Fanse pasar por Inspectores de Facenda e rouban 375 euros e xoias nunha vivenda carballiñesa

12, Maio 2011

A víctima foi unha veciña da rúa Testeiro, de 82 anos de idade, recibíu no seu domicilio a dous descoñecidos que se presentaron ante a muller como Inpectores de Facenda e có pretexto de facer unhas medicións para o catastro. Mentres ún dos individuos entretiña á muller no patio da casa, o outro aproveitou para apoderarse no interior da vivenda de 375 euros en efectivo e varias xoias de ouro. Os feitos ocurriron sobre as 10 da mañá, e posteriormente a victima do roubo presentaba unha denuncia ante a Garda Civil. Os ladróns tamén se levaron diversa documentación, que horas despois foi atopada nunha leira de patacas, no entorno da casa.