anticipadas, ó enteder que a xestión levada a cabo pola Directiva de Valiñas levou ó Club a un calexón de dificil saída.

Espiñedo despide unha convulsa tempada con outra derrota (0-4) ante o Marín

Data: 
23/5/2010
O mellor que podía suceder, que rematase a liga, ésta é a mellor noticia para o Arenteiro. Unha tempada que volveu estar marcada polos acontecementos extra-deportivos, tralo enfrontamento que mantiveron a plantilla do  primerio equipo e a Xunta Directiva, e que tiña o seu desenlace có despido masivo da totalidade dos xogadores. Tan só Marcos Castro continuou defendendo a camiseta do Arenteiro. Unha insólita situación que levou ó equipo filial a xogar o resto da liga en preferente.

O Arenteiro respira tranquilo tras desestimar o Comité de Apelación a reclamación do Arousa

Data: 
18/5/2010
O Arenteiro conserva tres puntos de ouro meritoriamente gañados no terreo de xogo e que, debido o carrusel de descensos motivos polos arrastres de 3ª división, resultan suficientes para estar fora de todo perigo. Os 49 puntos actúais sitúan o Arenteiro fora de toda continxencia, independientemente do resultado que acade este vindeiro domingo no derradeiro partido do campionato ligueiro en Espiñedo ante o Marín C.F., ún dos equipos inmersos na loita por manter a categoria.

"Al César lo que es del César"

Data: 
17/5/2010
(Remitido) Carballiño fs "objetivo conseguido " segundo clasificado y a esperar el play off .....pero bueno como siempre lo importante es el Arenteiro asi que, semana soporifera sobre ese tema otra vez. Colmenero campeón de España con la selección gallega ......pero lo importante es quien va a hundir al arenteiro para el año si la directiva saliente si sale o la entrante si entra. Los benjamines de futbol sala (E.M.F) subcampeones gallegos pero hablareis de la derrota del arenteiro durante toda la semana.

O Irixo recibe a centos de visitantes con motivo da celebración do campionato galego de Enduro

Data: 
7/5/2010
Organizadores do Enduro
Por vez primeira neste tipo de competicións, O Concello do Irixo acollerá este domingo dia 9 da maio a celebración da 3ª proba puntuable para o campionato galego de Enduro, que atraerá a centos de afecionados procedentes de toda a xeografía galega. O Tenente-Alcalde Manuel "Lito" Cerdeira salientou "a importancia de que este acontecento se celebre no Irixo, xa que desta maneira serán centos de persoas as que coñezan o noso Concello e pasen entre nós a fin de semana". Son en total 90 os pilotos que tomarán parte nesta competición, como avanzou José Canda, en representación da organización, que conta coa colaboración do "Club Sobre Rodas", o "Moto Club Móvete na Moto", e o propio Concello do Irixo.

Os favores arbitrais facilitan a victoria do líder Choco en Espiñedo (0-5)

Data: 
25/4/2010

Dous favores arbitrais e consecutivos abriron o camiño do triunfo para o líder da categoria no partido xogado esta tarde no campo de Espiñedo. Xa se consumía o primeiro cuarto da segunda parte e o Choco, atá ese momento, fora incapaz de superar ó Arenteiro, que se defendía con órden e criterio ante as acometidas en ataque do equipo redondelán. O primeiro gol dos visitantes chegaba tralo lanzamento dun córner e precidido de falta na área pequena ó porteiro local Pachi, que o árbitro non quixo ver.

Distribuir contido