Restricións de auga no Carballiño

16, Agosto 2010

Escoitei o alcalde do Carballiño falar das posibles restricións de auga 
debido ao aumento do consumo. É responsabilidade de todos o uso racional de 
tan preciado líquido,e digo TODOS,comezando por Aquagest. No pobo das Caldas 
de Partovia hai unha rotura nunha tubería da traída dende hai uns 4 ou 5 
meses. A auga discorre polo Camiño dos Arrieiros placidamente.Notificouse a 
empresa varias veces,pero ata o de agora non o resolveron. Cantos litros se 
levan perdidos? Que incongruencia! Sr alcalde podería vostede notificarlles 
este feito?. Ao mellor fanlle máis caso e reducimos nuns cantos litros o que 
non é un consumo,senón unha perda. Moitas grazas.