Deportes

Un Arenteiro con espírito práctico amarra os tres puntos na súa visita ó Covadonga (0-2)

Data: 
17/1/2010
Sen excesos, ó práctico e tamén con algo de fortuna, asi se presentou o Arenteiro este sábado en Eiroás, onde calquera resultado que non fose a victoria sería un paso atrás para as aspiracións do equipo carballiñés. Eso sí, para asegurar os tres puntos houbo que esperar ós últimos suspiros do partido para que chegase o 0-2 da tranquilidade definitiva tras unha indecisión por parte da defensa do Covadonga . Antes, no ecuador da segunda parte Martín fixera xa o primeiro gol ó aproveitar un balón que non pudo atallar o meta local.

O Arenteiro despide a primeira volta con victoria en Marín e achegandose ós postos de ascenso

Data: 
11/1/2010
Non saen as contas, cós números da primeira volta non chegan. O Arenteiro cumplíu na súa ultima visita e derradeira xornada da primeira volta do campionato, gañando en Marín 2-3, pero despide a primeira parte do torneo ligueiro con 34 puntos. Outros tantos na segunda volta serían 68, insuficientes. Agora mesmo, o Arenteiro está a 4 puntos do líder Choco e a dous de Estradense e O Porriño, os tres equipos que temos por diante. E só os dous primeiros ascenden á terceira división. Asi que con estos números na segunda volta, as matemáticas non fallan, estariámos fora dos postos de ascenso.

2-0 ante o Gran Peña: tres meses despois o Arenteiro volve gañar en Espiñedo

Data: 
3/1/2010
Por fín unha alegría en Espiñedo, que rexistrou unha boa entrada. Tiveron que pasar tres meses, desde setembro do ano pasado, para que a parroquia carballiñesa volvese ver gañar o Arenteiro, e aconteceu neste primeiro partido do 2010 ante o Gran Peña, ó que os carballiñeses derrotaron con dous goles e nun partido con bó xogo a ráfagas e no que os vigueses tamén tiveron as súas oportunidades. Sen embargo, desta vez quen mellor definíu foi o Arenteiro.

Arenteiro e Carballiño F.S. reciben serios correctivos nos seus desplazamentos

Data: 
21/12/2009
Carballiño F.S.

Fin de semana para esquecer para os equipos máis representativos do deporte carballiñés, ambos resultaron goleados nos seus respectivos desplazamentos. O Arenteiro colleitou unha incontestable derrota por catro goles a cero na súa visita á parroquia canguesa de Aldán, onde se atopou cun Rápido Bahía moi superior desde o principio ó remate do partido, os cangueses non deron opción a un Arenteiro outra vez incapaz de crear nin xiquera unha ocasión de gol. O recén ascendido Rápido Bahía, dando unha lección de fútbol moderno, borrou do campo ós carballiñeses, que volveron estar apáticos e sen ideas do qué facer no campo. Un caos na defensa e unha parsimonia total no resto do equipo explican unha derrota que só as boas intervencións do porteiro Iván González evitaron que o resutado fora aínda máis escandaloso. O Arenteiro, que xogou a última media hora con dez pola expulsión por doble amarela de Oliveira, volveu amosar a súa pior cara desta tempada, desta vez esqueceuse incluso que non xogaba en Espiñedo.

Un descoñecido Arenteiro acaba a domicilio coa imbatibilidade do líder Porriño Industrial (1-2)

Data: 
16/12/2009
Un Arenteiro encoraxinado e cunha aptitude moi distinta a amosada o pasado domingo en Espiñedo, con capacidade e boa disposición, sorprendeu no campo do Lourambal atá o esta noite invicto lider da categoria, o Porriño Industrial, que sufríu asi a primeira derrota da temporada. O partido correspondia o campionato de liga na preferente, e fora aprazado no seu dia debido o elevado número de  baixas por lesión e enfermidade no equipo carballiñés.

Un penoso Arenteiro non pasa do empate (0-0) ante o colista Nogueira de Ramuín

Data: 
13/12/2009
En 94 minutos de partido o Arenteiro foi incapaz de tirar nin tan xiquera  unha vez con perigo entre os tres paos da portería rival, e eso que enfronte tiña ó colista da categoria, o Nogueira de Ramuín, que polo visto no municipal de Espiñedo é un equipo máis propio da primeira rexional que da preferente. Pois este endeble rival foi capaz de tutear ó Arenteiro e, se temos en conta as ocasións que creou nos primeiros vinte minutos de partido, tampouco sería unha inxustiza que se houbese levado os tres puntos, e se non aconteceu asi foi pola candidez dos seus dianteiros e tamén, nun par de ocasións, polas excelentes intervencións do meta local Iván, acaso o único que pode salvarse do grotesto espectáculo que ofreceu este Arenteiro. Sen entrar a valorar que no equipo faltaban por lesión varios titulares, o certo é que sobre o terreo de xogo, os que sairon estiveron completamente perdidos e sen saber qué facer co balón, sen dar sensación de equipo en ningún momento. Na defensa, un coladeiro que non soubo aproveitar o Nogueira; un obtuso centro do campo e adiante un ataque romo ou practicamente inexistente, salvo dúas xogadas personais e ailladas, unha de Oliveira e outra de Martín, na que estivo a punto de soar a flauta. Foi todo o que ofreceu este paupérrimo Arenteiro que nos últimos seis partidos como local suma dous puntos, con catro derrotas e dous empates. E aínda así os máis fieis seguen achegandose a Espiñedo, eso si, unha afección tan decepccionada e fria como a tarde deste domingo 13 de decembro, festividade de Santa Lucía, a protectora da vista, á que deberiámos encomendarnos porque a este Arenteiro parece ser que a vista élle a dun "tuerto" .

Empate sen goles do Arenteiro na súa visita a Redondela

Data: 
5/12/2009
Xusto reparto de puntos no campo redondelán de Santa Mariña, nunha tarde de sábado típicamente invernal, con chuvia durante todo o partido e un terreo de xogo en moi deficientes condicións para a práctica do fútbol. Con este panorama, non quedaba outra táctica que xogar ó pelotazo e eso foi o que fixeron unhos e outros que, asi e todo, puderon marcar algún gol. Para o Arenteiro, a mellor oportunidade foi para Martín, sen embargo xa nos últimos suspiros do encontro o meta Iván, nunha extraordinaria intervención, impedíu que Kennedy sentenciase o partido a favor do Choco.

O Arenteiro cae ante o Estradense (1-3) e descolgase dos postos de ascenso

Data: 
29/11/2009
Espiñedo viviu unha nova tarde de derrota para o Arenteiro, esta vez foi o Estradense quen se levou os tres puntos, a cuarta vez no que vai de liga, 14 xornadas, antes xa o fixeron Barbadás, Portonovo e Caselas. Se ás catro derrotas sumamos o empate ante ó Cruceiro de Hio, estamos segurante ante o pior Arenteiro como local das últimas temporadas. O equipo segue sendo incapaz de dar unha alegría á sufrida parroquia carballiñesa, e eso que desta vez o Arenteiro púxose por diante no marcador grazas a un gol de Diego Soto e atá conseguíu irse ó descanso por diante no marcador.

O Arenteiro suspende o seu partido en Porriño, ante a avalancha de baixas

Data: 
21/11/2009
A imposiblidade de reunir once xogadores, ante a avalancha de baixas na plantilla, unhos por lesión e outros por enfermidade, levou o C.D. Arenteiro a solicitar a suspensión do partido de liga que este domingo dia 22 tiña que desputar ante o líder Porriño Industrial, no campo do Lourambal de Porriño. Atá catorce baixas no parte médico das últimas horas obrigou o equipo carballiñés a solicitar ante o Porriño e a Federación Galega de Fútbol a suspensión deste encontro correspondente á 13ª xornada do campionato ligueiro, que queda pendiente de nova data para a súa desputa.

O Arenteiro cambeou Espiñedo pola Uceira, para perder ante o Caselas (0-2)

Data: 
15/11/2009
Campo da Uceira
O Arenteiro xogou por vez primeira na súa historia un partido campo de futbol da Uceira, onde se enfrontou en partido de liga ó Caselas, e perdeu por 0-2. O mal estado no que se atopaba o terreo de xogo do campo de Espiñedo, onde tería que xogarse o encontro, levou a directiva do club a adoptar esta decisión na mesma mañá do domingo, e despois de comprobar a gran cantidade de auga que se acumulaba no terreo de xogo de Espiñedo, que parecía maís unha piscina que un campo de fútbol. Por este motivo, o encontro trasladouse o novo campo de herba artificial da Uceira, onde malia as fortes e continuas chuvias caídas no Carballiño durante toda a fin de semana, pudo celebrarse o partido con absoluta normalidade. O bó estado no que se atopaba o moderno terreo de xogo da Uceira sorprendeu e mesmo recolleu os eloxios dos aproximadamente 150 afeccionados que desafiando a desapacible tarde achegaronse a presenciar o encontro. A magoa, o resultado, novamente adverso para un Arenteiro empeñado en perder na casa o que gaña fora.
Distribuir contido