Festas do Carballiño

21, Setembro 2012

O mellor das festas do Carballiño para min o fuego, tanto en ubicación como 
en calidade, casi como sempre. Pero todo o demais cos meus respetos para a 
comisión de festas porque sempre se intenta facer o mellor posible pero 
niste caso fracasaron totalmente , co que eran as festas en Carballiño coas 
mellores orquestras  e bandas de galicia, eran o referente de toda a comarca 
e converteronse nin na sombra de algunhas  da nosa contorna,  e así se viu 
na afluencia de público. Era mellor menos dias e que houbera mais calidade 
nas actuacios musicais e un pouco mais de sensibilidade . e por último unha 
falta de respecto total coa "Banda Lira de Ribadavia" , pois como era día de 
feira trasladaron a actuación para a praza do corral , tiveron que sentarse  
os músicos nunhas sillas de terraza , ca incomodidade que eso supón para 
algúns instrumentos , a maioria da xente perdeu a actuación e por si fora 
pouco tiñan o lado un xenerador ou algo polo estilo que facía un ruído 
.... que me diga alguén si eso está ben....Vergonza me diu naquel momento 
de ser deste pobo.
O dito para min un suspenso total para comisión organizadora das festas SAN 
CIBRAO 2012