A Concellería de medio ambiente asegura que todas as fontes do Carballiño son sometidas a controles sanitarios periódicos

28 Sep 2009

"O Concello do Carballiño é recoñecido a nivel autonómico e estatal polos seus afluentes naturais, unha parte dos que son de características minero-medicinais", pon de manifesto a través dun comunicado a Concellería de Medio Ambiente que tamén aclara que "no afán de informar  á poboación colocou dous tipos de carteis", os de "auga non controlada sanitariamente" que indican que a auga transcorre de maneira natural e non está clorada, e outros coa lenda "auga potable" cando a auga está clorada e procede da rede de abstecemento municipal. Tamén se asegura que todas as fontes municipais son sometidas a controles sanitarios de forma periódica. As aclaracións do departamento municipal de Medio Ambiente  teñen, seguramente, que ver coa denuncia pública que na súa páxina web ven de facer A Asociación Ecoloxista "Matar por Matar Non".

No informe ecoloxista chámase a atención sobre a que se entende é "chocante proliferación de carteis colocados polo Concello Carballiñés ó lado das fontes do municipio, o que chama a atención "dos desconcertados visitantes al constatar que pese a la abundante publicidad calificando a O Carballiño como vila termal y balnearia, tal hecho constata con el abandono sanitario de las innumerables fuentes que encontramos en la villa", manifesta o grupo ecoloxista, que ademáis considera que a maioria das fontes están abandoadas, secas e sucias, e polo tanto sen o debido control sanitario. Unha situación da que son culpables -remarca esta asociación- os xestores políticos locais e a súa desidia. O manifesto completo pode verse no enlace http://www.matarpormatarnon.org/node/901

 

Comentarios

Sabendo o que fai a señora

Sabendo o que fai a señora concelleira pola canceira é totalmente creíble que tódalas fontes esten sometidas a "estrictos" controles de sanidade

Pois se os cartéis

Pois se os cartéis informativos refirense a que (cito textualmente) "a auga transcorre de maneira natural e non está clorada" a Concelleria de Medio Ambiente non terá problema en mostrar públicamente os análises feitos dende que comenzou a instalación dos cartéis informativos nas fontes (non recordo cando empezaron a poñelos, pero conto máis dun ano), xa que (e volvo a citar textualmente) "todas as fontes municipais son sometidas a controles sanitarios de forma periódica". Respecto o estado das fontes, é totalmente vergoñento que estean así. Pero vendo a preocupación que amosa a nosa Concelleira de M. Ambiente na limpeza da vila, é normal que estean así.

Independientemente de que os

Independientemente de que os carteis teñan simplemente carácter informativo, como afirma a concellería de medio ambiente, o que é incuestionable, e todos podemos velo, é a mala imaxe que da O Carballiño neste aspecto, non hai máis que ver a ¿fonte? da prza da Mina, seca e non poucas veces con lixo acumulado no entorno, igual que a fonte do Cornubal, as maís das veces chea de lixo e limpeza. E así podiamos seguir, desde logo que non é a mellor imaxe para unha vila termal e balnearia.

Aínda ben que nos quedamos

Aínda ben que nos quedamos tranquilos co comunicado emitido pola concellería de medio ambiente. Agora, gracias a sua probada credibilidade, sabemos que todo era unha broma, a auga está tan controlada que cando din "non controlada" solo querían dicir que non ten cloro...menos mal. Como eles din, foi por culpa do seu afán en informar. Estas cousas xunto coa reunión que fixeron no concello os persoeiros responsables polo noso ben estar, fan con que os veciños poidamos durmir tranquilos sabendo que, incluso a gripe "A", pouco ten que facer no Carballiño, porque os nosos esforzados, competentes e sabios administradores están vixilantes polo noso ben estar, así como xenerosos na sincera e abundante e as veces excesiva, información que nos prestan.