O Carballiño

Nace a Plataforma veciñal en contra da pranta de compostaxe das Fontaíñas

Data: 
31/8/2010
Recollida de sinaturas contra a planta de compostaxe

A recentemente creada plataforma contra a Planta de Compost esixe a inmediata paralización das obras da pranta de compostaxe que se está a construír no lugar das Fontaíñas, no concello de Cea. Do mesmo xeito, esixen unha explicación por parte do alcalde de Cea e da Consellería de Medio Ambiente sobre as repercusións deste proxecto nos acuíferos, nos terreos colindantes e nas poboacións próximas pertencentes ós concellos de Maside, O Carballiño e Cea. O BNG e o PSOE de O Carballiño presentaban no día de onte unha moción conxunta a prol da paralización de dita pranta e hoxe o alcalde de O Carballiño, Carlos Montes, anunciaba a convocatoria dun pleno extraordinario de urxencia para o mércores día 1 de setembro ás 21:00 horas, así como tamén o fará o concello de Maside no día de mañá. 

Ilusionante victoria do C.D Arenteiro por 2-0 ante A Peroxa

Data: 
30/8/2010
Ambiente en Espiñedo
O incerto novo proxecto do C.D Arenteiro comezaba a tempada con tres puntos e o segundo posto momentáneo na clasificación, pouco máis se lle pode pedir á primeira xornada do campionato. En canto ó encontro, pouco que resaltar dun partido cativeiro xogado baixo un sol de xustiza. A victoria carballiñesa consolidábase na segunda parte cando Iago conquería o primeiro gol no minuto 67. O definitivo 2-0 sería obra do capitán Marcos Castro no minuto 81, un sobervio gol que finiquitaba un partido no que os de Mindo mandaron de principio a fin e non tiveron excesivos atrancos para doblegar a un debutante A Peroxa certamente limitado. Non moito máis sobrado está tampouco o C.D Arenteiro que terá que mellorar moito para evitar complicacións de cara a salvar a categoría, en todo caso seguimos agardando que poida chegar algunha fichaxe máis nos vindeiros días para seguir sumando.

A Asociación de Comerciantes de O Carballiño concede o "Premio Azougue 2010" á empresa "Frigoríficos Florindo e Hijos S.L"

Data: 
23/8/2010
Presentación do Premio Azougue
A quinta festa da Asociación de Comerciantes e Empresarios de O Carballiño, terá como protagonista este ano a empresa "Frigoríficos Florindo e Hijos S.L." que recibirá o "Premio Azougue 2010". O premio recoñece a traxectoria profesional da empresa que foi fundada en Arcos hai preto de 50 anos por Florindo González Otero e que segue en mans dos seus fillos, Floro e Suso. A empresa cumpre cos requisitos axeitados para recibir dito galardón pola súa antigüidade, o alto número de empregos directos que ofrece e o alto grao de internacionalización con presencia en diferentes países como Chile, China, Japón, Malasia e Estados Unidos, e que según anunciaba Adolfo Nogueira, con "perspectiva de seguir crecendo"  O premio entregarase o vindeiro 3 de setembro nunha cea que se celebrará no restaurante O Pote. O prezo da entrada terá un custo de 20 euros e poderase adquirir en diferentes establecementos de O Carballiño, na Confitería Cerviño, en Establecementos Celta, en Hipercalzados e na Sastrería Pájaro. Manolo Blanco facía unha petición a tódolos comerciantes que asistan, "de levar un obsequio á dita cena".

As Festas do Setembro quédanse este ano sen concertos

Data: 
20/8/2010
Presentación das festas

(Redacción. Rocío Campos) A Casa do Concello acolleu o acto de presentación da programación das Festas do San Cibrao que se celebrarán do 14 o 19 de setembro no Carballiño. A gran aposta deste ano serán as orquestras, en lugar dos concertos que ata este ano eran o sinal de identidade dos festexos. Pero a actuación das mellores orquestras de Galicia non será a única novidade para este ano, senón que tamén apostan pola animación diaria con diferentes charangas, bandas de música, gaiteiros e actividades para os máis cativos. Previa á celebración dos festexos, o día 11 e 12 de setembro terá lugar o festival "Likorkafest 2010" coa actuación de diferentes grupos locais noveis de rock e rap na Praza das Monxas.

O CIM de O Carballiño e catro concellos da comarca asinan un convenio de colaboración

Data: 
19/8/2010

 (Redacción. Rocio Campos) A Casa do Concello de O Carballiño acolleu a renovación do convenio en materia de política da muller que leva a cabo o concello de O carballiño, xunto cos de Piñor, Punxín, Maside e Boborás.  Ó acto acudiron os alcaldes de ditos concellos, coa excepción do alcalde de Boborás, o cal non puido asistir, pero que fixo a súa asinación en días anteriores. Tratáse dun servizo, apuntaba o alcalde de O Carballiño Carlos Montes, de obrigado cumprimento porque o demanda a sociedade de hoxe en día. O servizo ten como finalidade a atención ás mulleres en tódolos aspectos e conta nas súas instalacións con persoas especializadas, entre elas unha psicóloga e unha avogada. A día de hoxe, o Centro de Información á Muller suma 136 expedientes abertos, dos cales 70 deles son de violencia de xénero. 

"A Mañá de Cope" trasládase ata o concello de Forcarei con motivo da XXXI edición da Festa do Gaiteiro que se celebra o 21 de agosto

Data: 
19/8/2010
A Mañá de Cope emite desde o Mosteiro de Aciveiro

(Redacción. Rocío Campos) O Mosteiro de Aciveiro, no concello de Forcarei, foi o lugar elexido para acoller o derradeiro acto de presentación da XXXI edición da Festa do Gaiteiro que se celebra o vindeiro 21 de agosto en Soutelo de Montes. Ata alí achegáronse os micrófonos da Cope para recoller a información de primeira man.  No acto de presentación estivo o alcalde do concello, David Raposeiras, acompañado polo concelleiro de Cultura, Francisco Rozados "Rochi" e por Cristina de Andrés, en representación do despacho no que o concello delegou este ano dotar dunha maior proxección a festa co obxectivo de que sea declarada de Interese Turístico Galego. De feito, foi esta iniciativa a que levou ó concello a presentala na Casa da Galicia de Madrid, no Centro Cultural de Ourense, no Hostal Pazo los Escudos de Vigo e no Hostal de Los Reyes Católicos en Santiago. Raposeiras destacou que a celebración de todas as presentacións suscitaron "sensacións e emoción moi profundas" en todos os presentes. O empresario soutelano, José Manuel Otero Alonso, presidente do Grupo Puentes y Calzadas, será o primeiro embaixador da Festa do Gaiteiro, que como anunciaba Raposeiras é un gran defensor alá por onde vai do plato gastronómico por excelencia de Forcarei "a richada". Xosé Luis Barreiro Rivas "Fillo Predilecto de Forcarei" e gran escritor e politólogo exercerá, pola contra, de pregoeiro da festa. Por último o alcalde destacou que o presuposto deste ano está en torno ós 40.000 ou 50.000 euros. Señalou a "austeridade" coa que se programou este ano a festa e o abaratamento mediante o intercambio de agrupacións.

"A Mañá de Cope" emite desde Carballedo un variado programa de radio

Data: 
13/8/2010
Julio Yebra-Pimentel, alcalde de Carballedo

(Redacción. Rocío Campos) O programa que cada venres de verán emite Cope O Carballiño de forma itinerante, estivo esta semana adicado ó concello de Carballedo, na provincia de Lugo. Aínda que pertence a outra provincia é certo que Carballedo está intimamente ligado co concello de O Carballiño, tanto na súa raíz toponímica como na escasa media hora que separa a ambos núcleos de poboación. Os dous concellos fan honor ó seu nome, xa que están bañados de carballos e outra vexetación típica de Galicia. O concello ten a súa capitalidade municipal na localidade de A Barrela, e hoxe mesmo celebra a súa feira mensual. Ó longo de todo o programa tivemos a ocasión de falar con diferentes traballadores do concello, entre eles co seu alcalde Julio Yebra-Pimentel. O alcalde aseguraba que Carballedo é un pobo moi rural que conta con moitos núcleos de poboación e que en parte segue vivo gracias á colaboración de tódolos traballadores do concello. O medio rural galego está sufrindo unha gran recesión debido a que se concentra todo nas grandes cidades. Hoxe en día é moi difícil manter un concello con estas características onde desde o concello non se pode planificar, xa que sempre están pendentes doutras administracións. Dende o programa pide a colaboración cidadán, xa que o que "non se pode pretender é que o concello solucione todo". O polígono industrial que verá a luz unha vez que remate a autovía axudará ó asentamento da poboación que tanto necesita o pobo. Pero esto non parece algo inmediato, xa que as obras da autovía Ourense-Lugo quedaron paralizadas nos últimos días.  Unha grave situación para o concello nesta época estival que demostra unha gran improvisación neste tipo de obras e que desta maneira teñen que buscar outras alternativas para o tramo dende A Grela-A Barrela, xa que afecta ó nexo de comunicación entre as comarcas de O Carballiño e O Ribeiro. Pero a paralización da obra non so afecta á comunicación entre as diferentes vilas, senón tamén perxudica ós ríos, á fauna e á flora.

O PSOE local critica a ausencia de Feijoó e do portavoz do PP na Festa do Pulpo

Data: 
11/8/2010

( Redacción. Rocio Campos) A Agrupación Local do PSOE felicita ó grupo do goberno municipal polo resultado acadado na derradeira edición da Festa do Pulpo e da celebración das Xociviga 2010. Ambos actos de gran repercusión gastronómica e cultural para o concello favoreceron tanto á hostelería como ó sector turístico. Nas derradeiras semanas as prazas hoteleiras do Carballiño e dos arredores quedáronse curtas, rexistrando unha ocupación do 100%. Pero o éxito acadado non sería posible, segundo o PSOE, sen a intensa laboura feita desde as diferentes áreas do concello, como a de Turismo, Cultura ou Comercio, que cunha organización á altura das circunstancias colaboraron na consecución dun record guinness para O Carballiño, o do plato de pulpo máis grande xamais visto. Na celebración de ambos eventos tamén cabe destacar, apunta o PSOE, a implicación dos departamentos de Medio Ambiente e Obras e Servizos Públicos, así como tamén da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e Forzas e Corpos de Seguridade. 

Miles de persoas abarrotan O Carballiño e rinden culto ó pulpo á feira

A ORGANIZACIÓN ELEVA A 90.000 PERSOAS A ASISTENCIA Á CONVOCATORIA FESTIVA
Data: 
8/8/2010
O Abade de Oseira e a representación Alemana

O abade de Oseira, O Cónsul español en Dusseldorf e o Concelleiro de cultura de Oberhausem, foron os protagonistas do acto institucional que acollía a casa do concello do Carballiño, con motivo da celebración da XLVIII Festa do pulpo, e que trouxo atá O Carballiño a otros persoeiros da vida social e política, entre eles ó Ministro de Fomento José Blanco, todos eles asinaron no libro de honra do concello carballiñés. Deulles a benvida o Alcalde do Carballiño, Carlos Montes, e logo tomou a palabra o Abade de Oseira, Juan Javier Martín, que agradeceu a dedicatoria da festa ó Mosteiro de Oseira e manifestou sentirse emocionado nun acto no que "siento en estos momentos que no solo represento a la Oseira de 2010, sino a tantas y tantas y tantas generaciones que durante 8 siglos poblaron Oseira". Manuel Viturro, o Cónsul Español en Dusseldorf, destacou a gran repercusión mediática que despertou o pulpo Paul e o acordo do Concello do Carballiño de nomealo "Amigo Predilécto", e amosouse sorprendido ante "el ambiente festivo que me he encontrado en O Carballiño, la alegria y la implicación de la población, se nota la importancia que tiene esta fiesta". Desde as once da mañá en adiante as caravanas de vehículos convertironse na estampa que podia verse en todas as entradas á vila, aínda que non houbo que rexistrar retenciones no tráfico. A Afluencia de público O Carballiño durante esta xornada festiva volveu a ser importante, acaso non na medida que apuntaban algunhas previsións feitas nos últimos dias debido "o efecto Paul", asi e todo desde a propia organización cifrouse a asistencia arredor das 90.000 persoas, o que constituiría un record na historia da convocatoria festiva.

Previsión de afluencia masiva na XLVIII edición da Festa do Pulpo en O Carballiño este vindeiro domingo

Data: 
6/8/2010

( Redacción. Rocio Campos) O vindeiro domingo 8 de agosto celébrase a XLVIII edición da Festa do Pulpo en O Carballiño adicada este ano o Mosteiro de Oseira.  Ás 12 da mañá terá lugar o acto de recepción institucional na Casa do Concello onde se espera unha representación oficial da comunidade cistercense de Oseira. Unha adicación acertada a deste ano dada a estreita relación en tempos pasados e a importancia dos propios monxes na historia de dita vila e na tradición "pulpeira". Pero este ano o mosteiro tivo que compartir coprotagonismo co afamado pulpo "Paul", recoñecido por acertar os resultados dos partidos no Mundial de Sudáfrica 2010, que foi nomeado "Amigo Predilecto de O Carballiño. Esta consideración sería unha forma de agradecer a repercusión internacional que tivo a vila gracias ó cefalópodo. Repercusión que chegou a Alemania onde a visita do alcalde a Oberhausen foi o inicio dun proceso de colaboración turísta entre os dous municipios, que será  ultimado na visita que a delegación do concello alemán realizará o vindeiro domingo.

Distribuir contido