Afíns ó bng carballiñes mostran o seu malestar polo anuncio de pacto de goberno cos socialistas

Data: 
14/6/2009

Simpatizantes e persoas afíns ó bng carballiñés están trasladando ós responsables deste grupo municipal o seu malestar polas negociacións que se están levando a cabo co psoe para acadar un pacto de goberno no Concello do Carballiño. Malia que a dirección local do bng consultou á militancia nunha asemblea local e conta inicialmente coa a súa aquiescencia para negociar cos socialistas un goberno bipartito, o certo é que nos últimos dias son numerosas as persoas próximas ó bng que veñen manifestando o seu rexeitamento ante este anuncio, que está a despertar certo recelo nos ambientes afíns ó bng carballiñés. "Onte mesmo chamei persoalmente a Amil paa preguntarlle que estaba pasando e manifestarlle a miña opinión totalmente contraria o acordo que se pretende", comentaba unha destas persoas, "sumiron o Concello nun caos económico e político e agora veñen pedir socorro, atá agora estiveron ninguneando o bng, non o entendemos". Estas reticencias que se están detectando entre o electorado nacionalista máis fiel, podería facer reflexionar ós concelleiros do bng, que non son alleos a esta realidade, e saben que os remisos a asinar un pacto de goberno con psoe son numerosos nestes momentos no entorno nacionalista.

Mentres, as negociacións poden entrar nunha fase decisiva esta mesma semana. Os negociadores do Bng presentarán un compromiso de mínimos que deberían asumir os socialistas, e no que entrarían a realización dunha auditoria das contas muncipais e un plan de pago ós acreedores do Concello. Tamén está ainda por decidir o reparto de áreas entre unhos e outros. No bipartito que ambos protagonizaran entre 1995 e 1999, o bng daquéla con 3 concelleiros, ún memos dos que tén na actúal corporación, tivera ó seu cargo as concellerías de obras e urbanismo, medio ambiente e servizos sociais, e a primeira tenencia de Alcaldia.

 

 

Comentarios

Un pacto de gobierno favorece

Un pacto de gobierno favorece tanto a PSOE como al BNG y perjudica, en consecuencia al PP. Y es que la lectura es muy sencilla, la actúal fórmula con el PSOE Y EL POST-PACHISMO está agotada, no dá más de sí, escuches a quien escuches, salvo a los que ya están con ellos, te dicen lo mismo: la gente quiere un cámbio y no solo de personas. Si esto sigue asi hasta las próximas elecciones municipales, no sería descabellado pensar que el PP tendría grandes posiblidades, muchas, de ser el más votado aún sin llegar a la mayoria absoluta pero probablemente el más votado. Y claro ¿que pasaría entonces? pues seguramente, podría gobernar en minoria, y el BNG volvería estar condenado a seguir en la oposición. Asi que si ahora ya llegan a un acuerdo BNG-PSOE aunque ambos perderán votos, y muchos en las próximas muncipales, muchos pero insufientes para que no puedan entre los dos sumar 9 concejales en los que está la mayoria, y asi podrán en ese momento reeditar su pacto, el el PP seguirá en la oposición otros cuatro años. Es decir, es una cuestión de supervivencia política no solo para el BNG, también los es para el Psoe. Por eso no tienen otra salida más que entenderse aunque no se puedan ver ni en pintura.

QUE NON CUNDA O PÁNICO, ESTA

QUE NON CUNDA O PÁNICO, ESTA TARDE COMENTARONME QUE O BNG VAI DAR MARCHA ATRÁS, QUE ESTÁN DETECTANDO UNHA GRAN CONTESTACIÓN ENTRE O ELECTORADO E POSIBLEMENTE O PACTO NON VAI IR ADIANTE, SINCERAMENTE CREO QUE SERÍA O MÁIS SENSATO. EN TODO CASO, SERÍA BÓ QUE O BLOQUE FALASE E CON LUZ E TAQUÍGRAFOS EXPLICASE EN QUÉ CONDICIÓNS ESTÁN NEGOCIANDO, PORQUE DESDE QUE SAIU ESTO AÍNDA NON ESCOITEI NINGUNHA INTERVENCIÓN NIN DE AMIL NIN DO RESTO DO GRUPO, E NON ME PARECE QUE ESTE SILENCIO SEXA O MÁIS RECOMENDABLE, MESMO PARA OS INTERESES DO BLOQUE.

Xa estou canso, porque

Xa estou canso, porque sabedes: poida que haxa investigación sobre a caneira, pero a culpa será de alguén menos dos políticos gobernantes; poida que haxa auditoría, pero a culpa será de algúen menos dos políticos gobernantes; poida que se lle paguen ós acreedores, pero a culpa do seu retraso será de algúen menos dos políticos gobernantes; poida que se derrumben os áticos ilegais, pero a culpa de autorizalos será de alguén menos dos políticos gobernantes; poida que se solucione o da nave de protección civil, pero a culpa de ubilaca ahí será de alguén menos dos políticos gobernantes... e así, con tantos temas, que ó final chegamos a mesma conclusión a culpa será de alguén menos dos políticos gobernantes. Polo que, prego que apoiemos e recemos por eses alguéns ós que os políticos gobernantes van a botarlles a culpa. Dios, Alá, Buda, Shiba estén con eles. Amén.

Como votante do BNG dende que

Como votante do BNG dende que acadei a maioría de idade expreso a miña total repulsa a un pacto BNG-PSOE. O BNG non está para sacarlle-las castañas do lume os fenómenos socialistas. O Sr. Amil tivo a oportunidade de ser alcalde, moitas veces hai que ir a favor da vila e deixa-las órdes de partido a un lado, pero non a aproveitou. Ainda sigo vendo con bos ollos un pacto PP-BNG no Carballiño, sexa Amil ou Argimiro o alcalde. Se finalmente acádase o pacto PSOE-BNG penso non volver votar máis o BNG, e creo que coma mín, moitos veciñós/as farán o mesmo. Fdo. Votante do BNG defraudado.

QUE POUCA MEMORIA TEÑEN OS DO

QUE POUCA MEMORIA TEÑEN OS DO BNG, PRIMEIRO OS DO POSE ABOFETEANOS A SAIDA DO PLENO, ¿OU NON VOS LEMBRADES DO LAPOTE QUE RECIBIU O DOBARRO? E DESPOIS DA DENUNCIA QUE LLE PUXO O EDELMIRO AO BERNARDO? E AURIA DE PRECASA, NON SE ACORDA DE CANDO A PUXIERON CONTRA A PAREDE A SAIDA DE OUTRO PLENO? E AGORA VAN A DARLLE OS NOSOS VOTIÑOS AO PSOE. E QUE ME DECIDES DO AMIL? DICINDO QUE SO GOBERNARIA SI FOSE ALCALDE?. O MILLOR QUE PODRÍAN FACER E IRSE PARA A SUA CASA E NON AVERGONZAR A SEUS VOTANTES. NA VIDA NON TODO VALE E NA POLITICA TAMPOUCO. SAUDOS, ROXELIO

E digo eu, collerán os do BNG

E digo eu, collerán os do BNG a Área de Medio Ambiente para desenterrar os cans da Medela ou enterrarán o conto e non haberá comisión de investigación? E volvo dicir, a auditoría será real ou quedará en nada coma o da nave de protección civil? E sigo dicindo, pecharán a emisora local como dicían ou... E, que pasará coas débedas dos veciños en primeiro lugar e do resto dos provedores? E o ático do Ramón, en que quedará a cousa? E o concelleiro de obras e a de facenda seguirán ou pola contra... liscarán. Quen o soubera a esta hora, pero todo seguirá coma sempre, só entran novos títeres na titiritada á que estamos afeitos. Ogallá entraran para gobernar, pero é posible que entren para apoiar o gran desgoberno instalado no concello. Por favor Amil non nos defraudes. Asinado: Votante de toda a vida do BNG

Eu votei o BNG no 95, tiñamos

Eu votei o BNG no 95, tiñamos ilusión por un cámbeo neste pobo despois dun ciclo de 14 anos con distintos partidos pero practicamente coas mesmas persoas. No 99 deixei de votar o BNG porque o primeiro bipartito xa foi unha gran decepción por moito que digan, o pachismo comezou a campar ás súas anchas, e non creo que teña que facer aqui un recordatorio da época e do que foron despois estos 14 anos que levamos de pachismo, un copia ruín do baltarismo. Volvín recobrar a confianza nun BNG CRÍTICO no 2003 con Chema de Candidato, e xa aínda máis convencido con Amil no 2007. Hoxe fago pública a miña nova decepción. Non me explico como se pode tropezar dúas veces na mesma pedra. Qué magoa !

Non o entendo. Tiñamos tantas

Non o entendo. Tiñamos tantas esperanzas en que o BNG de unha vez por todas plantara cara a esta xente, e, ahoga, van e intentan pactar. Non o entedendo. Ides coller un Concello sumido no absoluto caos, non só a nivel económico, senon a nivel de persoal, de servizos sociais e públicos, de tráfico, etc, etc. Non o entendo. Queredes gobernar, pois facelo, en minoría, pero facelo. Xa non é tanto pola confianza que tiñamos en vos, senon pola vosa conciencia. ¿ou ides coller a Concellería de Facenda? Porque senon estades máis vendidos... Non o entedo. Cómo lle ides a explicar a esa xentiña que tantos cartos lles deben, que os ides a apoiar nun novo proxecto. Polo momento, xa estades cedendo e aínda non estades gobernando; qué pasará despois. Non o entendo. De verdade volo digo non o entendo.

CONCELLEIROS DO BNG DADES

CONCELLEIROS DO BNG DADES PENA E PENSAR QUE VOSOS VOTANTES CREIAMOS LA HONRADEZ E NA ETICA VOSA. PENSADEO BEN AMIGIÑOS POIS O QUE SE DA SE QUITA. ME IMAXINO QUE A AMIL DIMITIRA NO MOMENTO DA FIRMA DA NEGOCIACIÓN, ESTA OBRIGADO A FACELO SENON NON SEN CON QUE CARA MIRA A XENTE DE ESTO POBO QUE CONFIAMOS EN IL. BERNARDO QUE PASA COA CANCEIRA, NON TE DEIXAN LADRAR? CREO QUE TE DIN NON FALES BERNARDO TI CALADIÑO, SOBRE TODO CO MEDIO AMBIENTE, E NAVE DE PROTECCION CIVIL, E OS CONTENEDORES DA PRAZA DE ABASTOS, E AUDITORIA, E A POLITICA DE PERSOAL, E OS PRESUPOSTOS, E O PAGO A OS PROVEEDORES, E TANTAS E TANTAS COUSIÑAS, E O EURO DO EDELMIRO, .... RESULTADES PATETICOS SAUDOS BEGOÑA MAZA

Despois do traballo que ten

Despois do traballo que ten levado o grupo do PSOE para agochar as trapalladas que teñen debaixo da alfonbra, non creo que se presten a dar contas, con luz e taquígrafos, por moito que o esixa o BNG. Nesas condicións, o Bloque gañaría mais votos expulsando o PSOE da alcaldía que facendo acordos con eles, porque sería a única maneira de saber o alcance do expolio. Para o Carballiño, con un goberno do PP na Xunta, sería mais beneficioso un acordo con este partido, porque os cartos que repartiu o PSOE xa os dilapidaron e agora solo resta administrar as deudas.

A min dixeronme que a gran

A min dixeronme que a gran diferencia nas negociacións está no euro que o Edelmiro lle pediu ó Bernardo seica que por faltarlle ó honor, parece que aquí radica a gran diferencia entre os dous bandos. E tamén me soplaron que a solución podería estar en que cada ún dos dez concelleiros restantes do futuro goberno a escote pericote poñan dez céntimos do seu peto e problema acabado. Despois, xa se subirían unhos puntiños por enriba do ipc nas dietas e pagas que reciben do Concello, e aquí paz e despois gloria. Enfín, alá eles...

Ao BNG, non lle queda outra

Ao BNG, non lle queda outra alternativa que intertar arrumar a situación, non é facil, pois governar co apoio do PP, sería un suicidio. Pois apesar de que nos concellos probablemente se conoscan as persoas, e hoxe por hoxe non hai diferenzas entre PP e Psoe. por encuanto o psoe ainda esta un pouco mais a ezquerda, pois o que ten feito o PP con o tema da lingua é algo que non se pode indignante, e penso que o PP de Carballiño ten algo que decir en este tema. Non nos esquezamos que o BNG non pode governar solo, e o Carballiño, non debe seguir nun desgoverno total como o que está ocurrindo, e o BNG non debe mirar para o outro lado. Eso non que dizer que o BNG teña que pactar a cualquer prezo. De haber un pacto penso que dependerá da vontade do PSOE de cumplir coas súas obligacións. A única solucion para que o BNG governe solo é que todos os simpstizantes arrimen o ombro, e convenzan aos votantes de que o BNG só quere o mellor para o Carballiño. Unha pregunta para os do Pp e os de Galicia Bilingue. ¿ porque en Castilla se fala o Castellano, e en Galiza non se pode falar o Galego? ¿ Porque en Europa non se fala o Europeo? esta pregunta ven polo de En España se fala o Español ¿ Cal é o Español? ¿ O Castellano?

GUSTARIAME DECIRTE QUE OS

GUSTARIAME DECIRTE QUE OS NACIONALISMOS CURANSE VIAXANDO. DITO ESTO, AS PERSOAS QUEREMOS LIBERTADE PARA EXPRESARNOS NO IDIOMA QUE NOS DE A GANA. XA ESTA BEN DE TANTA IMPOSICIÓN, O QUEIRA FALAR GALEGO QUE FALE GALEGO E O QUE QUEIRA FALAR CASTELAN QUE FALE CASTELAN. ¿QUEN DI QUE NON SE PODE FALAR GALEGO? MENOS DEMAGOXIA. LIBERTADE PARA FALAR A LINGUA QUE UN ELIXA., NON SE TRATA DE IMPOÑER NIN UNHA NIN OUTRA. VECIÑA BILINGUE