Avión

O Centro Integral "Alvetus" incorpora entre os seus servizos unha residencia de maiores

en
Data: 
13/8/2010

A Secretaria Xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, xunto co Delegado Territorial, Rogelio Martínez González e o Xefe Territorial da Consellería de Traballo, José Sela Souto visitaron Avión con motivo da nova Residencia de Maiores "Alvetus" onde o alcalde do concello, Antonio Montero e a Directora do Centro, Eva Campo os esperaban á súa chegada para recorrer ás novas instalacións do centro.

O concello de Avión introduce novos servizos de fisioterapia

en
Data: 
3/8/2010

(Redacción. Rocío Campos) O Centro de Servizos Sociais "Alvetus" en O Sifón ven de ampliar e mellorar o servizo de Fisioterapia. Esta nova prestación estará a disposición de tódolos veciños de Avión de calquera franxa de idade por un prezo moi asequible. Desta maneira, non terán a necesidade de desprazarse para acudir a outros centros especializados, xa que dende agora o Centro de Servizos Sociais "Alvetus" conta cun equipamento fisioterapeuta cun nivel altamente cualificado con camillas articuladas, camilla especial para embarazadas, lámpadas de infrarroxos, máquinas de electroterapia, máquina de parafina, máquinas de axentes quentes e máquinas de axentes fríos.

Avión celebra a súa VI Festa Mexicana en "A Mañá de Cope"

en
Data: 
23/7/2010
O Alcade de Avión, no programa, con Rocio Campos

"A Mañá de Cope" desprazouse ata o concello de Avión para disfrutar en vivo da celebración da súa VI Festa Mexicana na cal tivemos ocasión de falar co seu alcalde, Antonio Montero e Isabel Gabián, organizadora do festexo para coñecer da súa man a historia deste pobo. Isabel Gabián achegouse ós micrófonos do programa para explicarnos en que consiste a citada celebración. A Festa Mexicana iniciouse no ano 1995 como homenaxe a todos os emigrantes no pais azteca e debido o seu gran éxito xa vai pola súa VI edición. O programa para este ano comezará as 20:30 horas con actividades para os máis cativos como xogos de piñatas, hinchables e touros mecánicos. A partir das 21.00 horas, tódolos asistentes poderán degustar da "tardeada mexicana" acompañado das típicas bebidas mexicanas, da cal Isabel nos aconsellaba os "tacos ó pastor" feitos á forma tradicional no trompo. Os restaurantes encargados de colaborar son O Rincón Azteca de O Carballiño, Chilam-Balam de Vigo e O Mesón Mejicano de Tourón.  Para rematar a xornada festiva, a verbena estará amenizada polos grupos de mariachis Garibaldi e Zones Mexico.

Paco González y Pepe Domingo Castaño fichan por la COPE

Data: 
14/7/2010

La Cadena COPE incorpora a su programación para la próxima temporada a estos dos importantes periodistas deportivos. Paco González, una vez terminado el Mundial de Fútbol y finalizado su compromiso con Telecinco, ha decidido aceptar la oferta realizada por la Cadena COPE para formar parte de la parrilla de su programación.

La Cadena Cope ficha a Ernesto Sáenz de Buruaga para dirigir "La Mañana" a partir de septiembre

Data: 
29/5/2010
Ernesto Sáez  De Buruaga

La Cadena Cope ha decidido incorporar a su equipo de comunicadores al periodista Ernesto Sáenz de Buruaga, para hacerse cargo, a partir del próximo uno de Septiembre, del programa matinal  “La Mañana de la Cope”.  Ernesto Sáenz de Buruaga es un periodista con una dilatada y destacada carrera profesional.Licenciado en Ciencias de la Información, ha sido Consejero-Delegado de Antena 3 TV, Director General de los Servicios Informativos de Antena 3 TV, Director del Área de Producción de Programas Informativos de TVE, y editor y presentador de los Telediarios de la noche en Televisión Española y en Antena 3.

Avión contará coa primeira piscina pública cuberta e climatizada das comarcas do Ribeiro e O Carballiño

en
Data: 
18/5/2010
Antonio Montero
Un investimento de 230.000 euros financiados a través do Plan E fará posible o proxecto que convertirá a piscina municipal do Concello de Avión na primeira de titularidade pública que contará con instalacións cubertas e climatizadas, no ámbito das comarcas do Carballiño e O Ribeiro. O Concello de Avión ven de adxudicar a obra á empresa "Construcciones Benigno Alvarez", que as acometerá en dúas fases, unha primeira que se realizará de inmediato e unha segunda que se executará a partir de setembro, e deste xeito non ter que cerrar as instalacións durante os meses de verán. A actuación que se levará a cabo consistirá na cubrición exterior das instalacións, que contan xa cun sistema sustentable de climatización por medio de paneis solares. O Alcalde de Avión, Antonio Montero, salientou no programa "A mañá de Cope O Carballiño" que esta obra "permitirá que poidamos contar cunhas piscinas para disfrutar todo o ano, e non só para o ocio senón para finalidades terapéuticas, tal como nos viñan demandando moitos veciños".

O parque intercomarcal de emerxencias estará funcionando a mediados do vindeiro ano, con 18 bombeiros profesionais

O ALCALDE DO CARBALLIÑO, CONTRARIADO POLA APORTACIÓN QUE DEBERÁ FACER O CONCELLO.
Data: 
25/3/2010
Presentación do parque na sede da Mancomunidade

O parque de bombeiros de Carballiño, que prestará servizo ás comarcas do Carballiño e do Ribeiro, será unha realidade e estará funcionando a pleno rendemento o vindeiro ano 2011. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, que presentou o proxecto do parque xunto ao presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, os responsables da Mancomunidade do Ribeiro e os alcaldes da zona. O parque do Carballiño, o cuarto da provincia de Ourense, dará servizo contra incendios e de xestión das emerxencias ao redor de 40.000 persoas dos 15 concellos da zona que, tal e como apuntou o conselleiro, estarán un pouco máis seguros tras a posta en marcha do parque comarcal, no que traballarán 18 bombeiros., e contará cunha dotación de catro vehículos-camións, entre eles,  ún equipado cunha escada de 32 metros para acceder a edificios de 9 e atá 10 pisos.

O proxecto do parque intercomarcal de bombeiros será presentado esta semana

Data: 
21/3/2010
Tras varios anos de retraso, por fin, parece que o futuro parque intercomarcal de bombeiros O Carballiño-O Ribeiro, recibirá esta semana un impulso decisivo na reunión que celebrará o Consorcio creado para a xestión deste proxecto, e que servirá ademaís para a presentación do mesmo en público. Ó acto, que se desenvolverá probablemente -aínda está por confirmar- no Centro Comarcal do Carballiño, asistirán o Conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, e o Presidente da Deputación Provincial José luis Baltar. Tamén se agarda a presencia dos Alcaldes das Comarcas do Carballiño e O Ribeiro, que terán ocasión de coñecer os detalles do proxecto. O futuro parque intercomarcal de bombeiros profesionais ubicaráse en terreos cedidos polo Concello Carballiñés sitos na área industrial, onde se construirá o edificio central, que tamén será presentado neste acto, tras a reforma do proxecto, encargada polo Presidente do Consorcio, o Alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez.

O Concello de Avión mellora o servizo de emerxencias coa adquisición dunha 2ª ambulancia

en
Data: 
17/3/2010
protección civil Avión
Desde o mes de marzo de 2009, o recorte nas prestacións que viña ofrecendo a "Cruz Roja" que se viña encargando dos traslados sanitarios, levou o Concello de Avión a reforzar os medios tanto humanos como materiais na Agrupación de Voluntarios de Proteccción Civil, que desde entón puxo en marcha "Emerxencias Avión", con cobertura as 24 horas os 7 dias da semana. Durante este periodo de tempo, atá final de 2009, polo tanto dez meses, "Emerxencias Avión" realizou un total de 335 servizos, dos que o 60% corresponderon a traslados sanitarios, sendo desta maneira ún dos Concellos de Galicia que máis prestou este servizo, atendendo as emerxencias sanitarias non só do Concello de Avión, senón de outros do contorno, como Beariz, Boborás, Leiro. Melón, O Irixo, Carballeda de Avia,  Beade, e incluso outros da provincia de Pontevedra, como foi o caso de Covelo, A Lama e Fornelos de Montes.

O temporal deixa unha persoa ferida no Carballiño e numerosas incidencias na Comarca

Data: 
25/2/2010
A caída de tellas e anacos dunha cornisa na rúa Juan Pajariño deixaron ferida hoxe a unha persoa, unha rapazaque necesitou asistencia médica.  No centro de saúde recibíu seis puntos de sutura na cabeza, non reviste gravidade.O suceso produciuse minutos despois das dúas da tarde. Desde o mediodia foron continúos e intermitentes os cortes no suministro eléctrico en toda a xeografia comarcal, incluida a propia vila do Carballiño, que rexistrou varios microcortes na rede eléctrica desde a unha e media da tarde. O temporal de chuvias e fortes ventos provocaron a caída de árbores sobre os tendidos, coas conseguintes averias na subminstración eléctrica.Tamén foron numerosas as incidencias no tráfico debido a caída de árbores nas vias públicas, sobre todo nas zonas de montaña, nos Concellos de Avión, Boborás, O Irixo e Cea. Protección Civil do Carballiño recibiíu avisos para retirar árbores caídos sobre a rúa San Cibrao e no Varón de Seoane. No Concello de Avión, o vento derrubou unha marquesina, e os Servizos Municipais de Emerxencias foron requeridos en varias ocasións. En Leiro, o rio Avia xa se desbordou nalgunhas zonas, e por ese motivo foi preciso evacuar a animais domésticos na localidade de Viete, para evitar que quedasen anegados pola auga. Según as previsións meteorolóxicas, o pior do temporal aínda está por chegar, a partir do mediodia deste vindeiro sábado 27 -dia de feira no Carballiño-, xa que están previstos refachos moi fortes de vento e chuvias persistentes, de intensidade localmente moderada, según avanza www.meteogalicia.es nas previsións para esta fin de semana.
Distribuir contido