O Carballiño

O proxecto do parque intercomarcal de bombeiros será presentado esta semana

Data: 
21/3/2010
Tras varios anos de retraso, por fin, parece que o futuro parque intercomarcal de bombeiros O Carballiño-O Ribeiro, recibirá esta semana un impulso decisivo na reunión que celebrará o Consorcio creado para a xestión deste proxecto, e que servirá ademaís para a presentación do mesmo en público. Ó acto, que se desenvolverá probablemente -aínda está por confirmar- no Centro Comarcal do Carballiño, asistirán o Conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, e o Presidente da Deputación Provincial José luis Baltar. Tamén se agarda a presencia dos Alcaldes das Comarcas do Carballiño e O Ribeiro, que terán ocasión de coñecer os detalles do proxecto. O futuro parque intercomarcal de bombeiros profesionais ubicaráse en terreos cedidos polo Concello Carballiñés sitos na área industrial, onde se construirá o edificio central, que tamén será presentado neste acto, tras a reforma do proxecto, encargada polo Presidente do Consorcio, o Alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez.

Aúrea Francisco homenaxeou "cun acto de xustiza" ás mulleres de Arcos que defenderon o bañiño

Data: 
15/3/2010
Na súa intervención ante o grupo de veciñas e veciñas que se deron cita neste acto, a Concelleira Carballiñesa
Aúrea Francisco, ó lado da placa
de Igualdade e Benestar dixo que éste era "un acto de xustiza sobre unha verdade que debemos ter sobre aqueles actos que estiveron silenciados ou acalados no Carballiño, un acto de rebeldia dun pobo e as súas mulleres, enfrontándose en tempos moi duros ás forzas do órden, a Garda Civil, loitando polo que era seu". Aúrea Francisco recordou como o Bañiño de Arcos era o balneario dos pobres, ó que acudian "aqueles augüistas con menos recursos económicos chegados desde toda Galiza", e repasou os feitos que provocou "unha familia poderososa que pretendia asoballar os dereitos dos máis humildes", en referencia ós propietarios do balneario do Carballiño, e neste contexto reflexionou como " coa loita e a dignidade pódese defender a xustiza e a verdade".

Manita do Arenteiro ó Sp. Celanova en Espiñedo

Data: 
14/3/2010
Nin Arenteiro nin Celanova foron capaces de alterar o marcador nos primeiros 45 minutos de partido, aínda que as mellores oportunidades foron para os celanovenses. Neste periodo, a única xogada na que o Arenteiro levou perigo foi por medio de Martín, ó que o meta visitante derrubou fora da área grande e impedíu que prosperase a xogada. O dianteiro carballiñés era o último xogador e ademáis cortabase unha manifesta ocasión de gol, polo que o gardameta celanovense tiña que haber sido expulsado.

A contrucción dun muro na obra do entorno da Veracruz provoca numerosas críticas

Data: 
14/3/2010
O muro da polémica
O muro de formigón tén unha altura dunhos 2 metros e a súa construcción impide ver a a escalinata e o arco da entrada principal do templo desde a súa parte nordeste, perdendose unha das perspectivas do monumento, tanto desde a rúa Evaristo Vaamonde como desde a zona nordeste da igrexa. Asi  o veñen manifestando nos últimos dias moitos veciños do Carballiño, críticos ante a aparición deste muro, que forma parte da obra de urbanización do entorno da Veracruz, que está a executarse na actualidade.  O proxecto está financiado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestucturas da Xunta de Galicia, cun investimento que ronda o millón de euros, foi tamén este mesmo departamento autonómico quen se encargou da redacción e licitación do proxecto.

El Equipo de Canicross de O Carballiño, 3º en Errentería

Data: 
13/3/2010
El domigo dia 7 se disputó la octava  prueba de la LIGA NACIONAL DE CANICROSS,  en el circuito situado en el monte AÑARBE ,perteneciente al paque natural AIAKO HARRIA, muy próximo a Errenteria (San Sebastián)  A las once y media de la mañana , se daba la  salida a los noventa equipos participantes en esta edicción, para recorrer la distancia de  casi 8 km. muy exigentes  por las cuestas que había, pero accesible.

O Partido Popular propón que a Festa do Polbo sexa dedicada ó Xacobeo

Data: 
10/3/2010
A proposta foi presentada esta mañá por medio dun escrito dirixido ó Alcalde do Carballiño,  solicitando que a vindeira edición da festa do polbo que se celebrará o domingo 8 de agosto sexa dedicada ó Xacobeo 2010. O Partido Popular expón como "O Xacobeo é un acontecemento especial para tódolos galegos e galegas, sexan ou non cristiáns, e arredor do mesmo xurden acontecementos de tipo social e cultural de ampla diversidade que complementan o potencial turístico". Tamén subliñan os populares que a Festa do Polbo está considerada como a festa gastronóminca máis importante e representativa das convocatorias festivo-gastronómicas de Galicia, polo que "a confluencia de ambos acontecementos sería moi positivo, o noso Patrón Santiago sentiríase honrado, e o Xacobeo e os seus perregrinos terían a súa disposición a mellor das festas gastronómicas de Galicia e o mellor pulpo á feira que nunca teñan comido". Sería ésta a segunda vez na que se dedicaría a festa carballiñesa ó Xacobeo, a primeira foi no ano 1993.

As mulleres de Arcos, que fai 40 anos defenderon o uso público do Bañiño, serán homenaxeadas polo Concello do Carballiño

Data: 
8/3/2010
As mulleres de Arcos protagonizaron fai arredor de 40 anos ún dos episodios valerosos que forman parte da historia desta parroquia carballiñesa, na defensa da propiedade das augas do Bañiño de Arcos. Desde tempos inmemoriais estas augas minero-medicinais foran de acceso libre, tanto para a veciñanza da parroquia coma para os numerosos augüístas que se achegaban atá esta fonte, á beira do río Arenteiro, atá que a principios dos anos setenta un particular denunciou estas augas para a súa explotación termal.

A crise da construcción deixou en suspenso 680 vivendas no Concello do Carballiño

Data: 
3/3/2010
Manuel Amil
Os datos foron facilitados polo Concelleiro de Obras e Urbanismo do Concello do Carballiño, Manuel Amil, no transcurso da súa interveción no programa "A Mañá de Cope O Carballiño", en total son 680 vivendas as que quedaron en suspenso, sen que os promotores desenvolvesen os proxectos que tiñan xa tramitados ante o departamento municipal de urbanismo. As 680 vivendas estaban proxectadas desde o ano 2007, nun total de 23 edificios, que contaban coa correspodente licencia de obra outorgada polo Concello do Carballiño. As malas previsións de vendas do sector, motivaron a suspensión dos proxectos por parte das empresas promotoras.

O calamitoso estado no que estaba Espiñedo obriga a adiar o Arenterio-Arousa

Data: 
28/2/2010
Alguén podería chegar a conclusión errónea que nos últimos dias choveu máis no Carballiño que no resto de Galicia, tras saberse que este domingo tivo que adiarse o partido que tiñan que xogar no campo municipal de Espiñedo o Arenteiro e o Arousa, debido a gran cantidade de auga acumulada no terreo de xogo. Foi o único encontro de futbol de categoria autonómica que tivo que aplazarse por este motivo, o calamitoso estado no que se atopaba o campo. En realidade, non choveu no Carballiño maís que no resto do país, senón que o recinto deportivo municpal ten prácticamente inutilizado o sistema de drenaxe e cando chove non filltra a auga. O problema arrástrase desde que o Concello do Carballiño utilizou Espiñedo para o concerto do artísta brasileiro Carlinhos Brown, en xuño de 2007.

"Xynthia" pasou pola Comarca con ventos superiores ós 100 kms hora, e sen provocar incidencias graves

Data: 
27/2/2010
Non foi "Xhyntia" tan fero como nolo pintaban, e tan só por unhos minutos parecía asemellarse a aquél "Klaus" de xaneiro de 2009,  finalmente foise da Comarca sen facer moito ruido nin tampouco demasiádo mal. Tan só entre as cinco e as seis e media da tarde se rexistraron na xeografia comarcal refachos fortes de vento por enriba dos 100 Kms. hora. Foi entón cando se produciron cortes na subministración eléctrica, tanto na zona rural como na propia vila do Carballiño, ónde faltou o suministro por espacio de 15 minutos.
Distribuir contido