Taxi Wilquimedia.com

Xúrovos que por moito que mirei (que tampouco foi tanto….só unha hora…) non lle  atopei moito senso á palabra TAXI, recurrín á enciclopedia Wilquipedia ( dous pontos)  “automóvil de aluguer con conductor”. Pero é que , según o Diccionario da Real Academia, é unha forma apocopada de TAXIMETRO, é dicer, pagar unha taxa por metros ( xa sei que estou simplificando….que se absteñan de criticarme os eruditos…)

Pero gracias ó Internet, busquei no Google, e atopei as distintas, diversas e liosas normativas do AUTO-TAXI. Tampouco é plan de pedirrlle ós concelleiros de O Carballiño, que votaron tres veces para alcalde, que descifren a normativa. E por suposto, non imos exixirllo á secretaria/o ( por delicadeza…) que promoveu tal desatino votativo.

Por simplificar, unha persona bébeda, non apta para conducir ( por ejemplo eu ), ás dúas da mañá, medio perdido en O Carballiño (…por poñer un caso…) recorre tres paradas de taxis…( Taxímetros, Autotaxis…ou o que sexa…) e non atopa ningún ¿qué pasa? .

Intento explicarme:

Se a miña presa é por cagar (falando en plata) problema de MEDIO AMBENTE.

Se a miña presa é por irme á o meu pobo…….problema de MEDIO RURAL

Se é para non conducir bébedo ..problema da CONCELLERIA DE TRAFICO ( por certo no cinto do 90% de seguridade,  vanse fixar…)

Ó final, por simplificar, o problema é meu, que teño que deambular pola terra do polbo, ate atopar algunha alma caritativa que me transporte. Sei que o problema é meu, por ir a O Carballiño sen coche, e que en caso de levalo me pasase coa bebida…entono o “mea culpa”, e se queredes doume golpes de peito….Pero…no caso de que non fose ese o caso ¿onde agochades os TAXIS?

            Quédavos a Wilquipedia, seguede erre que erre con ela.