Maside

Maside prepárase para celebrar as súas festas na honra do San Vitorio

en
Data: 
25/8/2010
Maside celebra as súas festas do San Vitorio cun programa de tres días que se abrirá este venres. Pero desde o día 21 son moitas as actividades culturais que se veñen celebrando nesta vila, como a tradicional Festa do Cabalo. As actividades previstas para o mércores 25 corren a cargo da obra de teatro "A familia do Pindirico" que terá lugar ás 19:30 horas na Praza Julio Rodríguez Soto e a exhibición da película "Ace Age 3" ás 22:00 horas na Praza Maior.

A XXIII edición da Festa do Cabalo de Maside protagoniza "A Mañá de Cope"

en
Data: 
20/8/2010

(Redacción. Rocío Campos) O vindeiro 22 de agosto celébrase en Maside a XXIII edición da Festa do Cabalo. Trátase dun concello que sempre tivo unha gran relación co cabalo, debido primordialmente á súa situación, nun cruce de camiños, por iso tal vez, houbo tantos arrieiros e comerciantes que enriba de mulas ou cabalos percorrían a nosa comunidade levando viño do Ribeiro ás vilas máis alonxadas de Galicia, das que a cambio traían xamóns e diferentes obxectos. Pero non so iso, senón que Maside tamén é terra de tratantes de gando ou feirantes que coa súa gorra, chaqueta negra e tixolas recorrían Galicia nas súas bestas en busca do mellor gando. Os descendentes dos antigos arrieiros gardaron sempre un gran cariño a dito animal e por iso, no ano 1988 decidiron organizar a I Festa do Cabalo de Maside, na paraxe natural do Puzo do Lago. Unha festa que non so desperta interese a nivel rexional ou autonómico, senón tamén nacional e internacional, a Festa do Cabalo de Maside é a festa cabalar continuada máis antiga que se celebra en toda Galicia. Os cabalos convértense durante un día nos auténticos protagonistas das máis diversas probas, as cales a organización intenta variar e innovar ano tras ano.

Rouban un camión cargado de material do interior dunha nave en Maside

en
Data: 
13/8/2010

Un veciño da urbanización de Outeiro Grande, en Maside, que corresponde ás iniciais J.A.I.A. denuncia que autores descoñecidos, tras forzar a porta de entrada ó recinto da empresa, así como tamén a porta da nave,  roubaron do interior un camión cunha grúa da marca Volvo de cor branco e franxas vermellas o pasado xoves de madrugada, entre as 23:00 e as 00:30 horas. O camión que se atopaba cargado con aparatos sanitarios e grifería estaba no interior da nave aberto, pero sen chaves no seu interior. O camión valórano nuns 45.000 euros, o material sustraído nuns 9000 euros, mentres que os danos ocasionados en 1000 euros.

Paco González y Pepe Domingo Castaño fichan por la COPE

Data: 
14/7/2010

La Cadena COPE incorpora a su programación para la próxima temporada a estos dos importantes periodistas deportivos. Paco González, una vez terminado el Mundial de Fútbol y finalizado su compromiso con Telecinco, ha decidido aceptar la oferta realizada por la Cadena COPE para formar parte de la parrilla de su programación.

Maside construirá unha pista de paddel-tenis

en
Data: 
7/7/2010

(Redacción. Rocío Campos) O concello de Maside convoca unha Sesión Extraordinaria que celebrará o Pleno da Corporación o día 8 de xullo ás doce do mediodía no Salón de Actos da Casa Consistorial. A convocatoria farase co obxecto de tratar os seguintes asuntos: a aprobación se procede da acta da sesión extraordinaria e urxente de data 18/6/2010, a aprobación inicial do plan parcial correspondente ó sector S.UR.D-R.6 en A Fontela para unha recalificación urbanística, a aprobación do convenio de cooperación entre a secretaría xeral para o deporte da Xunta de Galicia e o concello de Maside para a construcción dunha pista de paddel-tenis e a modificación da ordenanza reguladora de axuda no fogar do concello de Maside. Neste pleno non se presentou a moción para executar o camiño Constanza-Faquín, na parroquia de Garabás, que quedará pendente para vindeiros días.

O PP local de Maside presenta unha moción para acondicionar o camiño Constanza-Faquín

en
Data: 
5/7/2010

Debido ó estado no que se atopa o camiño Constanza-Faquín e polo que afecta ós veciños, dado que une estas dúas localidades e o núcleo do Bolo coa carretera  local do Bolo a Faquín, Casimiro Campo Fernández, concelleiro do PP no concello de Maside, solicita a presentación dunha m

A Corporación de Maside concede o titulo de fillo adoptivo a Francisco Luis Bernández

en
Data: 
17/6/2010
Francsco Luis Bernández

Poeta e diplomático arxentino, e fillo de emigrantes masidaos, Francisco Luis Bernárdez será nomeado a título postumo "Fillo Adoptivo de Maside". A Corporación Municipal aprobará na sesión extraordinaria convocada para este venres dia 18 ás 12 do mediodia o expediente para o outorgamento desta distinción, recoñecendo asi a universalidade deste pesoeiro e a súa relación en vida coas terras masidás. Francisco Luis Bernárdez (Buenos Aires 1900-1978) conta cunha meritoria traxectoria como poeta, e tamén como diplomático, xa que foi Ministro na República Argentina e mesmo Embaixador en Madrid. Formou parte da Academia Argentina de las Letras, e tamén foi recoñecido pola súa labor periodística, tanto na súa estadía en España como na Argentina

La Cadena Cope ficha a Ernesto Sáenz de Buruaga para dirigir "La Mañana" a partir de septiembre

Data: 
29/5/2010
Ernesto Sáez  De Buruaga

La Cadena Cope ha decidido incorporar a su equipo de comunicadores al periodista Ernesto Sáenz de Buruaga, para hacerse cargo, a partir del próximo uno de Septiembre, del programa matinal  “La Mañana de la Cope”.  Ernesto Sáenz de Buruaga es un periodista con una dilatada y destacada carrera profesional.Licenciado en Ciencias de la Información, ha sido Consejero-Delegado de Antena 3 TV, Director General de los Servicios Informativos de Antena 3 TV, Director del Área de Producción de Programas Informativos de TVE, y editor y presentador de los Telediarios de la noche en Televisión Española y en Antena 3.

2.307 persoas están en paro na comarca do Carballiño, 323 máis que fai un ano

Data: 
11/5/2010

Os datos do paro seguen en cotas históricas na Comarca do Carballiño, en tan só un ano -no periodo que vai de abril de 2009 a abril de 2010- sumaronse 323 novos traballadores en paro no conxunto dos 9 concellos da Comarca, deles 249 son residentes no Concello do Carballiño. O único dato positivo é que no pasado mes de abril o paro descendeu en 35 persoas, en relación o mes anterior, o de marzo. En total, temos 2.307 persoas inscrítas como demandantes de emprego, das que 1.321 pertencen á capitalidade comarcal, ó Concello do Carballiño, 605 homes e 716 mulleres.

O Alcalde de Maside sitúa ó 2009 como o mellor ano da historia para o concello en canto a investimentos

en
Data: 
22/4/2010
Alfredo Cruz, Celso Fernández e Mª José Pérez
O rexidor municipal masidao fixo hoxe balance dos investimentos públicos feitos no pasado ano 2009 no municipio, destacando as obras executadas a través do plan E. Tamén estaba previsto a asistencia do Subdelegado do Goberno, Camilo Ocampo, que non pudo chegar a hora prevista ó mediiodia, por motivos de axenda, xa que a esa hora presidía na casa do concello do Carballiño a reuníon da xunta local de seguridade. Asi que foi o Alcalde de Maside, Celso Fernández, quen compareceu ante os medios para facer un repaso polos proxectos desenvolvidos nos últimos meses e financiados por medio do fondo estatal de investimento local, un total de 8 proxectos, que tiveron un orzamento de 540.000 euros, e deron emprego a 38 traballadores.
Distribuir contido