O Carballiño

"Al César lo que es del César"

Data: 
17/5/2010
(Remitido) Carballiño fs "objetivo conseguido " segundo clasificado y a esperar el play off .....pero bueno como siempre lo importante es el Arenteiro asi que, semana soporifera sobre ese tema otra vez. Colmenero campeón de España con la selección gallega ......pero lo importante es quien va a hundir al arenteiro para el año si la directiva saliente si sale o la entrante si entra. Los benjamines de futbol sala (E.M.F) subcampeones gallegos pero hablareis de la derrota del arenteiro durante toda la semana.

PSOE e BNG votan en contra da urxencia da moción do PP e impiden que o pleno se pronuncie sobre o muro da Veracruz

Data: 
13/5/2010

A moción que o Partido Popular presentou polo trámite de urxencia e na que se pedia o acordo plenario para instar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras a que proceda a eliminación do muro construído no proxecto de urbanización do entorno da Veracruz, non se incluíu finalmente na órden do dia da sesión ordinaria celebrada pola corporación carballiñesa, xa que PSOE e BNG impediron esa posibilidade ó votar en contra da urxencia. O Alcalde, Carlos Montes, tildou a iniciativa dos populares de "oportunismo político" e propuxo -nada se concretou tampouco- que unha representación integrada por  él mesmo e os portavoces dos partidos políticos solicitasen unha entrrevista có Conselleiro para trasladarlle esta "inquietude dun sector do pobo do Carballiño". Desde o BNG, Manuel Amil volveu insistir en que "a solución é política" e asegurou que esta sensibilidade maioritaria da sociedade carballiñesa xa é do coñecemento dos responsalbles da execución da obra. O portavoz do PP, Argimiro Marnotes, intentou -sen éxito- explicar os motivos da urxencia desta moción, pero de inmediato o Alcalde retiroulle a palabra, tras aclararlle que non procedía o debate ó non admitirse a urxencia por parte do pleno.

O Partido Popular solicitará o acordo do Pleno Municipal para instar á Consellería a que retire o muro da Veracruz

Data: 
11/5/2010
Concelleiros do PP
O grupo municipal do Partido Popular presentará polo trámite de urxencia unha moción no pleno da Corporación Carballiñesa a celebrarse este xoves dia 13 de maio, na que demandará un acordo plenario para instar á Xunta de Galicia a que modifique o proxecto que está executandose no entorno da Veracruz, e máis concretamente que se proceda á retirada do muro de contención e se busque outra solución técnica máis axeitada co entorno, tal como se ven pedindo nos últimos meses por parte da maioria da sociedade carballiñesa, tanto por parte de colectivos e asociacións, como veciños a título persoal. O Partido Popular quere que no transcurso do pleno os grupos políticos municipais se posicionen claramente sobre esta petición, e o posterior acordo sexa comunicado de inmediato á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, solicitandolle que se rectifique ese aspécto concreto da obra. 

2.307 persoas están en paro na comarca do Carballiño, 323 máis que fai un ano

Data: 
11/5/2010

Os datos do paro seguen en cotas históricas na Comarca do Carballiño, en tan só un ano -no periodo que vai de abril de 2009 a abril de 2010- sumaronse 323 novos traballadores en paro no conxunto dos 9 concellos da Comarca, deles 249 son residentes no Concello do Carballiño. O único dato positivo é que no pasado mes de abril o paro descendeu en 35 persoas, en relación o mes anterior, o de marzo. En total, temos 2.307 persoas inscrítas como demandantes de emprego, das que 1.321 pertencen á capitalidade comarcal, ó Concello do Carballiño, 605 homes e 716 mulleres.

A Consellería elude pronunciarse sobre o muro da Veracruz, tras unha nova reunión na que se atenderon as peticións da parrroquia

Data: 
10/5/2010
O Templo da Veracruz contará con dous accesos para vehículos fúnebres unha vez que se remate a urbanización da nova praza, ún deses accesos será desde o novo vial en construcción e o outro desde a rúa dos Canteiros. Desta maneira, quedaría suprimida a actúal rampa de acceso desde a rúa Evaristo Vaamonde. Foi éste ún dos acordos acadados na reúnión celebrada esta mañá en Santiago de Compostela, na sede da dirección Xeral de Urbanismo, e na que participaron o párroco Xosé Benito Sieiro, o responsable de patrimonio do Bispado, Miguel Angel González, xunto ós representantes do Concello do Carballiño.

Amil facilitará que a veciñanza poida achegar as súas suxestións ó equipo redactor do novo PXOM

Data: 
4/5/2010
Manuel Amil
O Concelleiro de obras e urbanismo do Carballiño, Manuel Amil, espera que nun prazo aproximado dun mes poida poñer a disposición dos veciños e veciñas ó equipo redactor do novo plan eral de ordenación municipal do Concello do Carballiño (PXOM), coa finalidade "de que todos os veciños que me viñeron trasladando as súas suxestións relativas as súas propiedades e que teñen determinadas problemáticas, o que quero é poñelos en contacto co equipo redactor e asi ver se as súas propostas teñen encaixe no novo plan urbanistico".

O camping municipal "Arenteiro" abre a tempada incorporando as vivendas vacacionais entre os seus servizos

Data: 
30/4/2010
Palloza no camping municipal
A mairoría de concelleiras e concelleiros dos tres grupos políticos que integran a corporación do Carballiño -poucos fallaron á cita- protagonizaron a enésima presentación do camping muncipal "Arenteiro". Desta vez, para anunciar a apertura da tempada 2010, prevista para esta primeira fin de semana do mes de maio, data teórica para o inicio da actividade nestas instalacións muncipais e a chegada dos primeiros campistas. Entre a actuacións de mellora que se levaron a cabo últimamente, atópanse as reformas das que foron obxeto as vivendas vacacionais "Pallozas do Arenteiro", sitas na parte máis próxima á chamada "Pena dos Namorados", dentro do conxunto etnográfico do río Arenteiro. Construídas a imitación das antiquísimas pallozas, de planta circular e teito cónico, estas vivendas vacacionais foron obxeto recentemente de diversas melloras para adaptálas á normativa deste tipo de instalacións, con actuacións que consistiron no aillamento térmico, mellora dos sistemas eléctrico e de seguridade, e instalación de antenas de tv e televisores LCD.

O Concello do Carballiño tén una débeda viva de 5.668.000 euros, a máis alta entre os concellos das súas características

Data: 
28/4/2010
Os datos son os facilitados polo Ministerio de Economia e Facenda, e recollen a débeda viva das Entidades Locais con data de referencia a dia 31 de decembro de 2009. Según os mesmos, o Concello do Carballiño tén unha débeda viva de 5.668.000 euros, sendo desta maneira o Concello da provincia -agás a capital-  coa débeda maís elevada, e moi por enriba dos outros dous concellos pronvinciais que teñen idénticos orzamentos anuais e somellante poboación, como son O Barco de Valdeorras e Verín, que contan -respectivamente- cunha débeda de 3.201.000 e 4.307.000 euros.

O xulgado propón o arquivo da denuncia presentada polos ecoloxistas polas mortes masivas na canceira municipal do Carballiño

Data: 
26/4/2010
O Xulgado nº 1 do Carballiño ven de dictar unha resolución pola que se propón o arquivo da causa incoada pola morte masiva de cans, feitos denunciados polos grupos ecoloxistas "Matarpormatarnon" e "Amigos da Terra", fai agora algo maís dun ano. Según os ecoloxistas e a denuncia que presentaran ante a Garda Civil, entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 1 de marzo dese mesmo ano, resultaron mortos un número moi elevado de cans, moitos deles apareceron enterrados e con sinais de morte vilolenta nunha fosa aberta nas propias intalacións, xestionadas polo Concello do Carballiño, como constatou posteriormente unha impección oficial do Seprona da Garda Civil, que daquéla, contabilizara a desaparición de de 79 cans e advertira doutras deficiencias varias nas instalacións, nas que a Consellería de Medio Ambiente investira 250.000 euros e carecían de auga corrente e suministro eléctrico, ademáis doutras irregularidades administrativas no seu funcionamento.

Os favores arbitrais facilitan a victoria do líder Choco en Espiñedo (0-5)

Data: 
25/4/2010

Dous favores arbitrais e consecutivos abriron o camiño do triunfo para o líder da categoria no partido xogado esta tarde no campo de Espiñedo. Xa se consumía o primeiro cuarto da segunda parte e o Choco, atá ese momento, fora incapaz de superar ó Arenteiro, que se defendía con órden e criterio ante as acometidas en ataque do equipo redondelán. O primeiro gol dos visitantes chegaba tralo lanzamento dun córner e precidido de falta na área pequena ó porteiro local Pachi, que o árbitro non quixo ver.

Distribuir contido