Unha segunda parte tonta do Arenteiro deixou escapar outros tres puntos de Espiñedo, que está sendo un auténtico chollo para os equipos visitantes, desta foi o Ribadumia quen se impuxo con toda xustiza e foi merecedor incluso dunha victoria máis ampla, se temos en conta as ocasións creadas por unhos e outros no cómputo do partido.
Deportes
Sen excesos, ó práctico e tamén con algo de fortuna, asi se presentou o Arenteiro este sábado en Eiroás, onde calquera resultado que non fose a victoria sería un paso atrás para as aspiracións do equipo carballiñés.
Non saen as contas, cós números da primeira volta non chegan. O Arenteiro cumplíu na súa ultima visita e derradeira xornada da primeira volta do campionato, gañando en Marín 2-3, pero despide a primeira parte do torneo ligueiro con 34 puntos. Outros tantos na segunda volta serían 68, insuficientes.
Por fín unha alegría en Espiñedo, que rexistrou unha boa entrada. Tiveron que pasar tres meses, desde setembro do ano pasado, para que a parroquia carballiñesa volvese ver gañar o Arenteiro, e aconteceu neste primeiro partido do 2010 ante o Gran Peña, ó que os carballiñeses derrotaron con dous goles e nun partido con bó xogo a ráfagas e no que os vigueses tamén tiveron as súas oportunidades.
Un Arenteiro encoraxinado e cunha aptitude moi distinta a amosada o pasado domingo en Espiñedo, con capacidade e boa disposición, sorprendeu no campo do Lourambal atá o esta noite invicto lider da categoria, o Porriño Industrial, que sufríu asi a primeira derrota da temporada.
En 94 minutos de partido o Arenteiro foi incapaz de tirar nin tan xiquera unha vez con perigo entre os tres paos da portería rival, e eso que enfronte tiña ó colista da categoria, o Nogueira de Ramuín, que polo visto no municipal de Espiñedo é un equipo máis propio da primeira rexional que da preferente.
Xusto reparto de puntos no campo redondelán de Santa Mariña, nunha tarde de sábado típicamente invernal, con chuvia durante todo o partido e un terreo de xogo en moi deficientes condicións para a práctica do fútbol. Con este panorama, non quedaba outra táctica que xogar ó pelotazo e eso foi o que fixeron unhos e outros que, asi e todo, puderon marcar algún gol.
Espiñedo viviu unha nova tarde de derrota para o Arenteiro, esta vez foi o Estradense quen se levou os tres puntos, a cuarta vez no que vai de liga, 14 xornadas, antes xa o fixeron Barbadás, Portonovo e Caselas. Se ás catro derrotas sumamos o empate ante ó Cruceiro de Hio, estamos segurante ante o pior Arenteiro como local das últimas temporadas.
A imposiblidade de reunir once xogadores, ante a avalancha de baixas na plantilla, unhos por lesión e outros por enfermidade, levou o C.D. Arenteiro a solicitar a suspensión do partido de liga que este domingo dia 22 tiña que desputar ante o líder Porriño Industrial, no campo do Lourambal de Porriño.
Últimas novas
Últimas denuncias
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- seguinte ›
- última »