O CONTO DO LEÓN

Fillo dun estibador portuario, de profesión Garda Civil. E contoume o chiste do león. ¿Querédes que vo-lo conte?   Partamos do feito incostestable de que un león pode comer a calquer individuo da especie humana nun espacio relativamente curto. E incluso dixerilo. Aínda que acostuman a deixar algunhas sobras para que as aproveiten os carroñeiros de turno.

Coñecín a esta persoa nunha cea, e explicoume o conto, ou máis ben parábola do león. Non me esforcei en falarlle do Sansón Bíblico, nin do cristianismo nos anfiteatros romanos.

Escoiteino.

Dixo que llo contaran non sei quen, pero tal como o coñecín, apostaría que moi ben poido inventar o conto él mesmo. Tén un fillo de 10 anos, dato moi importante para entender a súa convicción respeito da solución e adoptar no conto lo león. ¿cóntovos o conto do león? é coma o amor, unha especie de abrazo do desencanto. Pero mellor racionalicemos todo e sexamos politicamente correctos. O conto é sinxelo.

Na vida hai leóns e diante de esa realidade poderían suceder douas cousas: a) non atoparse nunca con eles, cousa difícil. b) atoparse con algún león.

Neste segundo caso, que é o máis probable, ponte no pior, a non ser que apliques o conto do león. Pero antes quero definirche a esta persona. Como xa dixen, fillo de 10 anos, pai estibador portuario e Garda Civil ( o que non quere dicir máis ca que cando traballa viste de verde ¿ecoloxísta? mirada clara, sinxela, e disculpademe se me adorno en tópicos.

Coincidimos coma unha de tantas anécdotas que nos regala a vida, e despois de non sei cantas copas de viño, axudoume a ver a vida. ¿ Querédes o conto do león?  Teño certo medo, ou polo menos respeto a contárvolo: quizás me esté escoitando algún león, ou aprendiz de león, que son máis perigosos. O conto é que cando na vida te atopes co león que che corrsponda, simplemente tés a opción intelixente de deixarlle as talladas, agacharte, e cando xa esté farto e se quede dormido, voltar a aproveitar as sobras. En definitiva, que ou te conformas coas sobras ou tés que cambiar de sábana.