A Fiscalia pide a libre absolución dos ecoloxistas denunciados por entrar sen autorización na canceira

19 Oct 2009
Os protagonistas do xuizo
O xuizo quedou visto para sentencia, despois de que tanto a defensa como a fiscal pedisen a libre absolución dos ecoloxistas ós que se lles acusaba de entrar sen autorización á canceira da Medela. A denuncia fora presentada polo traballador do departamento de medio-ambiente  e encargado das instalacións, José Angel Hermida, contra catro ecoloxistas pertecentes as asociacións Amigos da Terra, Matar por matar non e Adega, que o dia 3 do pasado mes de marzo acudiran á canceira para interesarse polo seu funcionamento, do que viñan facendo un seguimento desde tempo atrás. Ese dia, ademáis encontraronse coa existencia dunha fosa na que estaban depositados varios cans mortos, o que dera lugar a unha investigación do Seprona na que se certificara tanto a existencia desta fosa como doutras irregularidades no funcionamento deste servizo municipal, asi como a desapariciòn de 76 cans. Nos dias posteriores, o traballador municipal denunciara ós ecololxistas por entrar sen permiso nas instalacións. No transcurso da vista oral, o denunciante recoñeceu que non coñecia ós ecoloxistas e que foran axentes da Policia Local os que identificaran posteriormente ós denunciados, e tamén adimitíu que no día de producirse os feitos que motivaron a denuncia non existía cartel algún que indicase a prohibición de entrada ó recinto municipal. Pola súa parte, os ecoloxistas manifestaron que detrás da denuncia agochabanse criterios políticos, en referencia ós responsables municipais do Carballiño e coa idea de "amedrentalos" na súa labor de control e denuncia pública de todas as irrregularidades que veñen delatando en relación á canceira do Concello do Carballiño. Tamén aclararon os ecoloxistas ante a Xuíz que non existía ningún tipo prohibición que advertise desta circustancia para acceder a estas instalacións públicas. Ó xuizo non compareceu ningún representante do Goberno Municipal.

Comentarios

Bernardo endosate la

Bernardo endosate la concelleria de medio ambiente que vas hacer con tu compañera Mª Jose. Vas a seguir denunciando lo da la perrera o Pachi de dijo quietecito ahora que te doy obras? Carballiño pensaba que eras de outra calaña

Dende o anonimato sempre hai

Dende o anonimato sempre hai opinantes atrevidos.Supoñemos que Bernardo manterá a súa liña constructiva de defensa do Medio Ambiente: animais, parque ,rios,etc.Por que non esperar a ver que pasa en vez de sementar suposicións malintencionadas por adiantado?.Ate o de agora ten mantido o tipo.Por qué falas de "calaña" (termo pexorativo)?.Nunca se casou con Pachi nin con Mª José.Dende o seu activismo ecoloxísta nin dende a súa militancia política se vendeu.Salpicar m. dende o anonimato non custa nada. E o problema dos foros , mais viva a democracia ,anque algúns fagan mal uso dela.

Hablas ti de coherencia e

Hablas ti de coherencia e democracia pois hai determinadas actucaións que solo teñen un nome, vamos ver como manten a partires de agora o tipo, canceira, nave de protección civiol, contenedores, e un largo etc........etc................................................