"Fai O Irixo" elixe a Florentino Pérez Bernárdez como o seu candidato para a alcaldía

30, Marzo 2015

A convocatoria de primarias de "Fai O Irixo" resolveuse coa proclamación de Florentino Pérez Bernández como candidato á alcadia  para as vindeiras eleccións municipais no concello do Irixo.

Nos seguintes postos desta candidatura veciñal figuran Silvia Fernández, Antonio Nogueira, Digna Fernández, Victor Gil, Kevin Cela, J. Alexandre Taboada, Fina Fernández e José A. Nogueira.

A candidatura está formada "por persoas que representan ben a poboación do Irixo, mulleres, persoas xubilidas, xente nova, e hai representantes de todas as zonas do concello, o que garantirá que todos os sectores terán xente próxima para informar dos seus problemas e achegar ideas e solucións para afrontalos", subliñan.