(Redacción. Belén González) O posto da Garda Civil foi moi demandado ó longo de toda a pasada fin de semana, xa que varias persoas interpuxeron denuncias polos lanzamentos de pedras ós coches realizados de madrugada -a noite do sábado- ó redor da unha da madrugada por persoas das que aínda se descoñece a súa identidade. Este fito tivo lugar na estrada Ourense - Vigo, preto de Razamonde, na N-120 e causou estragos nos vehículos estacionados; ademáis provocou dous feridos.
Según declaracións dun veciño da comarca e familiar dun dos afectados a "A mañá de Cope O Carballiño", unha das mulleres resultou ferida leve, mentres que outra tivo que ser trasladada ó complexo hospitalario de Ourense debido ó impacto dos cristais rotos na cara e fractura da clavícula. Según algunhas testemuñas, trátase dun coche de gran cilindrada que ía cheo de xente e que se atopaba realizando unha competición para ver quén apedreaba máis coches. Ademáis, o automóbil realizou un percorrido por toda a comarca partindo de Ourense e pasando por Untes, Punxín e Maside -N-541-, San Amaro, Portodeguas e Ourense.
Na xornada do luns, 20 de xullo, achegáronse ás dependencias da Garda Civil máis persoas para interpoñer dúas novas denuncias. Os afectados atopábanse circlando pola vía cando recibiron o impacto das pedras. Os turismos afectados corresponden as seguintes identidades: un BMW pertencente a Ramón G.M., veciño de Barbantes, de 46 anos que sufriu danos no teito solar e un Peugeot, propiedade de Fredi P.S de 26 anos, veciña de A Grova (Ribadavia) e que recibiu as pedradas no foco traseiro e aboladuras nas portas. A Garda Civil segue investigando e afirma que os danos foron ocasionados dende o mesmo turismo que circulou polas diferentes localidades da comarca de O Ribeiro e O Carballiño lanzando pedras ós coches aparcados e en circulación.