Pulpo

De moitos é sabido que hai séculos que os Monxes de Oseira introduciron na nosa comarca e máis particularmente na Parroquia de Arcos, ese hoxe manxar que demos a coñecer no mundo enteiro. Dende logo que a Comunidade Cisterciense de Santa María a Real de Oseira, e máis que merecente de ser a homenaxeada na vindeira Festa do Pulpo. Cantas veces o teño comentado en público? Xa nin o sei.

De calquera meneira, é unha excelente noticia, moito mellor que se homenaxee a quen realmente está vinculado co producto e por extensión coa festa, que adicarlle  a celebración a outros que quizais apenas coñecen a importancia que ten o pulpo para moitos de nós.