O Carballiño reingresará na Mancomunidade Comarcal de Concellos en 2013

4, Maio 2012

O Carballiño abandonara a entidade intermunicipal o 1 de xaneiro de 2004,  tras decidilo o goberno municipal socialista presidido por Pachi Vázquez. Contra aquela decisión votaran en contra BNG e Partido Popular.

O actúal Presidente da Mancomunidade Manuel Prado e o Alcalde Carballiñés Argimiro Marnotes anuncian agora o inicio do proceso para a reincorporación do concello carballiñés á entidade intermunicipal, e fixan como data para oficializar ese reingreso o 1 de xaneiro de 2013.

A volta do Carballiño á Mancomunidade era ún dos obxetivos do actúal grupo municipal de goberno do Partido Popular. Para o Alcalde, Argimiro Marnotes "a integración novamente neste organismo vai permitir mellorar e abaratar servizos, e ao mesmo tempo manter unha liña de traballo máis profesional, ademáis, non é lóxico que o municipio cabeceira de Comarca non estivera dentro da Mancomunidade que leva precisamente o seu nome".

Os contactos entre os representantes do concello carballiñés e da Mancomunidade continuarán nos próximos meses e nos mesmos "avanzaráse nos distintos trámites para chegar a un acordo definitivo entre ambas partes, entre os puntos a negociar están algunhas modificacións nos estatutos da Mancomunidade, para lograr unha maior pluralidade e representatividade dos concellos que a forman", manifestou o Alcalde carballiñés.