O Carballiño

A Xunta modificará o proxecto do entorno da Veracruz

Data: 
31/5/2010
A decisión política estaría xa adoptada, aínda que de momento nada transcendeu oficialmente. A Consellería de medio ambiente, territorio e infraesctructuras, accederá finalmente -asi pudo sabelo Cope O Carballiño- a modificar o proxecto e retirar do mesmo o muro de contención que na parte frontal da igrexa acadaría unha altura de 3,7 metros.

Rouban material e causan danos nas instalacións municipais de medio ambiente

Data: 
31/5/2010
O Concelleiro de medio- ambiente do Carballiño, Bernardo García, considera que é necesario exercer unha maior vixiancia para evitar que sigan producindose os actos de gamberrismo das ultimas semanas, sobre todo coincidindo coas madrugadas dos domingos.

La Cadena Cope ficha a Ernesto Sáenz de Buruaga para dirigir "La Mañana" a partir de septiembre

Data: 
29/5/2010
Ernesto Sáez  De Buruaga

La Cadena Cope ha decidido incorporar a su equipo de comunicadores al periodista Ernesto Sáenz de Buruaga, para hacerse cargo, a partir del próximo uno de Septiembre, del programa matinal  “La Mañana de la Cope”.  Ernesto Sáenz de Buruaga es un periodista con una dilatada y destacada carrera profesional.Licenciado en Ciencias de la Información, ha sido Consejero-Delegado de Antena 3 TV, Director General de los Servicios Informativos de Antena 3 TV, Director del Área de Producción de Programas Informativos de TVE, y editor y presentador de los Telediarios de la noche en Televisión Española y en Antena 3.

A Consellería de Cultura licita a obra de conservación da Veracruz cun orzamento de 193.718 euros

Data: 
27/5/2010
O Diario Oficial de Galicia publica no seu número de hoxe o anuncio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia no que se convoca a licitación do contrato da obra para a conservación e mantemento no Templo da Veracruz, unha actuación que se centrará fundamentalmente nos traballos de consolidación na torre da Igrexa, para correxir os problemas estructurais detectados nesta parte do momumento. A obra terá un orzamento base de licitación de 193.718 euros, incluído o ive, e será cofinaciada nun 70% con fondos Feder. A empresa que resulte adxudicataria terá un prazo máximo de 10 meses para rematar a obra.

Ambiente de feira de abril sevillana do 27 ao 30 de maio na Praza do Emigrante

Data: 
25/5/2010
O Concello do Carballiño volve colaborar activamente coa organización deste evento festivo que recrea durante catro dias na pista roxa o ambiente da feira de abril sevillana, o concelleiro de turismo Manolo Dacal salientou que "este tipo de actividades sempre contarán co apoio da miña área de turismo, pola siñificancia tanto económica como turística para a nosa vila". O Concello do Carballiño aporta ademáis unha achega económica de 2.000 euros para axudar a organización, que corre por conta dun grupo de hosteleiros da praza do Emigrante.

Espiñedo despide unha convulsa tempada con outra derrota (0-4) ante o Marín

Data: 
23/5/2010
O mellor que podía suceder, que rematase a liga, ésta é a mellor noticia para o Arenteiro. Unha tempada que volveu estar marcada polos acontecementos extra-deportivos, tralo enfrontamento que mantiveron a plantilla do  primerio equipo e a Xunta Directiva, e que tiña o seu desenlace có despido masivo da totalidade dos xogadores. Tan só Marcos Castro continuou defendendo a camiseta do Arenteiro. Unha insólita situación que levou ó equipo filial a xogar o resto da liga en preferente.

A "Plataforma pola defensa do entorno da Veracruz" pon en marcha unha recollida de sinaturas para esixir a retirada do muro

Data: 
19/5/2010
Desde hoxe, todas as persoas que queiran posicionarse contra o polémico muro do proxecto de urbanización da Veracruz, poderán facélo asinando un escrito no que se solicita "que se retire o muro e paredón de pedra aplacada que cerca o monumento". Con esta iniciativa nace no Carballiño a "Plataforma pola defensa da Veracruz", un colectivo veciñal que se considera "apartidista e aconfesional, e co único fin de conseguir da administracción que se pare o que consideramos é unha desfeita para un ben xa universal como é o Templo da Veracruz".

O Arenteiro respira tranquilo tras desestimar o Comité de Apelación a reclamación do Arousa

Data: 
18/5/2010
O Arenteiro conserva tres puntos de ouro meritoriamente gañados no terreo de xogo e que, debido o carrusel de descensos motivos polos arrastres de 3ª división, resultan suficientes para estar fora de todo perigo. Os 49 puntos actúais sitúan o Arenteiro fora de toda continxencia, independientemente do resultado que acade este vindeiro domingo no derradeiro partido do campionato ligueiro en Espiñedo ante o Marín C.F., ún dos equipos inmersos na loita por manter a categoria.

"Al César lo que es del César"

Data: 
17/5/2010
(Remitido) Carballiño fs "objetivo conseguido " segundo clasificado y a esperar el play off .....pero bueno como siempre lo importante es el Arenteiro asi que, semana soporifera sobre ese tema otra vez. Colmenero campeón de España con la selección gallega ......pero lo importante es quien va a hundir al arenteiro para el año si la directiva saliente si sale o la entrante si entra. Los benjamines de futbol sala (E.M.F) subcampeones gallegos pero hablareis de la derrota del arenteiro durante toda la semana.

PSOE e BNG votan en contra da urxencia da moción do PP e impiden que o pleno se pronuncie sobre o muro da Veracruz

Data: 
13/5/2010

A moción que o Partido Popular presentou polo trámite de urxencia e na que se pedia o acordo plenario para instar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras a que proceda a eliminación do muro construído no proxecto de urbanización do entorno da Veracruz, non se incluíu finalmente na órden do dia da sesión ordinaria celebrada pola corporación carballiñesa, xa que PSOE e BNG impediron esa posibilidade ó votar en contra da urxencia. O Alcalde, Carlos Montes, tildou a iniciativa dos populares de "oportunismo político" e propuxo -nada se concretou tampouco- que unha representación integrada por  él mesmo e os portavoces dos partidos políticos solicitasen unha entrrevista có Conselleiro para trasladarlle esta "inquietude dun sector do pobo do Carballiño". Desde o BNG, Manuel Amil volveu insistir en que "a solución é política" e asegurou que esta sensibilidade maioritaria da sociedade carballiñesa xa é do coñecemento dos responsalbles da execución da obra. O portavoz do PP, Argimiro Marnotes, intentou -sen éxito- explicar os motivos da urxencia desta moción, pero de inmediato o Alcalde retiroulle a palabra, tras aclararlle que non procedía o debate ó non admitirse a urxencia por parte do pleno.

Distribuir contido