Sobre a lista de espera para unha operación de cancro

25, Marzo 2014

 

 

Eu, Luís Pérez Estévez “Ficol” de 50 anos con D.I 34948516-Q.

Quero expresar e denunciar publicamente en “Cope Carballiño” que debido ao grande retraso que se está a levar coa miña cirurxía de “cancro de próstata” que me foi detectado nunha biópsia realizada o día 13 de novembro de 2013 polos profesionais da especialidade de uroloxía.

Con respecto a pésima xestión que está a realizar o PP no Goberno da Xunta de Galiza, na sanidade pública Galega, tanto no meu caso coma noutros moi similares. Pódese dicir moi alto e moi claro que é totalmente nefasta a xestión deste Goberno do Partido Popular!!

Só nos están a enganar aos cidadáns Galegos e Galegas, todo con mentiras cochinas e necias, cada día máis que nunca dicindo que as listas de espera agora son moito máis curtas e efectivas.

Grandes mentiras e falsedades que dín nos medios de comunicación tanto o pésimo e nefasto presidente da Xunta de Galiza, Alberto Nuñez Feijóo, coma a Conselleira de Sanidade, Raquel Mosquera, todo o poñen moi bonito de cara a galería, dicindo coma por exemplo no meu caso, que os cancros teñén unha espera máxima de 1 mes.

Pois velaí a miña patoloxía, que foi detectada como dixen anteriormente nunha biópsia feita a mediados de novembro de 2013, é a día de hoxe luns día 24 de marzo de 2014, aínda non sei nada de nada nin para cando está programada a miña operación.

A que esperan estes inútiles, que despois sexa demasiado tarde, como por desgraza lles está a ocurrir a moitas Galegas e Galegos, que por non lle prestar á atención necesaria ao seu debido tempo, despois ocorre a fatalidade.

O pasado venres día 21 do corrente mes, puxen unha reclamación na atención o paciente derixida a dirección do CHOU, é a miña sorpresa foi que a funcionaria que me atendeu, dime con toda a cara do mundo que aínda estou no prazo previsto, que podería incluso chegar ata o día 4 de maio, sinceramente pillei un auténtico cabreo, porque o último especialista que me atendera, dixérame, que como data límite en dous meses tiña que estar coa operación realizada e xa incluso no meu domicilio. Estas foron as palabras textuais de dito profesional.

Eu como cidadán Galego, que cotizo a seguridade social (seguro autónomo) esixo ser atendido por lei como me corresponde coma calquera outro cidadán que non fai falla que teña o carné do Partido popular.

Remato dicindo que como prazo máximo de quince días non reciba resposta a reclamación feita no seu día pola miña persoa, ou aínda non teña data para dita cirurxía, iniciarei fortes e constantes protestas diante do centro hospitalario de Ourense, ou incluso tamén con outras formas moito maís firmes e contundentes.

Asinado Luís Pérez Estévez “Ficol”