O alcalde de Piñor publica un bando no que se advirte á poboación "que non debe utilizarse a auga da rede municipal para uso alimentario", ata novo aviso.

O motivo desta advertencia está no resultado da analítica realizada e na que se confirmou unha incidencia "na rede de distribución relativa ao parámetro dos Ácidos Haloacéticos (HAH).
Desta maneira, o bando manifesta que "en cumprimento do Real Decreto 3/2023 do 10 de agosto, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios da calidade da auga de consumo, faise saber que se restrinxe o uso da auga de consumo a calquera actividade, de xeito que a auga non se debe inxerir nin utilizar para o uso alimentario mentres no se normalicen os valores do parámetro".