Boboras

O concello de Boborás programa unha excursión a Portugal os días 11 e 12 de setembro

en
Data: 
16/8/2010

O concello de Boborás organiza para os días 11 e 12 de setembro unha excursión a Portugal para visitar lugares tan emblemáticos como o Santuario de Fátima, Coimbra ou Aveiro, entre outras. A saída está programada para o vindeiro día 11 desde o Colexio Público de Boborás. Farase unha parada na cidade de Braga e entorno ó mediodía está prevista a comida na localidade de Fátima, onde se visitará o Santuario de Fátima e máis tarde a localidade veciña de Nazaré. A cea será no hotel Católica. O día 12 pola mañá terá lugar unha visita guiada ós monasterios de Alcobaza e Batalha e rematarase a viaxe cunha visita ás cidades de Coimbra e Aveiro, co fin de chegar o lugar de residencia arredor as 23.00 horas do mesmo día. O custo da viaxe é de 70 euros para as persoas empadroadas no municipio, xa que o concello subvencionará o 50% do custo. Para aquelas persoas que non estean empadroadas e queiran asistir, o custo será de 100 euros. O prezo inclúe a viaxe de ida e volta, aloxamento e almorzo no hotel, xantar e cea do sábado, xantar do domingo, as visitas guiadas e o seguro de viaxe. Aquelas persoas interesadas poden facer a súa inscripción no concello antes do día 3 de setembro.

O concello de Boborás programa unha saída entre o 23 e 29 de agosto ó Campamento Xuvenil Virxe do Loreto en Porto do Son

en
Data: 
9/8/2010

O concello de Boborás pon a disposición dos rapaces un total de quince prazas para disfrutar do Campamento Xuvenil Virxe do Loreto, en Porto do Son entre os vindeiros días 23 e 29 de agosto. A saída terá lugar o día 23 ás 9:30 da maña do CEIP Nosa Señora de Xuvencos, para chegar a dito campamento ás 11 da mañá, sendo a chegada a Boborás o día 29 ás 12:30 da mañá. Os asistentes irán acompañados de dous monitores con titulación en materia de tempo libre que tratarán de fomentar nos rapaces a convivencia, o respeto e outras actitudes imprescindibles para o desarrollo armónico da persoa, a través de diferentes actividades como obradoiros de artesanía, reciclaxe e xogos, entre outras. O concello de Boborás farase cargo do 50% do custo do campamento e cada un dos participantes deberá de abonar a cantidade de vinte euros.

O BNG de Boborás denuncia a falla de talante democrático do alcalde Cipriano Caamaño

en
Data: 
27/7/2010

O Grupo Municipal do BNG de Boborás presentouse nas dependencias municipais co obxecto de estudiar en profundidade os nove expedientes relativos as adxudicacións das obras subvencionadas a través do Plan E. A través dunha resolución dictada polo alcalde Cipriano Caamaño permitirase o acceso a antecedentes, datos e informacións que obren en poder dos servicios da Corporación en relación coas obras do Plan para o Fomento do Empleo e a Sostenibilidade Local 2010, así como a consulta do expediente de contratación das referidas obras que nunca son concedidas ás empresas e empresarios do concello.

Paco González y Pepe Domingo Castaño fichan por la COPE

Data: 
14/7/2010

La Cadena COPE incorpora a su programación para la próxima temporada a estos dos importantes periodistas deportivos. Paco González, una vez terminado el Mundial de Fútbol y finalizado su compromiso con Telecinco, ha decidido aceptar la oferta realizada por la Cadena COPE para formar parte de la parrilla de su programación.

Pazos de Arenteiro unha vez máis no punto de mira

en
Data: 
5/7/2010

Boborás (Redacción.Rocío Campos) Unha vez máis o BNG ten que denunciar o mal estado no que se atopa o camiño que vai dende a chamada "casa do médico" e o "puzo dos fumes", en Pazos de Arenteiro. Pazos de Arenteiro está considerado como Patrimonio Histórico, e como tal debe coidarse todo o seu entorno. O alcade sempre anda a presumir do moito que se fixo pola vila, pero este feito deixa moito que desexar.

O Alcalde de Boborás deixa sen fútbol á Corporación Municipal

en
Data: 
24/6/2010
Cipriano Caamaño
Para que logo se diga que "o país paralízase" e outros tópico ó uso, desde logo que non será o caso do Concello de Boborás. O Alcalde, Cipriano Caamaño, convocou para este venres dia 25 de xuño ás 8,30 da tarde o pleno ordinario da Corporación Municipal de Boborás, á mesma hora na que España xoga ante Chile o transcedental partido de clasificación para a seguinte ronda do  mundial de fútbol, unha coincidencia horaria coa convocatoria da sesión de pleno que causou certa sorpresa. Para Caamaño non hai motivo para que ninguén se sorprenda xa que "os plenos ordinarios están fixados desde o inicio desta lexislatura para celebrarse os derradeiros venres dos meses pares, asi que non hai motivo para cambear a convocatoria, e ademáis estou seguro que non vai faltar ningúen".

La Cadena Cope ficha a Ernesto Sáenz de Buruaga para dirigir "La Mañana" a partir de septiembre

Data: 
29/5/2010
Ernesto Sáez  De Buruaga

La Cadena Cope ha decidido incorporar a su equipo de comunicadores al periodista Ernesto Sáenz de Buruaga, para hacerse cargo, a partir del próximo uno de Septiembre, del programa matinal  “La Mañana de la Cope”.  Ernesto Sáenz de Buruaga es un periodista con una dilatada y destacada carrera profesional.Licenciado en Ciencias de la Información, ha sido Consejero-Delegado de Antena 3 TV, Director General de los Servicios Informativos de Antena 3 TV, Director del Área de Producción de Programas Informativos de TVE, y editor y presentador de los Telediarios de la noche en Televisión Española y en Antena 3.

As fosas sépticas de Boborás carecen de mantemento, según denuncia o BNG

en
Data: 
24/5/2010
A privatización da rede de abastecemento e saneamento do Concello de Boborás, adxudicada fai unhos anos atrás, implicou un empeoramento na conservación das fosas septicas, repartidas por toda a xeografia municipal, asi o puxo de manifesto a Concelleira e Voceira do BNG, Maria Dolores Cachafeiro. Advertidos desta circustancia por varios veciños, os nacionalistas comprobaron "como as fosas presentan en moitos casos un estado lamentable de abandono, e a moitas delas é dificil incluso chegar, debido a maleza existente nos accesos, o que proba que hai tempo que se abandoaron os traballos de limpeza".

Dous feridos nun accidente de tráfico na N-541 ao seu paso por Brués

en
Data: 
21/5/2010
Duás persoas resultaron con feridas, unha delas de gravidade, tras rexistrarse un accidente de tráfico na estrada N-541, á altura da localidade de Brués, no termo municipal do Concello de boborás. O sinistro ocorreu pasadas as sete da mañá cando colisionaron frontalmente dous vehículos, tralo choque unha das víctimas sufriu feridas graves, polo que foi evacuada ó Complexo Hospitalario de Ourense nun helicóptero do 112, mentres que a outra persoa ferida foi trasladada en ambulancia, tras recibir as primeiras asistencias.

2.307 persoas están en paro na comarca do Carballiño, 323 máis que fai un ano

Data: 
11/5/2010

Os datos do paro seguen en cotas históricas na Comarca do Carballiño, en tan só un ano -no periodo que vai de abril de 2009 a abril de 2010- sumaronse 323 novos traballadores en paro no conxunto dos 9 concellos da Comarca, deles 249 son residentes no Concello do Carballiño. O único dato positivo é que no pasado mes de abril o paro descendeu en 35 persoas, en relación o mes anterior, o de marzo. En total, temos 2.307 persoas inscrítas como demandantes de emprego, das que 1.321 pertencen á capitalidade comarcal, ó Concello do Carballiño, 605 homes e 716 mulleres.

Distribuir contido