O Arenteiro ofrece a súa pior versión en Pontevedra

22, Setembro 2012

O Pontevedra B derrotou aos carballiñeses por 4-0, con dous goles en cada parte na quinta xornada de liga,  no partido xogado este sábado no sintético do Centro Deportivo da Xunqueira., nunha tarde de fútbol aciaga para os carballiñeses, que foron dominados de principio a fin polo equipo local.

C.D.Arenteiro:  Pachi, Carlos Escudero, Xurxo, Dabarca, Tazos, Gabriel, Bardelás (Cristián, m.69 ), Cancelas (Marcos Sotelo, m. 45), Roberto Dacosta, Iglesias e Javi López.

Goles:

1-0. Minuto 6, Collazo sorprende a Pachi cun tiro a media altura .

2-0. Minuto 42, falta sobre a portería  do Arenteiro e Yago gaña a acción á defensa carbaliñesa enviando o balón sobre o pau dereito.

3-0. Minuto 78, xogada do Pontevedra que entra como quere na área carballiñesa e resolve Buba facendo a placer o terceiro.

4-0. Minuto 83, outra vez Buba aproveita o desconcerto e despiste da defensa e o meta carballiñés, e marca sen oposición.

Comentario: O partido so tivo unha cor sobre o terreo de xogo, o granate dos pontevedreses, o Arenteiro ofreceu a súa pior cara no que vai de tempada, coas baixas de Iago e David Soares, éste último lesionado, saíu ao campo sen actitude para encarar o partido, e foi barrido literalmente  do terreo de xogo polos rapaces do filial pontevedrés. Moi mala imaxe do equipo, que volveu presentarse -como en Arousa- con tan só dous xogadores de campo suplentes, polo que Dacosta so pudo realizar dous cámbeos.