O Carballiño

O IGVS sorteará 57 vivendas de protección autonómica construídas no Carballiño ao abeiro das novas normas do rexistro de demandantes

Data: 
25/4/2010
Atá o vindeiro dia 14 de maio poderán presentarse as solicitudes de inscrición para participar neste sorteo, que será o primeiro que se faga conforme ás novas condicións do rexistro único de demandantes de vivenda. Poderán participar no sorteo os inscritos no rexistro de demandantes atá o 22 de abril de 2010, data na que se iniciou o prcedemento para o sorteo, debendo presentar as solicitudes na xefatura da área provincial do Instituto da Vivenda e o Solo na provincia de Ourense, na rúa Sáenz Díez, 1-baixo, en Ourense.

A Consellería xa resolveu favorablemente dúas das alegacións presentadas ó proxecto de urbanización do entorno da Veracruz

Data: 
20/4/2010
Os responsables da consellería de Infraestructuras aceptaron xa dúas alegacións das presentadas no concello do Carballiño sobre o proxecto da praza da Veracruz. En concreto son  as referidas a manter a cota na zona baixa da praza, no terreo colindante  cun particular na rúa Evaristo Vaamonde, e a relativa á rua Otero Landeira, para que enlazara na mesma rasante cá rua de nova apertura que comunicará a praza de San Ramón cá rúa Evaristo Vaamonde.

"De la provincia, la región e outros conceptos peleles"

Data: 
19/4/2010

(Lolo Carril. Xefe de deportes de Cope O Carballiño) Pensan que son o ombligo de todo, e son o que son. Os capitalinos provincianos son aquéles que miran o resto por enriba do ombreiro, aínda que detrás desa actitude de soberbia e prepotencia, de suposta e falsa superioridade, o que en realidade se esconde é a súa frustración e complexo de inferioridade.

Semana decisiva para a resolución da polémica do muro na praza da Veracruz

MONTES E AMIL ENTREVISTANSE ESTE MARTES CÓS RESPONSABLES DA OBRA
Data: 
18/4/2010
O muro da polémica
O Concelleiro de Obras e Urbanismo do Carballiño, Manuel Amil, espera que no transcurso desta semana visiten O Carballiño os responsables técnicos da Dirección Xeral de Urbanismo e os redactores do proxecto de urbanización do entorno da Veracruz, para comprobar o desenvolvemento da obra e, e concretamente, a construcción do polémico muro que provocou un gran rexeitamento social. A visita dos técnicos da Xunta tamén fora anunciada dias atrás polo portavoz do partido Popular, Argimiro Marnotes, tras contactos que mantivo ante os responsables da obra, e co mesmo propósito, que se revise este aspécto concreto do proxecto, a retirada do muro que resta visión sobre o monumento de Palacios desde a rúa Evaristo Vaamonde. Antes da visita Ó Carballiño, o Alcalde Carlos Montes e mailo concelleiro de obras serán recibidos na sede da Consellería, en Santiago de Compostela, polos responsables da obra, ós que trasladarán o rexeitamento ó muro en construcción, e tamén esperan traer noticias sobre as alegacións que no seu dia se presentaran a este proxecto, que están aínda sen resolver. A entrevista está fixada para este martes dia 20 de abril ás once da mañá.

O Director Xeral de Patrimonio confirma a Amil a obra de acondicionamento da torre da Veracruz

Data: 
14/4/2010
Nos vindeiros dias, o diario oficial de Galicia publicará a licitación da obra de consolidación e acondionamento da torre da Veracruz, tal como adiantou hoxe o Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, no transcurso dunha visita ó Carballiño, onde foi recibido polo Concelleiro de Obras e Urbanismo Manuel Amil. Ambos tiveron ocasión de comprobar a urxencia das obras, dado o deterioro que sufre esta parte do monumento, de feito a intención da Xunta é que esta actuación se leve a cabo de forma inmediata.

Tres persoas afincadas no Carballiño, detidas por unha presunta estafa a máis de 200 extranxeiros

Data: 
13/4/2010
O "modus operandi" consistía na captación das víctimas a través da publicación de anuncios nos xornais, nos que se ofrecian servizos para os trámites de legalización de persoas extranxeiras en situación irregular en España. As víctimas eran atendidas por unha avogada, con domicilio no Carballiño, que utilizaba unha identidade falsa e citaba a estas persoas para a realización dos trámites, a cámbeo dunha cantidade de diñeiro que se cobraba coa suposta minuta. A continuación, a avogada inscribía ás víctimas en ofertas de emprego de distintas empresas, que si ben estaban constituídas legalmente, non desenvolvían ningún tipo de actividade.

As Caldas de Partovia transformaráse nun moderno balneario, que creará 30 postos de traballo directos

Data: 
13/4/2010
O proxecto de modernización incluirá a construcción dun novo edificio que acadará os 640 metros cadrados, e respetará a edificación actúal, que xa data do ano 1.842. Ademaís contemplanse outros 1.592 metros cadrados de instalacións exteriores coas que contará o futuro complexo termal, que de momento non tén previsto o aloxamento, aínda que non se descarta para máis adiante. Os propietarios e promotores do proxecto, a sociedade carballiñesa "Garriga e Hijos S.L.", esperan iniciar os traballos de construcción de forma inmediata,unha vez que obteñan a licencia de obra, aínda que desde fai algunas semanas xa se veñen acometendo labores de acondicionamento. O prazo de execución que se estima para a construcción do novo balneario é dun ano, tempo durante o que as instalacións permanecerán cerradas sen poder dar ningún tipo de servizo termal.

O Concello do Carballiño deseña un plan para centralizar os servizos de transporte de viaxeiros e ubicar o novo centro de saúde na actúal estación de autobuses

Data: 
12/4/2010
A idea fora feita pública fai unhos meses atrás por parte do portavoz do partido popular Argimiro Marnotes, e resulta agora refrendada por parte dos dous grupos que integran o goberno municipal bipartito, PSOE e BNG. O plan, dado a coñecer esta mañá polo Alcalde Carlos Montes, consistiría en centralizar os servizos de transportes de viaxeiros na actúal estación de Renfe, ónde se tamén se ubicarían os servizos de transporte de viaxeiros por estrada. Desta maneira, quedarían liberados os terreos que ocupa a actúal estación de autobuses, na avenida do balneario, de aproximadamente 3.000 metros cadrados edificables, que o Concello do Carballiño poñería a disposición da Consellería de Sanidade, e coa intención de construir o novo centro de saúde.

O Porriño abusa sin piedade dos rapaces do Arenteiro (0-8)

Data: 
11/4/2010
Nin estaba no guión gañar o Arousa, como aconteceu o pasado mércores, e tampouco caer goleado por oito goles de diferencia ante o Porriño Industrial. É que por moita e lóxica diferencia que haxa entre ún dos equipos punteiros da preferente e outro que atá fai dúas semanas xogaba en 2ª autonómica, a fin de contas encaixar oito goles son moitos goles. Todo comezou a torcerse nos primeiros lances do partido cando o Arenteiro perdia a Alex, unha das referencias desde "baby Arenteiro", que tiña que abandoar o terreo de xogo lesionado.

Cruz Vermella O Carballiño promueve una vida activa y saludable

Data: 
8/4/2010

Desde Cruz Vermella Carballiño y como continuidad de las actividades medioambientales llevadas a cabo en años anteriores, se pondrán en marcha, a partir del domingo 11 de abril, rutas de senderismo que transcurrirán por diferentes zonas de la comarca. A través de estas actividades se pretende promover un envejecimiento activo entre la población adulta, fomentar hábitos de vida saludables referidos a la práctica del deporte entre la población más joven, concienciar a la gente de la importancia del medioambiente y su cuidado, dar a conocer zonas de la comarca de gran interés turístico, cultural y riqueza natural y fomentar las relaciones sociales entre la personas participantes.

Distribuir contido