Deportes

Os verdes despiden a primeira volta da liga en Preferente cunha derrota na súa visita ao Marcón Atlético pontevedrés, probablemente no partido a domicilo máis flouxo do Arenteiro no que vai de campionato.
O equipo da Estrada levouse de Espiñedo o premio dos tres puntos ao marcar no minuto 92 nun partido típico de Preferente, moi trabado e marcado pola igualdade no terreo de xogo. O resultado cortalle ao Arenteiro unha racha de dous meses imbatido.
A Carreira superou o medio millar de participantes, aínda que o gran éxito estivo na solidariedade mostrada polos atletas, que entregaron centos de quilos de productos de alimentos, que recolleron voluntarios de Cáritas Parroquial do Carballiño e da Cruz Vermella local.
O Arenteiro cumplíu o guión e supera a eliminatoria de octavos de final da Copa Deputación, a partido único, xogado no campo do Novo Aguillón, no que os valdeorreses plantaron cara na primeira media hora, pero que o Arenteiro sentenciou sen problemas cun gol en cada parte.
Empate sen goles no Estadio José Argiz de Verín, nunha tarde de moita néboa na que o Arenteiro regresa a O Carballiño cun punto que, tal como se desenvolveu o partido, case sabe a pouco. Non obstante, con éste en Verín, os verdes prolongan a súa racha e suman xa 7 partidos consecutivos sen perder na competición de liga en Preferente.
A Espiñedo, que presentaba unha gran entrada de afeccionados, chegaba o potente Lalín, un dos claros favoritos ao ascenso. Esperabao un Arenteiro sen complexos que venceu con todo merecemento, incluso o tanteo pudo ser superior ao seu favor. Os carballiñeses prolongan asi unha magnífica racha de resultados, dous empates e catro victorias nos últimos seis partidos.
A partir de agora os afeccionados de Club Deportivo Arenteiro terán información en tempo real dos partidos que xogue o primeiro equipo. Para elo tan so terán que instalar unha descarga gratuíta da app gooligans no teléfono móbil, e tamén noutros dispositivos como tabletas ou ordenadores.
Incontestable victoria dos verdes na súa visita ao campo da Unión Deportiva Atios, no Porriño, onde Club Deportivo Arenteiro fixo un partido moi completo, soberbio na zona de cobertura, traendose os tres puntos para O Carballiño.
A concellaría de deportes, xunto con Cáritas e Cruz Vermella, organizan a carreira solidaria do Arenteiro, que chega á súa VI edición, e que terá lugar o pròximo 28 de decembro, sobre un percorrido de 10 quilómetros polo municipio carballiñés.Na elaboración da ruta colaboran tamén o ximnasio Korpore e o Club de Atletismo Arenteiro.
Club Deportivo Arenteiro e Porriño Industrial, que chegaba a Espiñedo como cuarto clasificado, empataron a un gol en partido correspondente á 14ª Xornada na liga de Preferente. Adiantaronse os visitantes no incio da segunda parte e empataou para os verdes Dani Vázquez no minuto 65.

Páxinas