Asaltame unha seria dúbida

Levo meses “tragándome” telexornáis, tertulias e xornáis, tentando entender en qué medida a chamada “reforma do Mercado Laboral”, nos permitirá ós desempregados aceder a un posto de traballo.

            Debo, como paréntese, decir que non me gusta a expresión mercado laboral, paréceme que é como que os parados temos que estar coma as zapatiñas colocados nun posto da feira de O Carballiño agardando que alguen veña a mercarnos. Moitas veces a terminoloxía que se usa ten máis importancia do que algúns pensan. Sempre entendín que o traballo remunerado por un empresario, era unha relación humana de carácter laboral entre empregado e empregador. Chamarlle Mercado é deshumanizar as relacións laboráis, o mesmo que utilizarnos ós desempregados como simple cifra que botarse á cara eses políticos ós que se lles enche a boca falando da Constitución e que se esquecen do seu Artg. 35.

            Pero vou voltar á miña dúbida inicial. Dise que se pretende regular o referido mercado laboral de xeito definitivo, evitando dualidades nas modalidades de contratación. Que se baixar a indemnización por despido de 45 a 33 días por ano…Na miña vida laboral (menuda palabriña tamén) xamáis coñecín a un empresario que despedise a un traballador que lle resultase productivo, mesmo lle pagaba máis para que non se fose, e pola contra tampouco coñecín a ningún que á hora de despedir a un traballador nugallán lle tremese o pulso polos 45 días. Ben é certo que, coma en calquer relación humana existen tramposos, sexan empregadores ou empregados. Admito que sexan os primeiros os que dispoñen de máis medios para selo, pero aínda así 45 días ou 33 non llo vai impedir Do que estou seguro é que a máxima preocupación que podemos ter os 4.160.000 desempregados non é canto nos poden indemnizar cando nos despidan.

            Personalmente penso que os políticos, e sobor de todo os sindicatos, deberían saber diferenciar entre o estructural e o coxuntural. É imprescindible unha normativa de relacións laboráis estable e con vocación de permanencia para que os inversores teñan seguridade xurídica e os asalariados se especialicen e profesionalicen, co que se incrementaría a productividade.

            Pero neste intre tamén fai falta pensar na coxuntura e adoptar medidas transitorias.Penso que moitos parados asinariamos contratos laboráis por un período limitado, no que o empresario non cotizase á seguridade social e que ese período non nos constase para a xubilación.¿canto aforraría o Estado en subsidios de desemprego?, por suposto que fai falta matizar a letra pequena e definir os sectores estratéxicos que sexan verdadeiros xacementos de emprego e non supoñan competencia desleal. Fai falta unha PLANIFICACION ECONOMICA XERAL.

            Porque, xa para rematar, a miña gran dúbida, xa que soan tambores de guerra, é como podemos facer folga os que estamos parados. ¿unha folga á xaponesa, traballando? ¿onde imos a facela?.

            Por xogar coas palabras, folga, en castelán “huelga” ten tamén o significado de sobra, de non fai falta…

            Por favor sres.sindicatos, resólvanme esta dúbida. Pode facelo algún liberado ou un membro do comité de empresa da Deputación Provincial de Ourense de C.C.O.O.