Deportes

O Arenteiro volverá desputar unha final da Copa Deputación, que gañou unha soa vez, no ano 2002. O vindeiro domingo dia 7 de Xuño, ás seis e media da tarde no campo do Couto, terá ocasión de gañar a segunda da historia ante a S.D. Bande. Os carballiñeses plántanse nesta final tras superar con solvencia ao Barbadás B por un global de 4-0 en semifinais.
Baixou o telón a liga 2014-2015 e o Arenteiro fixoo con derrota ante os pontevedreses do Marcón AT., que se xogaban a vida neste partido na derradeira xornada de liga nesta súa primeira visita oficial ao Estadio de Espiñedo, que na liña de toda a liga, volveu rexistrar unha gran entrada no graderío.
Os verdes despidense da competición de liga este domingo dia 24 de Maio, no Estadio de Espiñedo, desde as seis da tarde ante o equipo pontevedrés do Marcón At. O Arenteiro chega a este derradeiro partido de liga cos deberes xa feitos desde fai varias xornadas nas que asegurou a permanencia, polo que volverá militar na Preferente para a vindeira tempada.
Os verdes sumaronse á festa preparada polo Estradense como despedida de tempada no novo campo municipal da Estrada, con boa entrada e ambiente festivo, charanga e merenda incluida. O Arenteiro, que pudo adiantarse no marcador aos 3 minutos nun penalti lanzado por Sanginés que desviou o porteiro local, entregou despois o partido e no minuto 23 os locais xa gañaban 3-0.
Arenteiro e Verín xogaron un partido moi igualado e condicionado no marcador final por unha lamentable arbitraxe de Daniel Hernández, do colexio de Ourense, que cometeu tres graves erros, anulando dous goles legais ao Arenteiro aínda co 0-0 no marcador e tragandose un penalti de libro na área do Verín. Non se trata de xogadas dubidosas, senón de erros arbitrais moi claros.
Lalin e Arenteiro repartiron puntos no partido xogado no Manuel Anxo Cortizo, un punto que certifica a consecución da permanencia matemática na categoria para ambos equipos, que volverán a vindeira tempada encontrarse na Preferente Autonómica.
Un gol de Manu tras unha gran xogada de Brais e o resultado final foron o mellor do partido para un Arenteiro que non estivo fino neste primeiro encontro de semifinais de Copa Deputación xogado no Estadio de Espiñedo, que igual que no resto da tempada, volveu rexistrar unha moi boa entrada de afeccionados.
Outros 3 puntos que o Arenteiro suma para lograr a permanencia na categoria, tras vencer a un bo equipo como resultou ser a Unión Deportiva Atios de Porriño. Os visitantes neutralizaron o gol co que Arenteiro se adiantou no marcador para chegar ao descanso con co partido empatado, pero unha gran segunda parte dos verdes decidiu con claridade o partido, deixando o 3-1 final no marcador.
A palista do Club Fluvial Avión conseguíu unha meritoria medalla de plata na copa de España de Piraguismo de mil metros, celebrada no encoro asturiano de Trasona. Mónica Piñeiro competía coas mellores de España na categoria de veteranas. Outro palista do Club Fluvial Avión, Pedro Andrés, clasificouse en 6ª posición na semifinal da categoria masculina de 35 a 39 anos.
Pode soar a tópico, pero o fútbol ás veces resulta inxusto, e desta vez foino co Arenteiro, que durante 75 minutos do partido foi mellor que o Porriño Industrial. Pero ao final, os locais marcaron nunha das 3 ocasións de gol que tiveron durante todo o partido, o Arenteiro gozou de 7 e non marcou en ningunha. En consecuencia, regreso a O Carballiño cunha derrota.

Páxinas