Punxín

Paco González y Pepe Domingo Castaño fichan por la COPE

Data: 
14/7/2010

La Cadena COPE incorpora a su programación para la próxima temporada a estos dos importantes periodistas deportivos. Paco González, una vez terminado el Mundial de Fútbol y finalizado su compromiso con Telecinco, ha decidido aceptar la oferta realizada por la Cadena COPE para formar parte de la parrilla de su programación.

La Cadena Cope ficha a Ernesto Sáenz de Buruaga para dirigir "La Mañana" a partir de septiembre

Data: 
29/5/2010
Ernesto Sáez  De Buruaga

La Cadena Cope ha decidido incorporar a su equipo de comunicadores al periodista Ernesto Sáenz de Buruaga, para hacerse cargo, a partir del próximo uno de Septiembre, del programa matinal  “La Mañana de la Cope”.  Ernesto Sáenz de Buruaga es un periodista con una dilatada y destacada carrera profesional.Licenciado en Ciencias de la Información, ha sido Consejero-Delegado de Antena 3 TV, Director General de los Servicios Informativos de Antena 3 TV, Director del Área de Producción de Programas Informativos de TVE, y editor y presentador de los Telediarios de la noche en Televisión Española y en Antena 3.

2.307 persoas están en paro na comarca do Carballiño, 323 máis que fai un ano

Data: 
11/5/2010

Os datos do paro seguen en cotas históricas na Comarca do Carballiño, en tan só un ano -no periodo que vai de abril de 2009 a abril de 2010- sumaronse 323 novos traballadores en paro no conxunto dos 9 concellos da Comarca, deles 249 son residentes no Concello do Carballiño. O único dato positivo é que no pasado mes de abril o paro descendeu en 35 persoas, en relación o mes anterior, o de marzo. En total, temos 2.307 persoas inscrítas como demandantes de emprego, das que 1.321 pertencen á capitalidade comarcal, ó Concello do Carballiño, 605 homes e 716 mulleres.

O parque intercomarcal de emerxencias estará funcionando a mediados do vindeiro ano, con 18 bombeiros profesionais

O ALCALDE DO CARBALLIÑO, CONTRARIADO POLA APORTACIÓN QUE DEBERÁ FACER O CONCELLO.
Data: 
25/3/2010
Presentación do parque na sede da Mancomunidade

O parque de bombeiros de Carballiño, que prestará servizo ás comarcas do Carballiño e do Ribeiro, será unha realidade e estará funcionando a pleno rendemento o vindeiro ano 2011. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, que presentou o proxecto do parque xunto ao presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, os responsables da Mancomunidade do Ribeiro e os alcaldes da zona. O parque do Carballiño, o cuarto da provincia de Ourense, dará servizo contra incendios e de xestión das emerxencias ao redor de 40.000 persoas dos 15 concellos da zona que, tal e como apuntou o conselleiro, estarán un pouco máis seguros tras a posta en marcha do parque comarcal, no que traballarán 18 bombeiros., e contará cunha dotación de catro vehículos-camións, entre eles,  ún equipado cunha escada de 32 metros para acceder a edificios de 9 e atá 10 pisos.

O proxecto do parque intercomarcal de bombeiros será presentado esta semana

Data: 
21/3/2010
Tras varios anos de retraso, por fin, parece que o futuro parque intercomarcal de bombeiros O Carballiño-O Ribeiro, recibirá esta semana un impulso decisivo na reunión que celebrará o Consorcio creado para a xestión deste proxecto, e que servirá ademaís para a presentación do mesmo en público. Ó acto, que se desenvolverá probablemente -aínda está por confirmar- no Centro Comarcal do Carballiño, asistirán o Conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, e o Presidente da Deputación Provincial José luis Baltar. Tamén se agarda a presencia dos Alcaldes das Comarcas do Carballiño e O Ribeiro, que terán ocasión de coñecer os detalles do proxecto. O futuro parque intercomarcal de bombeiros profesionais ubicaráse en terreos cedidos polo Concello Carballiñés sitos na área industrial, onde se construirá o edificio central, que tamén será presentado neste acto, tras a reforma do proxecto, encargada polo Presidente do Consorcio, o Alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez.

As Comarcas do Carballiño e O Ribeiro, moi por detrás da media galega no acceso e utilización da internet

Data: 
28/1/2010
Tan só o 18,36% dos fogares das Comarcas do Carballiño e o ribeiro contan con acceso a internet, alomenos así o pon de manifesto a última enquisa sobre as condicións de vida das familias galegas relativa ás novas tecnoloxías, que ven de publicar o Instituto Galego de estatística. Con este dato confirmase que as Comarcas do Carballiño e O Ribeiro van moi por detrás doutras zonas de Galicia, xa que a media galega de acceso á rede acada ó 33% dos fogares, polo tanto, 15 puntos por debaixo no ámbito das dúas comarcas en relación á media autonómica.

O paro aumenta na Comarca e acada o record de 2.185 persoas rexistradas como demandantes de emprego

Data: 
22/1/2010
O paro aumenta en todos os sectores e en todos os Concellos sen excepción, según os datos do Ministerio de Traballo correspondentes o pasado mes de decembro, e nos que se recolle tamén a evolución mensual e anual, tanto en porcentaxes absolutas como relativas. Das 2.185 persoas rexistradas como demandantes do emprego na Comarca do Carballiño, o 58% corresponde á capitalidade comarcal, o Concello do Carballiño tén 1.246 persoas no paro, das que 686 son mulleres e 560 homes, sumando un total de 217 novos parados durante o último ano.

A conselleria de educación suspende as clases en todos os colexios ante a previsión de mal tempo

Data: 
15/12/2009
A medida afectará a todos os centros de ensinanza non universitaria, como os pertecentes a rede galega de escolas infantís, que non terán actividade durante a xornada deste mércores 16 de decembro. O motivo é a previsión dun fenómeno meteorolóxico adverso, polo que as autoridades optaron pola suspensión cautelar da actividade nas aulas para "que non se produzca ningunha incidencia no acceso dos escolares e preservar a seguridade do alumnado, profesorado e persoal non docente".

As comarcas do Ribeiro e O Carballiño terán acceso a banda ancha a través da implantación dunha rede Wimax

Data: 
9/12/2009
A empresa Iberbanda foi a adxudicataria do contrato de concesión para desenvolver o proxecto de implantación e posterior explotación dunha rede de banda ancha para o acceso á internet nas comarcas do Carballiño e o Ribeiro, que financia a Deputación Provincial mediante axudas Feder para o desenvolvemento rural e urbano, cun investimento que ronda o millón de euros. Trátase do programa "Terras do Avia", que abrangue os concellos de ambas comarcas, cunha pobación total de 49.261 habitantes, dos que o 85% dos mesmos, é decir, 41.858  terán a posibilidade de conectarse o sistema WIMAX de banda ancha para acesso a internet, coas prestacións da alta velocidade, a implantar progresivamente durante o vindeiro ano 2010, coa instalación de estacións base WIMAX e radioenlaces punto a punto, que darán cobertura atá o 85% da poboación intercomarcal.

Maside e O Carballiño celebraron actos institucionais con motivo do "dia internacional contra a violencia de xénero"

Data: 
25/11/2009
Alfredo Cruz, Celso Fernández e Mª José Pérez

Punxín e Maside xa teñen plan de igualdade

No Carballiño, a praza Emilia Pardo Bazán acolleu un acto organizado pola concellería de igualdade e no que mulleres dos tres grupos políticos con representación municipal recitaron poemas alusivos a esta data porque "a condición de ser muller está por enriba de calquera ideoloxía" manifestou Aúrea Francisco. A concelleira nacionalista, que citou a Gabriel Celaya "a poesia é unha arma cargada de futuro", adicou a lectura dos poemas "ás mulleres do pasado que morreron sen saber porqué". Un monolito que recorda ás victimas da violencia de xénero, e que fai un ano  fora ubicado na parte traseira do auditorio municipal, foi trasladado coincidendo coa conmemoración desta data  a esta praza Emilia Pardo Bazán por considerarse máis axeitada e porque leva o nome "dunha feminista decimonónica tan vencellada con estas terras do Carballiño", explicou a concelleira de igualdade, que ademáis organizou unha mesa redonda na que se abordou esta probemática da violencia de xénero desde os ámbitos xurídico, sanitario e xornalístico.

Distribuir contido