O Arenteiro cubre o trámite gañando en Maceda, 0-2.

12, Febreiro 2012

Un regalo en forma de autogol dos macedanos cando aínda se xogaban os primeiros minutos encarrilou a favor dos carballiñeses un partido que sentenciaría despois Alén logrando o segundo e defintivo gol do Arenteiro.

Partido con moi pouca historia, paupérrimo de fútbol, o que se viu no campo do Cardenal Quiroga de Maceda, cun terreo de xogo de terra, no que o Arenteiro cumplíu o trámite, sumar 3 puntos ante o vicecolista da categoria. A victoria do Arenteiro fraguouse nos primeiros minutos de partido, cando os carballiñeses asediaron a portería local e conseguiron unha renta no marcador que sería suficiente para gañar o partido. A partir de ahí, o resto practicamente sobrou, o Arenteiro limitouse a a ver como pasaban os minutos atá o pitido final, sen pasar por ningún tipo de apuro, xa que os locais eran incapaces de achegarse con perigo á área carballiñesa.

Cos 3 puntos desta tarde ante o C.D. Maceda, o Arenteiro afianzase no segundo posto da clasificación, aínda que non logra abrir brecha có terceiro clasificado, o Ramirás, que goleou a domicilio ao Monterrei por 0-5. Non obstante, trala derrota do Nogueira de Ramuín en Barbadás, os carballiñeses consiguen recortar a ventaxa do líder, que queda agora a 4 puntos na clasificación da 1ª autonómica.