O Tempo

E máis que evidente e feito contrastado que o tempo, refirome as condicións climatolóxicas, influe e moito no noso ánimo...Alomenos na maior parte de todos nós. E tamén e feito máis que demostrado que, non todos precisamos a mesma cantidade de tempo, para tomar certas decisións.

Non sei cal destes dous supostos me leva a conclusión que dende logo o factor tempo non é o mesmo para todos, e que non todos lle otorgamos a mesma importancia. Digo isto, porque claro, a vista das obras provisionais anunciadas hoxe, relativas a rotonda do "Bar Azul", vexo que o tempo foi máis que necesario para tomar a decisión de solicitar unha obra "provisional". Tanto tempo fixo falta que xa pasaron 6 meses dende que o grupo semafórico se averiou.

Visto esto, non debo extrañarme do sosiego e tranquilidade que manifestan algúns para aportar melloras no noso concello. Non fago alusión a farolas nin bancos para descansar nin "cousiñas" así. Falo de servizos, de benestar evidente, de entorno agradable para o noso disfrute e claro que si, para chamar a atención de todos aqueles que nos visitan......

Pero que pillaban e o tempo, ese tempo que nos influe no estado de ánimo e que se nos escapa entre os dedos....seguro que nos vindeiros meses, estado de ánimo a parte, vai cundir moito máis. A miña pregunta é a seguinte : cundirá para facer promesas que tardarán moito moito tempo en cumprirse?