Solicitude de empadronamento no Concello de Piñor

3, Febreiro 2011

Nestos días un emisario enviado polo señor alcalde de Piñor o socialista 
Francisco Fraga, visita varias vivendas co fin de comprobar "IN SITU" si 
teñen alí a súa residencia as persoas que coma min solicitamos a alta no 
padrón de Piñor.Todo isto ven a conto do empadroamento para os próximos 
comicios municipais do mes de Maio; por tal motivo quero lembrarlles as 
autoridades que hai catro anos polos mesmos feitos en pobos coma 
Villeriño,Casfigueiro, Cotelas...e outros do mesmo término municipal de 
Piñor non tiveron escrúpulos para empadroar a xente foránea que nunca 
viviu nin vive neste concello.Feitos que se poden demostrar e que eles se 
aproveitaron para conseguir votos para o seu partido.Chegado este punto non 
entendo a actitude do Sr. alcalde, para él nos anteriores comicios era 
normal empadroar a foráneos que lle votaban e nos días que corren actua 
como se pertenecese a GESTAPO perseguindo os que queremos empadroarnos tendo 
dereito a elo.Acosandonos nas nosas casas día si e día tamén para 
comprobar que vivimos alí.
Francisco recomendaríalle que fose un pouquiño inteligente e que deixe de 
meterse cos que non pertencen a súa secta.Usted verá o que fai isto é só 
o comenzo dunha guerra que vostede mesmo acaba de desencadear.
Coido que de non cambiar as cousas imonos ver nos xulgados.Boas noites.