O Carballiño

Marnotes, elexido por unanimidade novo Presidente do PP carballiñés

Data: 
3/7/2010
Desde logo que  moi poucas veces una votación pode resolverse cunhos resultados como os que Argimiro Marnotes obtivo, 155 votos a favor de 155 emitidos, unanimidade, algo atá agora descoñecido na traxectoria do Partido Popular do Carballiño. Os 155 afiliados do PP carballiñes que se achegaron atá a casa da cultura para participar neste proceso electoral interno representan o 71% do total de afilidados do partido no Carballiño que tiñan dereito a participar na votación, é decir, que  as súas cuotas de afililado  estaban ó dia no momento da convocatoria do congreso.

Fomento licita a redacción dos proxectos para o AVE de Vigo, que afecta ós Concellos do Carballiño e O Irixo

Data: 
29/6/2010

Esta línea parte de la conexión con la Línea de Alta Velocidad Ourense-Santiago en el término municipal de O Carballiño y finaliza en la conexión con el Eje Atlántico de Alta Velocidad al norte de Pontevedra. Los citados proyectos básicos se refieren a los tres subtramos en que se ha dividido la línea: Carballiño-O Irixo, O Irixo-Cerdedo y Cerdedo-Barro.El presupuesto conjunto de estas licitaciones, publicadas hoy en el Boletín Oficial del Estado, asciende a 3.540.000 euros.Las licitaciones se producen tras la reciente aprobación definitiva del estudio informativo y de la declaración de impacto ambiental.

Marnotes, virtual novo Presidente do Partido Popular do Carballiño

Data: 
22/6/2010
Argimiro Marnotes
Unha vez rematado o prazo dado polo comité organizador do congreso local do Partido Popular, tán só o actúal portavoz do grupo municipal no Concello do Carballiño presentou a súa candidatura para optar á presidir o partido, desta maneira, Argimiro Marnotes Fernández convertese en virtual novo presidente do Partido Popular do Carballiño. Para poder ser candidato era necesario contar con 50 avales, Marnotes presentou preto de 300. Agora, o xa candidato e virtual novo presidente tén de prazo unha semana para formar a súa candidatura, na que según avanzou "contaréi con xente da actúal executiva, de executivas anteriores e xente nova que, nalgunhos casos, van integrarse por primeira vez no Partido Popular". O vindeiro dia 2 de xullo celebraráse o congreso local no que Argimiro Marnotes asumirá a presidencia local dos populares, en sustitución de Guillermo Fernández Feijóo, que ven ocupando este cargo desde decembro de 2003.

A Concellería de Igualdade e Benestar organiza unha campaña informativa nas parroquias do Carballiño sobre a Lei da dependencia

Data: 
19/6/2010

A Concellaría de Igualdade e Benestar do Concello do Carballiño, que dirixe a nacionalista Áurea Francisco, en colaboración co Sindicato Labrego Galego promoven unha campaña informativa sobre a Lei de Dependencia e o mundo rural. A campaña consistirá nunha serie de reunións ou charlas con variadas informacións sobre a nova Lei da Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia centradas fundamentalmente nas persoas maiores e os seus familiares, dando conta dos servizos existentes e das posibilidades de accesibilidade a estes, así como, dos trámites e procedementos para a súa solicitude. As charlas perseguen, asemade, sensibilizar sobre o papel social das coidadoras e coidadores das persoas dependentes que, no mundo rural e, en máis do 90% dos casos esta labor é desenvolvida por mulleres. Esta campaña informativa está subvencionada polo Fondo Social Europeo e pola Xunta de Galicia a través da Consellería de traballo e Benestar.

A Festa do Polbo deste ano estará dedicada á Comunidade Cisterciense do Mosteiro de Oseira

Data: 
15/6/2010
Montes e o Concelleiro de festexos
Nin ó País Vasco, como inicialmente se pensou, nin tampouco ó Xacobeo 2010 como propuxera o Partido Popular, finalmente, o Concello do Carballiño decidíu dedicarlle este ano a festa do polbo á Comunidade de Monxes Cistercienses de Santa Maria a Real de Oseira. Asi a anunciaron o Alcalde Carlos Montes e mailo Concelleiro de festexos Francisco Gómez, que adiantaron ademáis que por tal motivo a presentación oficial que cada ano se fai da festa vaise trasladar nesta ocasión a ún dos claustros do Mosteiro de Oseira, moi probablemente o primeiro ou segundo venres do vindeiro mes de xullo. Montes xustificou esta dedicatoria non só por deberselle ós monxes de Oseira a introducción e popularización do polbo na nosa comarca "senón tamèn pola relación histórica de Oseira coa vila do Carballiño, xa que as primeiras feiras que se celebraron no Carballiño tiveron lugar en terreos que eran dominio do Mosteiro de Oseira".

O Partido Popular celebrará o congreso local do Carballiño o vindeiro 2 de xullo

Data: 
15/6/2010
A executiva provincial do Partido Popular fixou para o vindeiro dia 2 de xullo a celebración do congreso local desta formación política no Carballiño. Trala la convocatoria, está previsto que hoxe mesmo se proceda á constitución do comité organizador, que terá o seu cargo o proceso congresual, o primeiro paso é a apertura do prazo de presentación de candidatos á presidencia, que deberán reunír un mínimo de 50 avales para poder optar é elección.

A Concellería de Igualdade e Benestar do Carballiño segue avanzando no "plan extratéxico para a igualdade

Data: 
14/6/2010
Aúrea Francisco

Áurea Francisco, concelleira de Igualdade e Benestar, xunto a  Elisa G. Sánchez-Albornoz, directora do equipo redactor do Plan de Igualdade do Concello do Carballiño, manterán este martes, 15 de xuño unha nova reunión con distintos axentes da sociedade carballiñesa  dentro da fase de consulta previa á elaboración definitiva do denominado  Plan Estratéxico para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Carballiño.

A Xunta cifra en "máis de 20.000 persoas" a asistencia á Xuntanza de Maiores

Data: 
13/6/2010
A convocatoria festiva que cada ano organiza a Xunta no parque municipal carballiñés rexistrou este ano un notable descenso de asistencia, que según os propios datos facilitados pola Consellería de Traballo e Benestar estarían arredor das "20.000 persoas procedentes non só do territorio galego, senón doutras comunidades autónomas como Asturias e Castela-León". Unha cifra de afluencia a esta xornada festiva que se queda, pois, moi por debaixo das acadadas fai unhos anos atrás, aínda que xa no pasado 2009 constatárase un retroceso en asistencia de público.

A Xunta espera reunir entre 25 a 30 mil persoas na "Festa dos maiores", á que asistirá o Presidente Feijóo

Data: 
9/6/2010
Feijóo con Lolo Carril
Coa atención posta nas previsións meteorolóxicas, que avanzan unha melloria do tempo para o vindeiro sábado dia 12, o Xefe Territorial da Consellería de Traballo de Benestar, José Selas Souto, confirmou no programa "A Mañá de Cope O Carballiño" que xa están contratados 270 autocares, ós que haberá que sumar os vehículos particulares, para trasladar atá  O Carballiño ós participantes á Festa dos Maiores. As previsións que manexa a dia de hoxe este departamento autonómico é que asistan a esta convocatoria entre as 25.000 e as 30.000 persoas, procedentes de toda a xeografía galega e incluso doutras comunidades autónomas limítrofes. Selas tamén adiantou a asistencia a esta festa do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que estará no parque municipal carballiñés á unha menos cuarto da tarde. O programa para ese dia abriráse ás 10,30 da mañá coa chegada dos primeiros autocares, ás 12 ofrecerá un concerto a Banda Escola de Música do Carballiño, e as dúas da tarde terá lugar un acto institucional no que se lle fará entrega dun recordo conmemortivo ós centros sociais participantes.

O BNG demanda a creación dun tren de cercanías entre as comarcas do Carballiño, O Ribeiro e Ourense

Data: 
7/6/2010
Amil, con Bouza e Cabanelas
O Grupo municipal do BNG defenderá no próximo pleno que celebre a Corporción do Carballiño unha moción de apoio á proposta que os nacionalistas veñen de formalizar por medio do Senador Xosé Manuel Pérez Bouza, demandando a posta en marcha dun tren de próximidade entre as comarcas do Carballiño e o Ribeiro coa cidade de Ourense. Pérez Bouza e o portavoz do BNG no Concello Carballiñés, Manuel Amil, incidiron na necesidade de colaboración entre as distintas administracións, local, autonómica e estatal, para crear un servizo púlbico de transporte de viaxeiros como o que se prretende. Entende o BNG que o custe de creación desta liña de ferrocarril de cercanías non sería moi alto, xa que aproveitaría as vias e infraestructuras que logo quedarán en desuso, a partir do ano 2015 coa chegada do AVE. O novo servizo, comunicaría Ribadavia e O Carballiño con Ourense, onde completaría un percorrido con varias paradas, entre as que estarían a estación intermodal da Ponte, o campus universitario, a estación de San Francisco e o complexo hospitalario, e tería aínda continuidade atá a zona industrial de San Cibrao e O Pereiro.
Distribuir contido