Agustín Hernández asegura que a Xunta non decidirá a ubicación da incineradora "ata que non teñamos a proposta concreta"

1, Marzo 2012

O Conselleiro de Medio Ambiente fixo estas declaracións no transcurso da visita institucional que realizou ao Concello de Beariz " a dia de hoxe non temos ningunha documentación a maiores, entendo que se a empresa propuxo o Concello do Irixo, presentará a documentación, pero insisto que a dia de hoxe non presentou nada".

Agustín Hernández aclarou que a intención da Xunta de Galicia é cumplir os prazos fixados no plan de residuos de Galicia "temos que cumplir o plan de residuos, existe unha empresa que é Estéla Eólica, e xa o dixemos o dia 5 de decembro, que propuxo á Xunta de Galicia unha ubicación nun concello, non unha ubicación concreta", salientou.

Preguntado por COPE O Carballiño sobre a postura institucional tanto do Concello do Carballiño como da Deputación de Ourense en contra desa ubicación anuncidada no municipio do Irixo para instalar esa planta de residuos, O Conselleiro suliñou "o que dixeron é que non consideran axeitada unha ubicación que tiña tratada a empresa cos veciños dunha parroquia do Irixo, nós, cando teñamos esa proposta concreta, analizarémola e avaliarémola có concello onde se atope ese proxecto, e se ese proxecto que presente -se é que o presenta- non cumplise as condicións, a obriga da Xunta de Galicia sería buscar unha ubicación e cumplir o plan de residuos", remarcou.