Deportes

Os favores arbitrais facilitan a victoria do líder Choco en Espiñedo (0-5)

Data: 
25/4/2010

Dous favores arbitrais e consecutivos abriron o camiño do triunfo para o líder da categoria no partido xogado esta tarde no campo de Espiñedo. Xa se consumía o primeiro cuarto da segunda parte e o Choco, atá ese momento, fora incapaz de superar ó Arenteiro, que se defendía con órden e criterio ante as acometidas en ataque do equipo redondelán. O primeiro gol dos visitantes chegaba tralo lanzamento dun córner e precidido de falta na área pequena ó porteiro local Pachi, que o árbitro non quixo ver.

"De la provincia, la región e outros conceptos peleles"

Data: 
19/4/2010

(Lolo Carril. Xefe de deportes de Cope O Carballiño) Pensan que son o ombligo de todo, e son o que son. Os capitalinos provincianos son aquéles que miran o resto por enriba do ombreiro, aínda que detrás desa actitude de soberbia e prepotencia, de suposta e falsa superioridade, o que en realidade se esconde é a súa frustración e complexo de inferioridade.

O Porriño abusa sin piedade dos rapaces do Arenteiro (0-8)

Data: 
11/4/2010
Nin estaba no guión gañar o Arousa, como aconteceu o pasado mércores, e tampouco caer goleado por oito goles de diferencia ante o Porriño Industrial. É que por moita e lóxica diferencia que haxa entre ún dos equipos punteiros da preferente e outro que atá fai dúas semanas xogaba en 2ª autonómica, a fin de contas encaixar oito goles son moitos goles. Todo comezou a torcerse nos primeiros lances do partido cando o Arenteiro perdia a Alex, unha das referencias desde "baby Arenteiro", que tiña que abandoar o terreo de xogo lesionado.

Noite histórica en Espiñedo: 1º partido con luz artificial e victoria do "baby " Arenteiro ante o Arousa (3-2)

Data: 
7/4/2010
Ambiente en Espiñedo
Nin os máis optimistas entre os numerosos afeccionados que acudiron esta noite a Espiñedo esperaban que este novo  Arenteiro, integrado na súa totalidade por xogadores procedentes do equipo filial e que atá fai dúas semanas xogaban na 2ª categoria autonómica podían gañarlle a ún dos galos e aspirantes ó ascenso na preferente, o Arousa de Vilagarcia. Pero no fútbol todo é posible se hai gañas e ilusión e asi quedou demostrado neste partido valedeiro para a competición ligueira, que fora aprazado no seu dia polo mal estado no que se atopaba o municipal de Espiñedo. O Arousa chegou ó Carballiño pensando que ía gañar o partido sen baixar do autobús e confundiuse de pleno, resultou ser ún equipo mediocre no que se supón que xogaban futbolistas porque vestían con camiseta arlequinada, e pouco maís. Enfronte, unhos rapaces con raza e incluso non exentos de clase deronlle toda unha lección de pundonor e defensa dunhas cores. A eles, ós do Arousa, e a outros.

O novo Arenteiro planta cara en Caselas e cae por un solitario gol

Data: 
5/4/2010
O baby clube deportivo arenteiro vendeu cara a sua derrota pola mínima ante O Caselas, un solitario gol de novo do ex-arenteiro Fran servía para darlle oxíxeno a un Caselas que utilizou un xogo demasiado duro, e incluso por momentos, bruscos; así tamén o entendeu o colexiado do partido expulsando a  dous locatarios.

El equipo de canicros de O Carballiño vuelve subirse al podium

Data: 
30/3/2010
El domingo, 28 en el circuito de las Pedrajas ( Soria),  se celebró la novena y última prueba del circuito  de la LIGA NACIONAL DE CANICROSS, en ella tomaron la salida setenta equipos, procedentes de toda la geografia nacional. El recorrido era  de dos vueltas al campo de golf de las Pedrajas, por una pista de zahorra totalmente llana, excepto unos seiscientos metros con una pequeña subida, completando así los  8,2 Km. de que constaba la  prueba. El equipo de CARBALLIÑO , una vez más esta temporada, se subió  al 

A Directiva do C.D.Arenteiro despide á totalidade da plantilla, tras pedir os xogadores a dimisión dos directivos

Data: 
28/3/2010

A tensión na relacións que desde fai varias semanas atrás mantiñan directiva e xogadores do Arenteiro, debido ó atraso nos pagos mensuais por parte do club, tivo o que pode ser o seu episodio definitivo ó rematar o encontro xogado esta tarde en Espiñedo ante o Xuventude de Cambados.

O Arenteiro perde a oportunidade de engancharse ó ascenso ó perder de penalti en Portonovo (1-0)

Data: 
21/3/2010
Dúas penas máximas decidiron o signo do partido, unha en cada área. A primeira cando se xogaba o minuto 35 da primeira parte, man dun defensor do Arenteiro que aprobeitaba o Portonovo para adiantarse no marcador, tras transformar o penalti, raso e pola parte dereita da portería de Iván, que a punto estivo de tocar balón. A segunda vez que o árbitro sinalaba os once metros era a favor do Arenteiro, por un claro derrubo a Nicol, pero Martín fallou, ou mellor dito, se se quere, o porteiro portonovense acertou a desviar o tiro de Martiín, moi axustado ó pau dereito pero tamèn moi flouxo.

Manita do Arenteiro ó Sp. Celanova en Espiñedo

Data: 
14/3/2010
Nin Arenteiro nin Celanova foron capaces de alterar o marcador nos primeiros 45 minutos de partido, aínda que as mellores oportunidades foron para os celanovenses. Neste periodo, a única xogada na que o Arenteiro levou perigo foi por medio de Martín, ó que o meta visitante derrubou fora da área grande e impedíu que prosperase a xogada. O dianteiro carballiñés era o último xogador e ademáis cortabase unha manifesta ocasión de gol, polo que o gardameta celanovense tiña que haber sido expulsado.

El Equipo de Canicross de O Carballiño, 3º en Errentería

Data: 
13/3/2010
El domigo dia 7 se disputó la octava  prueba de la LIGA NACIONAL DE CANICROSS,  en el circuito situado en el monte AÑARBE ,perteneciente al paque natural AIAKO HARRIA, muy próximo a Errenteria (San Sebastián)  A las once y media de la mañana , se daba la  salida a los noventa equipos participantes en esta edicción, para recorrer la distancia de  casi 8 km. muy exigentes  por las cuestas que había, pero accesible.
Distribuir contido