San amaro

O alcalde de San Amaro anuncia en "A Mañá de Cope" a próxima apertura do Centro de Interpretación da Cultura Castrexa de Galicia

Data: 
16/7/2010
Alcalde de San Amaro

(Redacción. Rocío Campos) "A Mañá de Cope" desprazouse ata o concello de San Amaro para celebrar a festividade do Carme cos seus veciños. Despois do día festivo de San Mauro a vila segue coas celebracións do Carme e da Festa da Cabra no pobo de Anllo o vindeiro domingo 18 de xullo. Por el pasaron numerosos invitados que mostraron a realidade do concello e das diversas actividades que teñen e que van ter lugar nos meses estivais e os proxectos que están pendentes. Elena, integrante da comisión de festas de San Amaro, manifestouse moi contenta co traballo realizado aínda que estar detrás dunha comisión conleva un gran esforzo, por eso agradecía a colaboración de tódolos veciños. Elena presentábanos o cartel das festas que comezaron o xoves día 15 coa festividade de San Mauro e cunha verbena a cargo das orquestras Monumental e Nafta e que continuaban hoxe coa festividade do Carme e cunha verbena a cargo dun dúo e da orquestra Copacabana. Pero por se fora pouco, a festa rematará o sábado cunha gran sardiñada para todos. Tamén nos explicaba que o San Mauro non so se celebra no verán, senón tamén durante o inverno no mes de xaneiro. 

Paco González y Pepe Domingo Castaño fichan por la COPE

Data: 
14/7/2010

La Cadena COPE incorpora a su programación para la próxima temporada a estos dos importantes periodistas deportivos. Paco González, una vez terminado el Mundial de Fútbol y finalizado su compromiso con Telecinco, ha decidido aceptar la oferta realizada por la Cadena COPE para formar parte de la parrilla de su programación.

Asaltan e rouban 400 euros a un veciño de San Amaro

Data: 
11/6/2010
A Garda Civil investiga o suceso ocurrido onte no camiño forestal que comunica a localidade de Anllo có lugar de A Cabana, no Concello de San Amaro, trala denuncia presentada por A.F.B., de 84 anos e veciño de San Amaro. Cando circulaba co seu tráctor agrícola, achegóuselle un individuo coa excusa de pedirllle traballo, agarrouno pola camisa e arrebatoulle a carteira que a víctima levaba no peto, con 400 euros e diversa documentación persoal. Despois, fuxíu cara un vehículo no que o estaba a esperar outra persoa. Do caso ocuparáse o Xulgado nº 1 do Carballiño.

La Cadena Cope ficha a Ernesto Sáenz de Buruaga para dirigir "La Mañana" a partir de septiembre

Data: 
29/5/2010
Ernesto Sáez  De Buruaga

La Cadena Cope ha decidido incorporar a su equipo de comunicadores al periodista Ernesto Sáenz de Buruaga, para hacerse cargo, a partir del próximo uno de Septiembre, del programa matinal  “La Mañana de la Cope”.  Ernesto Sáenz de Buruaga es un periodista con una dilatada y destacada carrera profesional.Licenciado en Ciencias de la Información, ha sido Consejero-Delegado de Antena 3 TV, Director General de los Servicios Informativos de Antena 3 TV, Director del Área de Producción de Programas Informativos de TVE, y editor y presentador de los Telediarios de la noche en Televisión Española y en Antena 3.

2.307 persoas están en paro na comarca do Carballiño, 323 máis que fai un ano

Data: 
11/5/2010

Os datos do paro seguen en cotas históricas na Comarca do Carballiño, en tan só un ano -no periodo que vai de abril de 2009 a abril de 2010- sumaronse 323 novos traballadores en paro no conxunto dos 9 concellos da Comarca, deles 249 son residentes no Concello do Carballiño. O único dato positivo é que no pasado mes de abril o paro descendeu en 35 persoas, en relación o mes anterior, o de marzo. En total, temos 2.307 persoas inscrítas como demandantes de emprego, das que 1.321 pertencen á capitalidade comarcal, ó Concello do Carballiño, 605 homes e 716 mulleres.

O parque intercomarcal de emerxencias estará funcionando a mediados do vindeiro ano, con 18 bombeiros profesionais

O ALCALDE DO CARBALLIÑO, CONTRARIADO POLA APORTACIÓN QUE DEBERÁ FACER O CONCELLO.
Data: 
25/3/2010
Presentación do parque na sede da Mancomunidade

O parque de bombeiros de Carballiño, que prestará servizo ás comarcas do Carballiño e do Ribeiro, será unha realidade e estará funcionando a pleno rendemento o vindeiro ano 2011. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, que presentou o proxecto do parque xunto ao presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, os responsables da Mancomunidade do Ribeiro e os alcaldes da zona. O parque do Carballiño, o cuarto da provincia de Ourense, dará servizo contra incendios e de xestión das emerxencias ao redor de 40.000 persoas dos 15 concellos da zona que, tal e como apuntou o conselleiro, estarán un pouco máis seguros tras a posta en marcha do parque comarcal, no que traballarán 18 bombeiros., e contará cunha dotación de catro vehículos-camións, entre eles,  ún equipado cunha escada de 32 metros para acceder a edificios de 9 e atá 10 pisos.

O proxecto do parque intercomarcal de bombeiros será presentado esta semana

Data: 
21/3/2010
Tras varios anos de retraso, por fin, parece que o futuro parque intercomarcal de bombeiros O Carballiño-O Ribeiro, recibirá esta semana un impulso decisivo na reunión que celebrará o Consorcio creado para a xestión deste proxecto, e que servirá ademaís para a presentación do mesmo en público. Ó acto, que se desenvolverá probablemente -aínda está por confirmar- no Centro Comarcal do Carballiño, asistirán o Conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, e o Presidente da Deputación Provincial José luis Baltar. Tamén se agarda a presencia dos Alcaldes das Comarcas do Carballiño e O Ribeiro, que terán ocasión de coñecer os detalles do proxecto. O futuro parque intercomarcal de bombeiros profesionais ubicaráse en terreos cedidos polo Concello Carballiñés sitos na área industrial, onde se construirá o edificio central, que tamén será presentado neste acto, tras a reforma do proxecto, encargada polo Presidente do Consorcio, o Alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez.

As Comarcas do Carballiño e O Ribeiro, moi por detrás da media galega no acceso e utilización da internet

Data: 
28/1/2010
Tan só o 18,36% dos fogares das Comarcas do Carballiño e o ribeiro contan con acceso a internet, alomenos así o pon de manifesto a última enquisa sobre as condicións de vida das familias galegas relativa ás novas tecnoloxías, que ven de publicar o Instituto Galego de estatística. Con este dato confirmase que as Comarcas do Carballiño e O Ribeiro van moi por detrás doutras zonas de Galicia, xa que a media galega de acceso á rede acada ó 33% dos fogares, polo tanto, 15 puntos por debaixo no ámbito das dúas comarcas en relación á media autonómica.

O paro aumenta na Comarca e acada o record de 2.185 persoas rexistradas como demandantes de emprego

Data: 
22/1/2010
O paro aumenta en todos os sectores e en todos os Concellos sen excepción, según os datos do Ministerio de Traballo correspondentes o pasado mes de decembro, e nos que se recolle tamén a evolución mensual e anual, tanto en porcentaxes absolutas como relativas. Das 2.185 persoas rexistradas como demandantes do emprego na Comarca do Carballiño, o 58% corresponde á capitalidade comarcal, o Concello do Carballiño tén 1.246 persoas no paro, das que 686 son mulleres e 560 homes, sumando un total de 217 novos parados durante o último ano.

Apuñalan a un home en Avión e intentan roubar na sucursal de Caixanova en San Amaro

Data: 
28/12/2009

Axentes da Garda Civil do Carballiño prenderon ás catro da madrugada de onte domingo a Juan José V.V., de 30 anos de idade, natural de Avión aínda que na actualidade con domicilio en Barcelona, como presunto autor dun delito de lesións ó apuñalar nunha perna a Julio D.P., de 37 anos, veciño de Avión, despois de manter unha discusión no interior dun bar na localidade de Avión. A víctima da agresión foi trasladado o CHOU, con pronostico reservado, según a información facilitada pola Subdelegación do Goberno. O agresor pasará hoxe a disposición xudicial.

Distribuir contido