Deportes

A victoria ante o Unión Grove mete ao Arenteiro na loita para salvarse do descenso, tras os 3 puntos ante os grovenses queda antepenúltimo  na clasificación, aínda que agora a tan só 4 puntos do Verín C.F., o equipo que marca a liña para conservar a categoria, polo menos para librarse do descenso directo.
Un gol en propia meta dos carballiñeses no minuto 22 fixo que os carballiñeses tivesen que encarar o partido co marcador en contra, que acabarían por ampliar os locais co tempo xa cumplido, no minuto 92.
Xa no tempo engadido, cando se xogaba o minuto 93 de partido, conseguiu o Arenteiro resolver ao seu favor o encontro de colistas desputado no municipal de Espiñedo, no que se enfrontaban o penúltimo e antepenúltimo clasificados. Providencial regreso ao equipo do dianteiro Iglesias que marcou os dous goles locais.
A derrota ante os pontevedreses, un rival directo na loita pola permanencia, deixa ao Arenteiro nunha moi difícil situación tras perder un partido que era clave para conservar as opcións dos carballiñeses para seguir con vida nesta liga.
Os verdes regresan de Ribadumia cun punto que sabe a pouco, xa que tal como se desenvolveu o partido o Arenteiro pudo dar a campanada e conseguir a victoria, non obstante o empate ten o mérito de logralo no campo dun equipo que levaba nos últimos meses conseguido 19 puntos de 24 posibles.
Nin o Arenteiro mereceu tan severa derrota nin o Arousa un premio tan grande, pero cando un equipo -neste caso o carballiñés- está en recha negativa parece que todo é moito máis difícil para quen a padece e moito máis fácil para o rival.
O C.D. Arenteiro non soubo resolver un encontro no que foi sempre por diante no marcador e rematou empatando, os carballiñeses poideron sentenciar durante unha primeira parte que dominaron claramente, sen embargo tras o descanso pasou de dominador a deixarse dominar e ao final pagouno perdendo dous puntos.
O vindeiro  día 20 de xaneiro terá lugar o “XIII Cross Popular Concello de Boborás”, que inclúe a proba de Canicross que este ano ao igual que o anterior puntuará dentro da Liga Galega desta modalidade e que vai xa pola súa V edición.
Non mereceron os carballiñeses esta derrota ante o colider da categoria no primeiro partido do ano en Espiñedo e tamén primeiro partido da segunda volta da competición de liga na Preferente Autonómica. C.D. Arenteiro: Macia, Prada, Xurxo ( Escudero ), Dabarca, Tazos, Iago ( Gabriel ), Piñeiro, Dacosta ( Bardelás ), Kennedy, Martín e David Soares.

Páxinas