O concelleiro do Psoe, Edelmiro Mateo, denuncia no xulgado ó concelleiro do Bng, Bernardo García, por unhas declaracións en Cope O Carballiño

Data: 
21/5/2009
Edelmiro Mateo

O Concelleiro do Bng  Bernardo García deberá acudir nos vindeiros dias ó xulgado do Carballiño, ó acto de conciliación ó que foi requerido polo tamén concelleiro da Corporación Carballiñesa Edelmiro Mateo, do Psoe,  e titular do departamento muncipal de obras do Concello do Carballiño. O acto de conciliación é o trámite que prevé a lei de enxuizamento criminal no proceso para presentar un querella por inxurias e calumnias. Neste caso, o motivo que levou o concelleiro socialista a presentar esta denuncia no xulgado foron unhas manifestaciós do concelleiro do bloque no programa "A Mañá de Cope O Carballiño", o pasado 28 de abril, nas que criticou a xestión de Mateo como responsable de obras do Concello carballiñés.Ese dia, Bernardo García acompañara os veciños da rúa río Avia, solicitando que se restablecese a legalidade urbanística nesta rúa, na que a construcción ilegal dun muro impedía o paso. Despois, na súa interveción radiofónica, Bernardo García comentou que era " un capítulo máis desta película á que nos tén acostumados Edelmiro Mateo o chapuzas de Ventosa" e referirase a outras polémicas urbanísticas no Carballiño, das que fixo responsable ó concelleiro de obras,  facendo un paralelismo entre Marbella e O Carballiño en cuestión de ilegalidades urbanísticas. Son precisamente estas dúas referencias as que menciona o concelleiro socialista no escrito do acto de conciliación, pedindo que Bernardo García rectifique as súas palabras, e solicitando unha indemnización simbólica de 1 euro.

A principios deste mes de maio, e por este mesmo motivo que agora chega o xulgado, ambos concelleiros protagonizaron un sonoro incidente verbal nas dependencias municipais, que pudo oírse en boa parte da casa do concello, cando o concelleiro socialista lle recriminou ó do bng a súa intervención radiofónica, na que Bernardo García afrimara que  "este señor está acostumado a facer un pandeiro do Concello".

Desde o Bng, a decisión de Edelmiro Mateo de levar este asunto ó xulgado causou perplexidade, xa que senta un precedente de xudicialización da vida política no Concello do Carballiño. E é que, efectivamente, é a primeira vez que unha liorta política destas características se vai debatir  en sede xudicial.

Comentarios

BERNARDO MENTIROSO, QUE TE

BERNARDO MENTIROSO, QUE TE JODAN, O POBO NON TE QUERE,

Estorbarache a ti, porque

Estorbarache a ti, porque moitas veces a verdade manca, pero o conto non che é así .

Caña caña caña BERNARDO

Caña caña caña BERNARDO dalles caña que eres o único

quiero suponer que las

quiero suponer que las tonterias de este señor y los gastos que ocasiona en el juzgado, abogados, procuradores y demás los pagará él de su bolsillo, o también vamos a pagar todos?

Un 10 para Bernardo, e o

Un 10 para Bernardo, e o único que pon nervioso o PSOE, o único que non quere medrar politicamente dentro do BNG, o único que no perde o sentido do humor e dalle o seu toque persoal que recorda a loita contra Franco, que fai sentir que os galegos seguimos vivos e podemos seguir loitando e montando barullo. Vexo que eres o único que cumpres o que dis. Bernado estamos contigo.

Cada uno tiene todo su

Cada uno tiene todo su derecho a defender su honor cuando lo considere oportuno. Ahora bien, los políticos y en general toda la gente que está en la vida pública se entiende que debería estar ya un poco curtida y no dar trabajo a los jueces a no ser que realmente sea algo gordo, y no creo que el motivo de esta querella lo sea. Dice muy poco de compañeros de la misma corporación que se denuncien en el juzgado por estas tonterías. Supongo que detrás de todo esto hay otras cosas porque sino no se entiende.

Estoy que flipo con las

Estoy que flipo con las tonterías que pasan en este pueblo, y el PSOE aun tiene la "jeta" de querer consensuar los presupuestos con los del BNG. Creo que esta vez (como casi siempre) le fallaron los asesores; si los asesores igual que le fallan haciendo del Ayuntamiento la sede comarcal del PSOE, porque según me cuentan todos los días está metido en las oficinas de personal el cabeza de lista del PSOE de Cea (y otros amigos que al mismo tiempo son hijos de concejales electos de O Carballiño es decir de don Edelmiro). Y yo me pregunto: ¿los currículums, direcciones, nóminas... de los trabajadores estará a buen recaudo? ¿Que se hace realmente en ese despacho tan próximo a los "jefes" del partido?. Me atrevo a darle un consejo al Sr Barge (uno de los pocos que, si quiere, razona): controle lo que pasa con "su gente" porque puede ocurrir que un día lleve un disgusto.

Todo o apoio ó Bernardo que

Todo o apoio ó Bernardo que semella ser o único que pelexa conta a inmoralidade que hai no concello. O grupo de goberno xa non sabe que facer para agochar as súas trapalladas e non dar conta dos cartos que tan discrecionalmente manexa, agora o último recurso é tratar de amedrentar con querelas. Moción de censura xá, o Carballiño non merece estes impresentables que están deixando o nome da Vila á altura do betún.

Esto solo pasa no Carballiño,

Esto solo pasa no Carballiño, que vergonza, e dicir que eu fun votante do psoe nunhas muncipais. Están nerviosos porque están vendo que o chope político xa se lle está acabando. Xa falta menos. Por decir catro verdades alporinzanse, pois é o momento de empezar a sacar á luz todas as cacicadas destos señores e os seus corifeos, unha por unha, e unha detrás de outra. E no concello que PAGUEN A QUEN LLE DEBEN e a oposición ten que esixir xa, porque senón serán coma eles ou cando menos cómplices.

Ánimo Bernardo!!, estes

Ánimo Bernardo!!, estes pensan que son os donos do Concello, pero os donos somos todos/as. Facédelle a moción de censura e collede as riendas cun pacto BNG-PP. A vila está asta o c... destes socialistas de pacotilla, que so saben enchufar e enchufar a xente, vender fume i enganar os veciños. MOCIÓN DE CENSURA XA!. SOCIALISTAS FORA DO ORCELLÓN!.

Tranquilo Bernardo que o euro

Tranquilo Bernardo que o euro pagocho eu e tamén invito a unhos viños. Estos non é que estén acostumados a facer un pandeiro do concello como dís tí, non Bernardo non, estos pensan que o pandeiro é seu. ánimo e non te acojones (jejje xa sei que non). Firmado: o cuco de ventosa.