¿ Qué lle parece a decisión de converter en peonil o barrio de Flores ?

BEN. Humanizará e revalorizará toda a zona.
57% (110 votos)
MAL. Era innecesaria e empeorará a situación no tráfico.
43% (84 votos)
Total votes: 194

Comentarios

Non se está botando a xente

Non se está botando a xente da vila, o que se está a facer e primar os peóns antes que os coches. Este pobo sempre foi onha "cidade sen lei" respecto o tráfico rodado. Nesta vila aparcábase onde lle saía a un do... A reforma de rúas é moi necesaria no Carballiño, moitas beirarúas non están preparadas para a súa misión: permitir o paso de peóns. ¿De que serve ter unha aceira de 1 metro de ancho, poila cal hai que camiñar en fila india, como ocurre na Carreira?. Ou como pasa na rúa Centro de O Carballiño en Buenos Aires onde, aproveitando que a rúa está o nivel da beirarúa, os coches aparcan erriba desta, impedindo o paso os peóns. O que fai falta nesta vila é educación, se hay unha liña amarela, ou un paso de peóns NON SE PODE APARCAR. En segundo lugar debemos de utilizalo vehículo menos, eiqui vaise tomar café en choche ou mesmamente a mercar o pan. Moitos estamos fartos de sufrir retencións diante dunha céntrica pastelería da vila debido que a xente vai nos seus vehículos a mercar ali e deixa os coche en liña amarela. Mentres que a Policía Local non fai nada. Máis educación vial, menos coche, máis pernas, e moitísima máis educación!!

sumome ós veciños que falaron

sumome ós veciños que falaron hoxe no programa de xan pinal, esgtamos botando á xente fora do Carballiño, a este paso O Carballiño vai moi mal porque ten un problema moi gordo e ninguén quere solucionalo: hai que crear con urxenciias aparcamentos ben coa apertura de novas rúas ou cun aparcamento PUBLICO E GRATUITO como teñen outras vilas, por exemplo Lalín, que stá aquí ó lado, sen ir máis lonxe.

A mi tambien me parece

A mi tambien me parece estupendo peatonalizar Flores y seguramente alguna calle más, por ejemplo, Cánovas del Castillo y seguramente alguna más. De acuerdo, pero ¿dónde aparcamos los coches? lo de este concello es totalmente escandaloso, se suprimen más y más plazas de aparcamiento, y asi llevamos años y años, y digo escandaloso e irresponsable porque no se ha creado ni una solo plaza de aparcamiento, en 15 años no se ha abierto una calle nueva, que se vayan dar una vuelta por poblaciones tipo Carballiño, Lalín sin ír más lejos, e igual aprenden algo. Claro que, cuando priman intereses privados sobre los públicos no es dificil explicar lo que pasa en Carballiño ¿por qué se negaron a promover un parking público en la Veracruz?

Penso que a peatonalización

Penso que a peatonalización do barrio de Flores é necesaria. Vémolo moi preto de nós. Por exemplo en Ribadavia o casco vello é peatonal, pechado con bolardos automáticos para que os residentes poidan acceder as súas vivendas. Son lugares polos que da gusto pasear, certo é que o noso barrio de Flores non é comparable o de Ribadavia ou Allariz, xa sexa pola súa extensión ou pola existencia de locáis comerciáis (excluíndo os bares). No referente ó botellón, o feito de peatonalizar non implicará un amento da afluencia de xente, xa que os rápaces non van en coche ata a Eira cada sábado. O problema reside no Concello e por en na policía Local, pero claro, empezar a multar non da votos, quítaos. E para as próximas eleccións municipáis o PSOE vai necesitalos moitísimo. Penso que todavía non é tarde para potenciar o barrio de Flores, mediante axudas para o establecementos de locáis comerciáis como en Allariz. Claro, para esta idea fan falta cartiños, e o noso Concello non anda moi "sobrado". Debe de existir algunha axuda Europea, pero penso que os nosos gobernantes non adican moito tempo a buscar estas axudas, o que si adican tempo é a estar nos bares, vender fume e mirar cara seu peto ou interés particular.

Peatonalización de Flores =

Peatonalización de Flores = barrio muerto, sin ningún tipo de vida más que el botellón, retrete público de Carballiño y ruidos durane toda la madrugada. y poco más,

Coma veciño do barrio de

Coma veciño do barrio de Florres e participante na reunión do pasado dia , e propósito do declarado polo sr. Barge nesta emisora, quero decir: 1.- A participación dos veciños na xuntanza foi grande, achegandose atá a eira arredor de 40 persoas que tiveron a oportunidade de exporlle ós representantes muncipais os problemas do barrio. A maioria destes veciños non acudiran as reuniós anteriores e mostrabanse moi interesados por coñecer as intenciós do Concello. 2.- Flores presenta diversos e variados problemas , tráfico, aparcadoiros, botellón, casas derruidas...ante esto o Concello pensa unicamente en pechar o tráfico. 3.- Esta medida beneficiosa para unhos, resulta moi perxudicial para outros. En ningún momento plantexaron unha solución conxunta os diversos problemas, de xeito que todos sairamos menos perxudicados. Pola contra, adicanse a solucionar os problemas de xeito individual, sen criterio, sen prazos, sen orzamentos...é dicir, "quitamos o problema de aquí e levamolo alá", xa que os coches, o tráfico e as casas derrubadas van seguir onde estaban: con "bolardos" ou sen eles. 4.- EN NINGUN MOMENTO SE PLANTEXOU OUTRA ALTERNATIVA o peche por parte do Concello, e asi máis que falar de acordo cos veciños teriamos que falar de resignación pola nosa parte, o que levou a que cada ún intentara salvar o seu. 5.- Desde o meu punto de vista o Concello do Carballiño nos últmos anos, estáse a carectizar por unha falta de recursos, que levan a unha paralisis institucional que lle impide acometer obras de envergadura que sexan relevantes para a vida cotía dos seus veciños. Asi, O Carballiño leva anos por detrás de vilas noutro tempo comparables á nosa, coma os casos de Lalín ou Allariz.

Por unha parte mellorará xa

Por unha parte mellorará xa que e un barrio con calles estreitas e que ten que ser peonil, pero por outro lado se non abren a calle que vai dar o ambulatorio para pacer unha especie de circuvalación pode ser un caos. Pero claro aqui non se preveen esas cousas non vaia ser.