Deportes

O campión cántabro da Copa Federación que xa está dende a tarde do martes no Carballiño non estará so este mércores en Espiñedo, xa que serán máis dun centenar de afeccionados desprazados en autocar dende Reinosa os que apoiarán neste partido ao Naval, rival do Arenteiro en dezaséisavos de final da Copa RFEF.
Arenteiro e Real Oviedo Vetusta brindaron un vibrante partido de fútbol á afección verde, que abarrotou o graderío de Espiñedo no que era o regreso do equipo local ao templo do fútbol carballiñés.
O Arenteiro sumou tres puntazos a domicilio na súa visita ao histórico estadio do Malecón, onde xogou moitos partidos na súa etapa en Torrelavega -estaba cedido polo Santander- o mitico futbolista carballiñés José Benito "Cucala".
A sorte acompañou desta vez ao Arenteiro no sorteo da fase nacional da Copa RFEF á que chega como campión galego, toda vez que xogará como local e a partido único a primeira ronda da fase nacional ante o campión cántabro, o Naval de Reinosa, será o mércores 28 de setembro en Espiñedo.
O equipo carballiñés viuse obrigado a xogar o seu primeiro partido como local no estadio do Couto de Ourense, mentres apura a renovación do terreo de xogo de Espiñedo, á espera de poder utilizalo xa no partido ante o Oviedo Vetusta da cuarta xornada na Segunda RFEF.
Se no fútbol fose como no boxeo, o Arenteiro tería gañado aos puntos neste partido que abría a tempada na Segunda RFEF no campo vigués do Vao ante o equipo locatario do Coruxo, porque no cómputo dos noventa minutos os verdes dominaron no xogo e crearon as mellores ocasións para desnivelar o marcador.
Gran partido do Arenteiro ante o Compostela, ao que logrou derrotar por 2-1, na final galega da Copa Federación, o que lle abre as portas ao equipo carballiñés para xogar agora a fase nacional desta competición.
O Arenteiro xogará por vez primeira na súa historia a final da fase galega da Copa Federación, será o sábado 27 de agosto ás 20:00 horas no campo de Baltar, en Portonovo, onde terá como rival ao outro finalista, a S.D. Compostela, que igual que os carballiñeses militan na Segunda RFEF.
O Arenteiro iniciará a liga 2022-23 na Segunda Federación a primeira fin de semana de setembro visitando o campo do Vao de Vigo para enfrontarse ao Coruxo, na segunda xornada recibirá ao Bergantiños nun partido para o que previsiblemente aínda non estará dispoñible o Estadio de Espiñedo, probablemente pida xogálo no Anxo Cortizo de Lalín.
Dende o 26 de xullo xa está en marcha a pretempada do novo curso 2022-23 para un Club Deportivo Arenteiro que, tras o seu debut con éxito na categoria na pasada tempada, encara agora a que ven para que sexa a da consolidación na Segunda RFEF, unha categoria importante e con equipos de moitisimo nivel e a que lle colleu o gusto a afección verde.

Páxinas