Os socialistas, molestos "pola desfachatez e falta de respecto do Alcalde do Carballiño"

2, Maio 2012

O motivo que leva aos socialistas a facer estas afirmacións é a presentación dos orzamentos municipais de 2012 " antes ante ós medios de comunicación que entregados aos grupos da oposición".

"A actitude de Marnotes é propia dun político de fai moitos anos, concretamente de antes do ano 1975", afirman desde o grupo municipal socialista. Engaden que "Argimiro Marnotes ven demostrando desde o principio do seu mandato que o feito de ter maioria absoluta pensa que lle permite unha patente de corso para facer e desfacer ao seu antollo e saltarse todos os cauces mínimos da normalidade institucional".

Os Socialistas consideran que "a guinda" da política do Partido Popular chega agora cos orzamentos cos "dous soldos para dous concelleiros do seu grupo, que pagarémos todos co encarecemento da contribución, o conservatorio, familias madrugadoras, as escolas deportivas, a auga e algunha xenialidade máis que se lle ocurra ao que xa é o considerado por moitos veciños como o Alcalde con menos capacidade para xestionar o concello da historia da democracia", manifestan.