Aberta a inscrición no PAI de Boborás

24, Xuño 2012

O Concello de Boborás ven de abrir o prazo de matricula para o Punto de Atención á Infancia (PAI) para o curso 2012-2013. A data límite para facer a inscrición remata o vindeiro 27 de xullo.

 As familias interesadas poderán solicitar información e cubrir a solicitude de inscrición nas oficinas do concello ou no propio Punto de Atención á Infancia situado no recinto do CEIP “Nosa Señora de Xuvencos”.

O prezo para aqueles nenos e nenas que están empadroados/as no concello de Boborás é de 30 euros ao mes por xornada completa, mentres que aqueles/as que non o están teñen un prezo público de 45 euros. Así mesmo existen bonificacións do 25% no caso de familias numerosas e do 50 % cando se ten máis dun/dunha neno/a matriculado/a no PAI.

Para máis información poden chamar as oficinas do concello ao 988402600-988402008 en horario de 8.30 a 14.30 horas.