Programación
"A maña", con Xan Pinal de 12,30 a 14,30 horas
Programa magacine de cobertura comarcal que se emite a diario, de lúns a venres. Presentado baixo un formato moi flexible, e co estilo persoal de Xan Pinal, ocupase do acontecer municipal nos nosos concellos, a crónica social e necrolóxica, e as entrevistas de actualidade.
Tamén nos facemos eco das inquedanzas veciñais, das nosas manifestacións culturais e tradicionais, o ocio e os pasatempos, alternando información e entretemento. Unha radio comprometida coa nosa comarca e as súas xentes.
Os sábados emítese a edición "fin de semana" de 13 a 14 horas.
"O Tirachinas", con Lolo Carril de 14,30 a 15 horas
Con toda a actualidade e os debates máis intensos do deporte comarcal, coa opinión dos protagonistas, e con especial seguimiento do C.D. Arenteiro, e o resto dos equipos e representates comarcais nas diversas competicións e modalidades deportivas. Con Lolo Carril repartindo xogo, axudado do seu equipo de comentaristas e colaboradores.
"A tertulia" Os venres, de 13 a 14 horas
Repasando como foi a semana no ámbito local e comarcal. Sacandolle "punta" os máis diversos aspectos da vida carballiñesa e comarcal, tratando os asuntos máis polémicos, e os comentarios dos nosos tertulianos:
Maria Luisa Rodríquez, Pablo Lorenzo, Juan Luis Novelle e Argimiro Marnotes, moderados por Xan Pinal.
"Informativos diarios" Matinal: ás 8,20. Mediodia: ás 12,25 e 14,05 horas. Tarde e noite: 19:57 e 22,05 horas.
A actualidade en todos os concellos do noso ámbito de cobertura informativa, contada con rigor e independencia.
Departamento Comercial
A información comercial, empresarial, e de ocio, emítese diariamente tanto en horario local como en cadea, xa que a nosa emisión complétase as 24 horas coa programación en cadena do grupo COPE, de maneira que cada media hora realizanse desconexións locais, nas que se emiten cuñas e microespacios contratados polos nosos clientes.
O Departamento Comercial, que dirixe Cárlos Gómez, presentarálle a mellor oferta publicitaria para a súa empresa ou negocio, atendendo e asesorándolles nas súas necesidades promocionais e publicitarias.

