Deportes

A terceira tempada consecutiva do Arenteiro na Primeira Federación continúa sendo unha cruz para o equipo, desta vez cunha nova derrota e ademáis en Espiñedo na matinal do domingo de Pascua ante os vascos do Arenas Club de Getxo.
Inionistas de Salamanca derrotou no estadio Reina Sofía por 3-1 a un Arenteiro que da outro paso atrás no cada vez máis complicado obxetivo da permanencia na Primeira RFEF.
Jordan adiantou aos verdes, que despois tiveron varias ocasións para sentenciar o partido, sobre todo na primeira parte, tamén na segunda, incluidos dous goles anulados por suposto fora de xogo, pero xa se sabe, a can flaco todo son pulgas.
O estadio zamorano presenciou un partido no que o Arenteiro foi dominador no xogo en gran parte dos 98 minutos, pero que regresa de baleiro a O Carballiño.
Debut de Juanfran como novo adestrador do Arenteiro con empate ante o filial do Real Madrid en Espiñedo e nun partido no que os verdes fixeron méritos suficientes para gañar os 3 puntos, despois de remontar o gol inicial dos madridistas e ver como xa no minuto 85 chegaba o empate.
Difícil de explicar como un equipo pode cambiar tanto dun a outro partido, pero de ver ao Arenteiro que xogo ante Avilés ou Tenerife a este outro de Talavera ou O Couto vai un abismo. Un equipo sen órden nin concerto que foi superado por un Ourense que precisou moi pouco para levarse un partido que estaba marcado en vermello ante un rival directo. 
Un penalti que non era e sinalado a instancias dun dos árbitros auxiliares e transformado por Gastón no tempo de desconto fai que os 3 puntos viaxen ata terras canarias tras esta histórica visita do Tenerife a O Carballiño.
Irreconocible, sen paliativos, o peor Arenteiro da tempada, o que poidemos ver neste partido da xornada 24 da Primeira RFEF no estadio "El Prado" de Talavera de la Reina.
Nin os máis vellos en Espiñedo recordan ver nove goles nun mesmo partido, asi de imprevisible e tolo é o fútbol, o Arenteiro goleou ao Real Avilés con "hack trick" de Mingo, e outros tres auténticos golazos de Ferreiro, Bastida e Chuca.
Cando a afección do Arenteiro xa saboreaba un triunfo que sería máis que merecido, unha desafortunada acción en defensa no m. 92 na que o mal estado do terreo de xogo tivo moita culpa, privou ao verdes do triunfo ante os xóvenes cachorros do Atletic Club.

Páxinas