Cea

O PSOE e o BNG de O Carballiño esixen a paralización inmediata das obras da pranta de compostaxe en Fontaíñas

en
Data: 
30/8/2010

O PSOE da comarca de O Carballiño esixe a paralización da execución da pranta de compostaxe que se está a construír na localidade de Fontaíñas, no concello de Cea, e solidarízanse cos veciños afectados por este proxecto. Os socialistas esixen, ademais, unha resposta por parte do alcalde de Cea, ao recoñecer nunhas declaracións que non tiña ningún coñecemento de que se estivesen realizando obras no lugar onde se ubicará a pranta. Sen embargo, xa hai dous meses que se está a traballar en ditas obras, e según o PSOE comarcal de O Carballiño, o concello de Cea deulle o visto bo a este proxecto o pasado mes de maio a sabendas de que afectaba directamente ós concellos de O Carballiño, Maside e Cea. Resulta sospeitoso, según o PSOE, que o "Proxecto de zona de maduración de compostaxe e nave de almacén", que é así como se denomina a pranta, fose redactado por unha concelleira do PP de Cea, a cal votou a favor da súa instalación en Fontaíñas. Todos estes interrogantes, según o PSOE, deberán ser explicados polo alcalde de Cea e polo Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, o cal foi o principal opositor da construcción dun Parque Empresarial Medioambiental no Riberio, que non contemplaba nin residuos urbanos nin queimas, e agora aproba a tramitación dunha pranta de compostaxe.

Cea ultima os preparativos para o Festival Internacional de Orquestras que se celebrará os días 3,4 e 5 de setembro

en
Data: 
24/8/2010

(Redacción. Rocío Campos) O I Festival Internacional de Orquestras de Galicia (FIOU), organizado polo Xacobeo 2010, levará durante os días 3, 4 e 5 de setembro ó concello de Cea a formacións musicais de distintos puntos do mundo que participarán nun evento novidoso co baile como protagonista. O innovador proxecto pretende convertir a Cea no escaparate das mellores orquestras a nivel mundial. Desta maneira, o evento, acollerá orquestras de distintos tipos e procedencias, ata un total de 11, entre as que se encontran a Orchestre National de Barbès (Francia), a Billo's Caracas Boys (Venezuela), Roy Paci & Aretuska (Italia) e as galegas Sintonía de Vigo e Olympus, entre outras. Paralelamente ó evento musical, a festa complétase con outras actividades como unha exposición sobre a historia das orquestras de baile en Galicia que estará distribuida pola localidade de Cea, un mercado popular e coloquios, así como un aparcamento e zona de acampada libre de case 10.000 m2 e 408 prazas. Os interesados pódense apuntar enviando a folla de inscripción que se atopa na propia páxina web do concello.

Paco González y Pepe Domingo Castaño fichan por la COPE

Data: 
14/7/2010

La Cadena COPE incorpora a su programación para la próxima temporada a estos dos importantes periodistas deportivos. Paco González, una vez terminado el Mundial de Fútbol y finalizado su compromiso con Telecinco, ha decidido aceptar la oferta realizada por la Cadena COPE para formar parte de la parrilla de su programación.

A vila de Cea contará cun novo regulamento de tráfico nas súas rúas

en
Data: 
13/7/2010
José Luis Valladares

O concello de Cea comezou a instalación de sinais viales na Praza Maior e nos seus accesos, xa que según confirmaba o seu alcalde, José Luis Valladares, nas Mañás de Cope "non había ningún tipo de regulación". O seu obxectivo é regular e facer máis cómodo o tránsito tanto de vehículos como de viandantes para evitar os sustos que moitas veces levan os conductores. No entorno da Praza Maior ademais, instalarán sinais propias de aparcadoiros para non interrumpir o tráfico debido a que "moitas veces queremos meter os coches nos bares". Antes de poñer en funcionamento o novo regulamento pretenden informar a tódolos cidadáns de cómo se debe circular, de aí que as sinais viales aínda non entrasen en servizo.

"As Trouleiras de Cea" animan " A Mañá de Cope"coa súa música tradicional

en
Data: 
2/7/2010

 

As Trouleiras de Cea

Cea (Redacción. Rocio Campos) Este domingo 4 de Xullo celebrase a XIX edición da Festa do Pan de Cea. Como dicía Carlos Manuel Rodríguez, presidente do consello regulador de indicación xeográfica protexida Pan de Cea, confía no bo tempo debido a que “xa lle levaron os ovos a Santa Clara”.

O falar do Pan de Cea, non podemos pensar que os panadeiros so se atopan nesta vila, senón que a indicación xeográfica protexida abarca todo o concello de Cea. Para elebarar estas riquísimas pezas contan cuns fornos tradicionais de construcción do S.XIII, aínda que nos últimos anos tiveron que engadirse unhas reformas hixíenico-sanitarias para que o producto entrara dentro dunha normativa que esixa a CEE. Para a construcción destes fornos utilizan un granito especial da zona “granito ala de mosca”. A pesar dos malos tempos que corren a producción cara o exterior do pan de Cea aumentou entre un 20 e un 30 %

"A mañá de Cope" comeza a xira de verán, emitindo este venres o programa desde Cea

en
Data: 
1/7/2010
Atá o vindeiro mes de setembro "A Mañá de Cope O Carballiño" vaise de xira, coa emisión itinerante do programa, todos os venres de cada semana. Para este dia 2 de xullo a visita que inicia este ciclo veraniego é a vila de Cea, dous dias antes de celebrarse a Festa de Exaltación do Pan de Cea, que ademáis ccoincidindo con esta 19ª edición, ven de acadar a declaración de "Festa de Interese Turiístico". Rocio Campos e Xan Pinal presentarán durante dúas horas, de 12,30 a 14,30, un programa que contará coa actuación musical das "Trouleiras de Cea" un grupo de pandereiteiras entre os 11 e os 12 anos, que ofrecerán a toda a audiencia unha mostra do seu repertorio de música tradicional.

La Cadena Cope ficha a Ernesto Sáenz de Buruaga para dirigir "La Mañana" a partir de septiembre

Data: 
29/5/2010
Ernesto Sáez  De Buruaga

La Cadena Cope ha decidido incorporar a su equipo de comunicadores al periodista Ernesto Sáenz de Buruaga, para hacerse cargo, a partir del próximo uno de Septiembre, del programa matinal  “La Mañana de la Cope”.  Ernesto Sáenz de Buruaga es un periodista con una dilatada y destacada carrera profesional.Licenciado en Ciencias de la Información, ha sido Consejero-Delegado de Antena 3 TV, Director General de los Servicios Informativos de Antena 3 TV, Director del Área de Producción de Programas Informativos de TVE, y editor y presentador de los Telediarios de la noche en Televisión Española y en Antena 3.

2.307 persoas están en paro na comarca do Carballiño, 323 máis que fai un ano

Data: 
11/5/2010

Os datos do paro seguen en cotas históricas na Comarca do Carballiño, en tan só un ano -no periodo que vai de abril de 2009 a abril de 2010- sumaronse 323 novos traballadores en paro no conxunto dos 9 concellos da Comarca, deles 249 son residentes no Concello do Carballiño. O único dato positivo é que no pasado mes de abril o paro descendeu en 35 persoas, en relación o mes anterior, o de marzo. En total, temos 2.307 persoas inscrítas como demandantes de emprego, das que 1.321 pertencen á capitalidade comarcal, ó Concello do Carballiño, 605 homes e 716 mulleres.

O parque intercomarcal de emerxencias estará funcionando a mediados do vindeiro ano, con 18 bombeiros profesionais

O ALCALDE DO CARBALLIÑO, CONTRARIADO POLA APORTACIÓN QUE DEBERÁ FACER O CONCELLO.
Data: 
25/3/2010
Presentación do parque na sede da Mancomunidade

O parque de bombeiros de Carballiño, que prestará servizo ás comarcas do Carballiño e do Ribeiro, será unha realidade e estará funcionando a pleno rendemento o vindeiro ano 2011. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, que presentou o proxecto do parque xunto ao presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, os responsables da Mancomunidade do Ribeiro e os alcaldes da zona. O parque do Carballiño, o cuarto da provincia de Ourense, dará servizo contra incendios e de xestión das emerxencias ao redor de 40.000 persoas dos 15 concellos da zona que, tal e como apuntou o conselleiro, estarán un pouco máis seguros tras a posta en marcha do parque comarcal, no que traballarán 18 bombeiros., e contará cunha dotación de catro vehículos-camións, entre eles,  ún equipado cunha escada de 32 metros para acceder a edificios de 9 e atá 10 pisos.

O proxecto do parque intercomarcal de bombeiros será presentado esta semana

Data: 
21/3/2010
Tras varios anos de retraso, por fin, parece que o futuro parque intercomarcal de bombeiros O Carballiño-O Ribeiro, recibirá esta semana un impulso decisivo na reunión que celebrará o Consorcio creado para a xestión deste proxecto, e que servirá ademaís para a presentación do mesmo en público. Ó acto, que se desenvolverá probablemente -aínda está por confirmar- no Centro Comarcal do Carballiño, asistirán o Conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, e o Presidente da Deputación Provincial José luis Baltar. Tamén se agarda a presencia dos Alcaldes das Comarcas do Carballiño e O Ribeiro, que terán ocasión de coñecer os detalles do proxecto. O futuro parque intercomarcal de bombeiros profesionais ubicaráse en terreos cedidos polo Concello Carballiñés sitos na área industrial, onde se construirá o edificio central, que tamén será presentado neste acto, tras a reforma do proxecto, encargada polo Presidente do Consorcio, o Alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez.
Distribuir contido