Pablo Lorenzo Fariña

Taxi Wilquimedia.com

Pablo Lorenzo Fariña

 Xúrovos que por moito que mirei (que tampouco foi tanto….só unha hora…) non lle  atopei moito senso á palabra TAXI, recurrín á enciclopedia Wilquipedia ( dous pontos)  “automóvil de aluguer con conductor”. Pero é que , según o Diccionario da Real Academia, é unha forma apocopada de TAXIMETRO, é dicer, pagar unha taxa por metros ( xa sei que estou simplificando….que se absteñan de criticarme os eruditos…)

Asaltame unha seria dúbida

Pablo Lorenzo Fariña

Levo meses “tragándome” telexornáis, tertulias e xornáis, tentando entender en qué medida a chamada “reforma do Mercado Laboral”, nos permitirá ós desempregados aceder a un posto de traballo.

            Debo, como paréntese, decir que non me gusta a expresión mercado laboral, paréceme que é como que os parados temos que estar coma as zapatiñas colocados nun posto da feira de O Carballiño agardando que alguen veña a mercarnos. Moitas veces a terminoloxía que se usa ten máis importancia do que algúns pensan. Sempre entendín que o traballo remunerado por un empresario, era unha relación humana de carácter laboral entre empregado e empregador. Chamarlle Mercado é deshumanizar as relacións laboráis, o mesmo que utilizarnos ós desempregados como simple cifra que botarse á cara eses políticos ós que se lles enche a boca falando da Constitución e que se esquecen do seu Artg. 35.

Carta a unha mimosa ( II )

Pablo Lorenzo Fariña

Parece que está definindo o noso Ribeiro, lendo o que nos falan as nosas pedras máis antergas, e que se pode conxugar o viño co teu perfume. Dona Emilia Pardo Bazán, pola contra, relaciona o teu perfume con Madrid  “…las acacias prodigaban su rica esencia…”, “…y el olor fragante de las flores de acacia le parecía el de las silvestres mentas que crecen al borde de los linderos en el valle de Ulloa…”. A ela non lle coincideu estar en Banga e contemplar como as túas flores visten de amarelo o val do río Avia, anunciando luminosas a Primavera.

Carta a unha mimosa

Pablo Lorenzo Fariña

Benamada Mimosa :

            ¿ou prefires que che chame Acacia Dealbata, do xénero Acacia, da subfamilia Mimosaidae ?  Non será cuestión de que sega a subir pola túa árbore xenealóxica,    ó final coincidiríamos en algún protozoo común. Déixame falarche en confianza, xa  que chamándoche Mimosa tamén me podo referir ás túas irmáns, primas e demáis parentes. A frase acaba de sonar como esquela funeraria de pobre, e por desgraza,  ten algo de relación.

Gardar os cartos no colchón

Pablo Lorenzo Fariña

Debo recoñecervos de antemán que esto da macroeconomía supérame, e que non deixa de ser unha osadía pola miña parte meterme neste lío. Pero con tanto falar últimamente da crise económica, despértaseme a curiosidade por entender, e tamén o atrevemento a arriscarme con estes temas.

De muros, muriños e muretes

Pablo Lorenzo Fariña

Cando no ano 1989 unha marea de ilusión derrubou o muro de Berlín, algúns ilusos ou utópicos deixámonos inundar da esperanza dunha Europa sen fronteiras, dun mundo sen barreiras…Sabiamos de outros muros, Xibraltar, Ceuta, Melilla, Guantánamo…confiabamos que xa lles chegaría a súa hora. Ahora os israelitas constrúen un novo muro en Gaza e tomamos conciencia de que hai unha morea de barreiras e muros, de razas, de relixións, de ideoloxías,  de sexos…Sería moi longo de explicar e non collería neste humilde artigo. Só vou opinar dos muros físicos e próximos.

O noso amigo Carliños

Pablo Lorenzo Fariña

Xa vos teño falado algunha vez de Carliños, e os que me teñades escoitado xa sabedes que non me refiro a Carlinhos Brow, persoa á que admiro, non xa como artista, senon pola gran laboura social que desenvolve nas favelas de Candeal.

            Este Carliños é un canciño, de raza indefinible, que ten por nome propio Charly, pero a min, como se me da por ser antianglosaxón, galeguízolle o nome. El non debe tomalo moi ben, Charly resultaralle máis acorde cos novos tempos educativos, e cando lle chamo Carliños, mantense teso, mira para outro lado e fai que non me escoita.

            Vive en “Casa Lucita”, unha hospedaxe fundada a principios do século pasado, case centenaria, para atender ás personas que viñan tomar as aguas a Berán.

O CONTO DO LEÓN

Pablo Lorenzo Fariña

Fillo dun estibador portuario, de profesión Garda Civil. E contoume o chiste do león. ¿Querédes que vo-lo conte?   Partamos do feito incostestable de que un león pode comer a calquer individuo da especie humana nun espacio relativamente curto. E incluso dixerilo. Aínda que acostuman a deixar algunhas sobras para que as aproveiten os carroñeiros de turno. Coñecín a esta persoa nunha cea, e explicoume o conto, ou máis ben parábola do león. Non me esforcei en falarlle do Sansón Bíblico, nin do cristianismo nos anfiteatros romanos. Escoiteino.

Estudar ¿ para qué ? Sr. Rajoy

Pablo Lorenzo Fariña

 Tempo atrás  nun programa de Tv facianlle diversas preguntas ó canditato do PP ó candidato á presidencia do goberno  reino de España. Unha determinada pregunta facía referencia ó nivel do noso sistema educativo. O Sr. Rajoy, falou de que na educación  debese recuperar o espirítu de sacrificio. E estou dacordo. Dixo que non se podía pasar de curso con catro asignaturas suspensas. E estou dacordo. Falou do imprescindible sentido da autoridade que se está perdendo na educación.

Distribuir contido