Leiro

"A Mañá de Cope" emite desde Leiro o seu programa de radio con motivo da XXI edición da Festa da Vendima

en
Data: 
27/8/2010
O alcalde de Leiro na súa intervención no programa

(Redacción. Rocío Campos) Situado no corazón do Ribeiro, a tan so 10 km do Carballiño e de Ribadavia atópase o concello de Leiro e ata alí trasladáronse os micrófonos da Cope con motivo da XXI edición da Festa da Vendima que se celebra o vindeiro domingo 29 de agosto. O seu alcalde, Francisco José Fernández, aseguraba que se por algo se coñece Leiro é polo seu viño. Pero no so o viño é importante neste concello, senón que o eslogan fai mención a outras dúas xoias "Leiro terra de pedra, auga  e viño".  Pedra referida á da Perna Corneira e das grandes obras arquitectónicas como o Mosteiro de Clodio e a ponte romana, a auga do río Avia e do balneario de Berán e por suposto, o famoso viño do Ribeiro. Foi en Leiro onde se formou a primeira cooperativa de viño. Pero o alcalde tamén tivo ocasión de falar dos diferentes temas municipais que afectan ó concello. Un deles, o balneario de Berán onde o concello está a traballar na súa posta en funcionamento, neste caso parada por un problema de tipo económico debido á profunda crise, aínda que xa existen tres empresas interesadas na súa posta en funcionamento e no hotel. Pero este non é o único problema, xa que algún membro da entidade local de Berán, así como algún veciño, están a poñer continuas trabas. Outro dos proxectos que se levaron a cabo nos últimos meses foi a remodelación da Praza do Cruceiro, onde "a maioría dos veciños están encantados co resultado final", anunciaba o alcalde. Non tanto o están os membros da oposición, que o xoves presentaban unha moción onde denunciaban graves deficiencias na remodelada praza, onde o piso non é uniforme a pesar dos 300.000 euros investidos. Outro dos temas tratados foi o traslado da biblioteca municipal ó Centro Social, e nas mesmas instalacións da biblioteca, gracias a unha subvención recibida, albergarán as oficinas de atención ó cliente para favorecer o acceso ás persoas maiores.

Paco González y Pepe Domingo Castaño fichan por la COPE

Data: 
14/7/2010

La Cadena COPE incorpora a su programación para la próxima temporada a estos dos importantes periodistas deportivos. Paco González, una vez terminado el Mundial de Fútbol y finalizado su compromiso con Telecinco, ha decidido aceptar la oferta realizada por la Cadena COPE para formar parte de la parrilla de su programación.

Os Socialistas de Leiro consideran que os edís do PP están no Concello exclusivamente por interese propio

en
Data: 
28/6/2010
Pleno da Corporación de Leiro

O portavoz socialista no concello de Leiro, Manuel Rodríguez, manifestou a súa sorpresa tralo rexeitamento por parte do grupo popular dunha emenda socialista na que se instaba a unha redución nas contías por asistencia a plenos e comisións de goberno dos concelleiros en solidariedade coa redución dos soldos dos funcionarios e o personal laboral do concello, aprobada con anterioridade.

Rodríguez sinala que como explicación o alcalde indicou "que é pouco o que cobran los Concejales para o traballo que desempeñan".  O Grupo Municipal Socialista pregúntase “qué traballo desempeñan os concelleiros do Grupo de Goberno, xa que o único que fan é levantar a man nos plenos como un robot que está programado para esa función e para cobrar cada un deles 1800 euros ao ano por plenos e comisións.

Patrimonio informa desfavorablemente o PXOM de Leiro

en
Data: 
8/6/2010
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ven de informar desfavoblamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Leiro, aprobado inicialmente pola Corporación deste Concello, polo que deberá introducir diversas modificacións no documento, fundamentalmente relativas á incorporación  de bens no catálogo de elementos patrimoniais protexidos, que non figuraban no proxecto que o Concello de Leiro remitíu á Dirección Xeral de Urbanismo e Infraestructuras da Xunta de Galicia.

La Cadena Cope ficha a Ernesto Sáenz de Buruaga para dirigir "La Mañana" a partir de septiembre

Data: 
29/5/2010
Ernesto Sáez  De Buruaga

La Cadena Cope ha decidido incorporar a su equipo de comunicadores al periodista Ernesto Sáenz de Buruaga, para hacerse cargo, a partir del próximo uno de Septiembre, del programa matinal  “La Mañana de la Cope”.  Ernesto Sáenz de Buruaga es un periodista con una dilatada y destacada carrera profesional.Licenciado en Ciencias de la Información, ha sido Consejero-Delegado de Antena 3 TV, Director General de los Servicios Informativos de Antena 3 TV, Director del Área de Producción de Programas Informativos de TVE, y editor y presentador de los Telediarios de la noche en Televisión Española y en Antena 3.

Os Socialistas de Leiro votan en contra dos orzamentos municipais por consideralos inxustos e incompretos

en
Data: 
3/5/2010

O portavoz socialista no concello de Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, apuntou que “ O Grupo dos socialistas de Leiro votamos en contra da aprobación dos presupostos para 2010, despois dun tenso debate. Neste senso o socialista engadiu “que o alcalde claramente nervioso propinou unha serie de insultos dirixidos a miña persoa, ademais, mentres facía uso da palabra fun interrompido en numerosas ocasións”

A Garda Civil de Leiro detén a catro mozos, dous deles menores de idade, polo roubo nunha vivenda

en
Data: 
29/4/2010
A Garda Civil de Leiro procedeu a dentención de catro mozos, dous deles menores de idade, e todos veciños de Ourense, como presuntos autores dun delito de roubo con forza, no que ademáis causaron destrozos no interior dunha vivenda en Leiro, onde se apoderaron de moedas e billetes antigos, asi como varias botellas de bebidas alchohólicas, valorando o propietario en mil euros a contía do roubo. Ademáis dos dous menores de idade, a Garda Civil de Leiro tamén prendeu a D.S.R. de 18 anos, e O.R.M. de 20 anos, que hoxe pasarán a disposición xudicial.

A Confederación Hidrográfica abre expediente sancionador ó Concello de Leiro polas obras na praza Rei de Viana

en
Data: 
29/3/2010
O Concello de Leiro deberá facer fronte a un expediente sancionador incoado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, pola obra de acondicionamento da praza Rei de Viana, na vila de Leiro, ó entender que a actuación que se levou acabo invade a zona de protección do regato O Foxón. Trátase da obra de contrucción dun centro social, que o Concello de Leiro financiou a través do Fondo Estatal de Investimento Local correspondente ó ano 2009, un proxecto no que se investiu preto de 200.000 euros.

O parque intercomarcal de emerxencias estará funcionando a mediados do vindeiro ano, con 18 bombeiros profesionais

O ALCALDE DO CARBALLIÑO, CONTRARIADO POLA APORTACIÓN QUE DEBERÁ FACER O CONCELLO.
Data: 
25/3/2010
Presentación do parque na sede da Mancomunidade

O parque de bombeiros de Carballiño, que prestará servizo ás comarcas do Carballiño e do Ribeiro, será unha realidade e estará funcionando a pleno rendemento o vindeiro ano 2011. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, que presentou o proxecto do parque xunto ao presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, os responsables da Mancomunidade do Ribeiro e os alcaldes da zona. O parque do Carballiño, o cuarto da provincia de Ourense, dará servizo contra incendios e de xestión das emerxencias ao redor de 40.000 persoas dos 15 concellos da zona que, tal e como apuntou o conselleiro, estarán un pouco máis seguros tras a posta en marcha do parque comarcal, no que traballarán 18 bombeiros., e contará cunha dotación de catro vehículos-camións, entre eles,  ún equipado cunha escada de 32 metros para acceder a edificios de 9 e atá 10 pisos.

O proxecto do parque intercomarcal de bombeiros será presentado esta semana

Data: 
21/3/2010
Tras varios anos de retraso, por fin, parece que o futuro parque intercomarcal de bombeiros O Carballiño-O Ribeiro, recibirá esta semana un impulso decisivo na reunión que celebrará o Consorcio creado para a xestión deste proxecto, e que servirá ademaís para a presentación do mesmo en público. Ó acto, que se desenvolverá probablemente -aínda está por confirmar- no Centro Comarcal do Carballiño, asistirán o Conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, e o Presidente da Deputación Provincial José luis Baltar. Tamén se agarda a presencia dos Alcaldes das Comarcas do Carballiño e O Ribeiro, que terán ocasión de coñecer os detalles do proxecto. O futuro parque intercomarcal de bombeiros profesionais ubicaráse en terreos cedidos polo Concello Carballiñés sitos na área industrial, onde se construirá o edificio central, que tamén será presentado neste acto, tras a reforma do proxecto, encargada polo Presidente do Consorcio, o Alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez.
Distribuir contido