Cepsa instalará unha planta de envasado de gas en Maside

29, Marzo 2011

A empresa Cepsa instalará no municipio de Maside unha planta de envasado de botellas GLP, botellas de gases licuados do petróleo. O GLP é unha mestura de butano e propano e outros hidrocarburos. Esta nova planta ubicaráse no antigo aparcadoiro da estación de ferrocarril da Estación de Maside, nunha parcela adquirida por Cepsa Gas Licuado ó Adif.  Precisamente, o transporte deste tipo de gas faise fundamentalmente a través do ferrocarril.

O proxecto atópase en periodo de exposición pública no Concello de Maside, dando cumprimento ao decreto que regula a avaliación de incidencia ambiental, e ós efectos de presentación de posibles reclamacións ou observacións que se consideren oportunas. O expediente pode examinarse no Concello de Maside atá mediados do vindeiro mes de abril.