Sobre a tramitación do PXOM do Irixo

28, Xaneiro 2013

Preguntas que me fago e que moita xente se fai: ¿en que situación se atopa o plan que tan apresuradamente se aprobou mediante un pleno extraordinario? 

¿en que situación se atopan as mais de 100 alegacións presentadas? ¿segue a paralización de licenzas? ¿foi prorrogada en modo e forma?

 A continuación reproduzo o texto publicado no DOGA do 08/02/2012, no que se paralizan as licenzas urbanísticas por un plazo dun ano.

ANUNCIO de información pública sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Aprobado inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal por acordo do Pleno do 22 de decembro de 2011, de conformidade co artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas para aqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

A duración da suspensión é dun ano, prorrogable un ano máis.

O Irixo, 9 de xaneiro de 2012.

Manuel Penedo Paradela

Alcalde